A capela (música): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 2: Liña 2:

== Orixe ==
== Orixe ==
A música ''a cappella'' é música vocal sen acompañamento instrumental. Provén das restricións no uso de instrumentos musicais en igrexas cristiás desde a introdución do [[canto gregoriano]] ata ben entrado en medievo.

A música a cappella utilízase adoito en música sacra. O [[canto gregoriano]] é o exemplo máis claro de música a capella, do mesmo xeito que a maioría da música vocal sacra do Renacemento. O madrigal foi tamén unha forma de canto ''a cappella'', ata que a comezos do [[Música barroca|Barroco]] se lle engadiron diferentes instrumentos. Os [[Amish]], as igrexas de Cristo, congregacións bautistas primitivas, a maioría das congregacións da igrexa católica e os cristiáns ortodoxos do Leste (principalmente rusos e outros grupos eslavos) son corpos relixiosos coñecidos por realizar os oficios sen acompañamento musical. A arpa sacra, un tipo de música "popular" relixiosa, é tamén un estilo de canto a cappella. Durante os anos 80, tivo maior pulo entre os grupos relixiosos o uso de agrupacións vocais como entretemento.

Liña 13: Liña 13:
Tamén xurdiron bandas de música a cappella en xéneros de música máis populares, como Van Canto, que combina os seus propios temas con versións a cappella de clásicos do [[heavy metal]].
Tamén xurdiron bandas de música a cappella en xéneros de música máis populares, como Van Canto, que combina os seus propios temas con versións a cappella de clásicos do [[heavy metal]].

En 2009 xurdiu o grupo The Voca People orixinario de Israel, que combina o canto a cappella con [[beatboxing]].<ref>{{Modelo:Cita web|url=http://www.milenio.com/node/446015|editorial=Milenio|título=Experimentarán con ritmos latinos|apelidos=|nome=|dataacceso=|localización=|data=}}</ref>
En 2009 xurdiu o grupo The Voca People orixinario de Israel, que combina o canto a cappella con [[beatboxing]].<ref>{{Cita web|url=http://www.milenio.com/node/446015|editorial=Milenio|título=Experimentarán con ritmos latinos|apelidos=|nome=|dataacceso=|localización=|data=}}</ref>

En 2015 o grupo a cappella estadounidense [[Pentatonix]] gañou un [[Premios Grammy|Grammy]] ao ''mel''lor arranxo instrumental ou a capella polo seu tema 'Daft Punk'.<ref>{{Cita web|url=http://www.forbes.com/sites/zackomalleygreenburg/2015/02/08/pentatonix-wins-first-grammy-in-watershed-moment-for-a-cappella/|título=Pentatonix Wins First Grammy In Watershed Moment For A Cappella|apelidos=|nome=|fechaacceso=|localización=|fecha=}}</ref> Isto supuxo un grande avance no recoñecemento da música a cappella no ámbito contemporáneo.

Revisión como estaba o 3 de xuño de 2016 ás 11:16

A cappella (palabra italiana que significa "como na capela" [a kapˈpɛlla]) é o xeito de crear música unicamente a través da voz humana xerando os sons, o ritmo, a melodía e a harmonía necesarias sen necesidade de ningún tipo de instrumento musical.

Orixe

A música a cappella é música vocal sen acompañamento instrumental. Provén das restricións no uso de instrumentos musicais en igrexas cristiás desde a introdución do canto gregoriano ata ben entrado en medievo.

A música a cappella utilízase adoito en música sacra. O canto gregoriano é o exemplo máis claro de música a capella, do mesmo xeito que a maioría da música vocal sacra do Renacemento. O madrigal foi tamén unha forma de canto a cappella, ata que a comezos do Barroco se lle engadiron diferentes instrumentos. Os Amish, as igrexas de Cristo, congregacións bautistas primitivas, a maioría das congregacións da igrexa católica e os cristiáns ortodoxos do Leste (principalmente rusos e outros grupos eslavos) son corpos relixiosos coñecidos por realizar os oficios sen acompañamento musical. A arpa sacra, un tipo de música "popular" relixiosa, é tamén un estilo de canto a cappella. Durante os anos 80, tivo maior pulo entre os grupos relixiosos o uso de agrupacións vocais como entretemento.

Historia

Desde a descuberta dos primeiros aparellos para gravar son, as gravacións de música a cappella son infinitas. A invención do magnetófono na década dos corenta chegou acompañada da época dourada dos grupos vocais estadounidenses cun grande número de estilos desenvolvidos desde os campos de algodón dos escravos, cos seus "gospel". Blues, scat, jazz, beeboop, rock and roll, doo wop, surf e un longo etcétera son estilos dos anos 40,50 e 60. Desde os anos 80, incitado polo éxito de cancións de artistas como Bobby McFerrin, Boyz II Men, Flying Pickets, Take Six Neri Per Caso, Vocal Siete, Rockapella, etc., esta forma de música colleu un auxe importante.

Os arranxos da música popular para os pequenos conxuntos a cappella inclúen xeralmente unha voz que canta a melodía principal, unha que canta sobre unha liña de baixo, e que marca o ritmo, e as voces restantes, que contribúen ao acompañamento en forma de harmonía acorde, que se chama coro. Con todo, moitos grupos a cappella contemporáneos adoptaron outros métodos, incluíndo polifonía e o beatbox ou percusión vocal, que consiste nunha caixa de ritmos producida coa boca ou a imitación dunha batería, percusión menor, pratos, etc.

Tamén xurdiron bandas de música a cappella en xéneros de música máis populares, como Van Canto, que combina os seus propios temas con versións a cappella de clásicos do heavy metal.

En 2009 xurdiu o grupo The Voca People orixinario de Israel, que combina o canto a cappella con beatboxing.[1]

En 2015 o grupo a cappella estadounidense Pentatonix gañou un Grammy ao mellor arranxo instrumental ou a capella polo seu tema 'Daft Punk'.[2] Isto supuxo un grande avance no recoñecemento da música a cappella no ámbito contemporáneo.

Notas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas