Vellarrón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 15: Liña 15:
==Bibliografía==
==Bibliografía==
*Xosé R. Cruz, “Trazos sobre a vestimenta tradicional no Surleste Ourensán” (Ed. Deputación de Ourense, 2004)
*Xosé R. Cruz, “Trazos sobre a vestimenta tradicional no Surleste Ourensán” (Ed. Deputación de Ourense, 2004)
[[Category:Festas e romarías galegas]][[Category:Riós]]

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2007 ás 13:41

Antiga máscara do entroido de Castrelo de Cima no concello de Riós, en proceso de recuperación.

Características

Estes traxes de entroido levaban unha carauta de cartón duro, onde resaltaba un afiado nariz con bigote e barba feito de la de ovella de cor negra; cellas mestas; dentamia branca e unhas grandes orellas de papel. O traxe levaba unha camisa de algodón con lazos de once cores e un calzón con frecos das mesmas cores. Os complementos son un pano branco, faixa, botas, pololos e un pau (chamado farrampo), ademais das fundamentais campás ao cinto. Da súa confección encargábanse homes e mulleres.

Estas máscaras saían en grupo por Castrelo de Cima e polas aldeas veciñas a pedir cartos ou comida coa que facer logo un xantar para o grupo. Acompañando os vellarróns ían outros personaxes como a Madama, muller engalanada con roupas elegantes e o Farrangón, home disfrazado con roupas vellas e coa cara tapada, que era o encargado de recoller os aguinaldos que daban os veciños. Nalgunha ocasión concreta o vellarrón ía acompañado dun cadelo disfrazado.

O vellarrón, ó tempo que facía soar as campás do cinto, ía zorregando co farrampo (un látego similar a un mallo) a cantos atopaba na rúa ó seu paso. A xente dicíalle: "¡Vello, vello, vellarrón, mete os cartos no bolsón!", para que gardase os cartos que algúns –poucos– lle daban.

Na Veiga do Seixo existía tamén unha máscara moi parecida á de Castrelo de Cima, coa diferencia de que a vestimenta estaba adornada con papeis de cores en vez das tiras de tea de cores que portaban en Castrelo.

A figura do vellarrón desapareceu durante a década dos setenta, pero foi recuperado no entroido de Verín no ano 2007. O concello do Riós encargoulle a un xastre de Ourense a confección de nove traxes, que participaron no desfile do entroido.

Bibliografía

  • Xosé R. Cruz, “Trazos sobre a vestimenta tradicional no Surleste Ourensán” (Ed. Deputación de Ourense, 2004)