Diferenzas entre revisións de «Manuel Taboada Cid»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Fillo de [[Xesús Taboada Chivite]], empezou a súa afección pola investigación da man do seu pai. Estudou na Academia Verinense e no Instituto Otero Pedrayo de [[Ourense]]. Comezou os estudos universitarios na [[Facultade de Filosofía e Letras]] da [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1963]] e despois inscribiuse en Filoloxía Románica.
 
En [[1968]] foi lector de español no LyceeLycée de Garçons de [[Auch]] ([[Francia]]). Retornado a España, recibiu unha bolsa do Departamento de Filoloxía Románica para realizar traballos de campo. En [[1971]] acadou a licenciatura co traballo "Vocabulario y notas etnográficas de la Mezquita (Ourense)" e comezou a impartir clases no Instituto Otero Pedrayo de Ourense. En 1972 retornou ás aulas universitarias de Compostela. Nomeado Director Xeral de Política Lingüística (1986-1987), impulsou o uso do galego, galeguizando a administración dos centros docentes.
 
Reintegrado á Universidade, en 1990 obtivo á cátedra de Historia de la Lengua Española na Universidade de Oviedo e despois pasou á [[Universidade da Coruña]], onde foi o primeiro catedrático de Gramática Histórica do Español.
31

edicións

Menú de navegación