Praia da Concha, Donostia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Imxavitooh (conversa | contribucións)
m Imxavitooh moveu a páxina "Praia de La Concha" a "Praia da Concha, Donostia"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 31 de maio de 2016 ás 18:21

Coordenadas: 43°19′03″N 1°59′12″O / 43.31750, -1.98667

Praia de La Concha.

A Praia da Concha é unha praia situada na Baía da Concha da cidade vasca de Donostia. É unha das praias urbanas máis famosas de todo o país.

Situada ao oeste da desembocadura do río Urumea, separada do mesmo polo monte Urgull e aloxada na Baía da Concha, ten unha lonxitude media de 1.350 m, unha anchura media de 40 m e unha superficie media de 54.000 .

É unha praia de area e pouca profundidade, na que o percorrido das mareas a miúdo limita a superficie útil para o uso. Pode considerarse unha praia de contorna urbana e uso masivo. Os accesos peonís a ela son bos, así como os transportes públicos e aparcadoiros subterráneos. É ademais desde 2007, un dos 12 Tesouros de España.[1]

A Baía da Concha vista desde o paseo que mira á praia

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas