Pantera Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
Liña 17: Liña 17:
* [http://www.youtube.com/watch?v=NgeWX3AXFzI Vídeo do boxeador cantando no Luar], [[Youtube]].
* [http://www.youtube.com/watch?v=NgeWX3AXFzI Vídeo do boxeador cantando no Luar], [[Youtube]].


{{ORDENAR: Rodriguez, Pantera}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


{{ORDENAR: Rodriguez, Pantera}}
[[Categoría:Boxeadores de Galicia]]
[[Categoría:Boxeadores de Galicia]]
[[Categoría:Presentadores de TVG]]
[[Categoría:Presentadores de TVG]]

Revisión como estaba o 3 de xuño de 2016 ás 11:07

"Pantera" Rodríguez, por Alfonso Vilar Lamelas, Vilaxoán.

Felipe Rodríguez Piñeiro, nado en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) en 1953 e finado na mesma vila o 1 de xuño de 2000, foi un boxeador galego, chamado Pantera Rodríguez, .

Traxectoria

Fillo dun mariñeiro, por consello dun antigo boxeador da súa mesma vila, Vicente Martiñán, aos dezaseis anos mudouse a Zaragoza e posteriormente a Madrid para dedicarse ao boxeo. En Madrid debutou como afeccionado en 1972. Nese ano e en 1976 proclamouse campión de España de afeccionados na categoría de pesos pesados. En 1977 pasa a profesional, e gaña por nove veces o título dos pesos pesados, ata que se retira invicto en 1987. Obtivo o título de campión europeo dos pesos pesados en 1978, pero perdeuno aos puntos contra o italiano Lorenzo Zenon en 1979 e non o recuperou contra o francés Lucien Rodriguez en 1981. Tamén pelexou contra o uruguaio Alfredo Evangelista, co resultado de combate nulo.

Cando se retirou do boxeo traballou como vixilante de seguridade na Coruña e logo como presentador no programa de televisión Luar. Posteriormente regresou ao traballo de garda de seguridade.

O 8 de abril de 2000 recibiu unha homenaxe no polideportivo de Fontecarmoa, no Carril e dous meses despois falecía dun tumor cerebral.

Vida persoal

Estaba casado con Maria Josefa Lorenzo Figueira e tiña dúas fillas: Ana Belén (1982) e Maria Dolores Rodríguez Lorenzo (1989).

Véxase tamén

Ligazóns externas