Aragonita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
*grisácea->agrisada
Marcio (conversa | contribucións)
Fixed typo
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Liña 21: Liña 21:
== Lugares onde se atopa ==
== Lugares onde se atopa ==


A aragonita atópase en moi diversos xacementos: en zonas de oxidación, en drusas e filóns de rochas eruptivas, en arxilas e en despósitos de fontes termais. Encóntrase a miúdo en asociación co [[cuarzo]] e con minerais de [[Óxido|oxidación]].
A aragonita atópase en moi diversos xacementos: en zonas de oxidación, en drusas e filóns de rochas eruptivas, en arxilas e en depósitos de fontes termais. Encóntrase a miúdo en asociación co [[cuarzo]] e con minerais de [[Óxido|oxidación]].


== Propiedades ==
== Propiedades ==

Revisión como estaba o 30 de maio de 2016 ás 00:03

Aragonita
Crecemento de cristais de aragonita
Fórmula químicaCaCO3
ClaseCarbonatos
Sistema cristalinoOrtorrómbico
CorBranca, parda, verde, violácea ou agrisada
BrilloVítreo
Dureza3,5-4
FracturaIrregular, concoidea
ExfoliaciónImperfecta
RaiaBranca
Densidade2,94 g/cm3

A aragonita[1] é un mineral da clase dos carbonatos formado pola combinación do calcio, o carbono e o osíxeno, de fórmula química CaCO3 e que cristaliza no sistema ortorrómbico.

Aspecto

Presenta critais de forma tabulares hexagonais, normalmente de cor branca ou parda. En ocasión os cristais crecen en forma de piña, formando maclas ou en forma de agregados radiados ou aciculares.

Lugares onde se atopa

A aragonita atópase en moi diversos xacementos: en zonas de oxidación, en drusas e filóns de rochas eruptivas, en arxilas e en depósitos de fontes termais. Encóntrase a miúdo en asociación co cuarzo e con minerais de oxidación.

Propiedades

Este mineral presenta reacción ó ácido clorhídrico, expulsando CO2 cando se pon en contacto con esta substancia.

Algunhas variedades poden presentar fluorescencia baixo os raios ultravioleta.

Outros carbonatos

A calcita é outro carbonato, que ademais é polimorfo da aragonita (comparte a mesma composición química).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aragonita.