Joaquín Poza Juncal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Joaquín Poza Juncal 1931.jpg|miniatura|175px|Joaquín Poza Juncal, retrato en ''[[Vida Gallega]]'', 1931.]]
'''Joaquín Poza Juncal''', nado en [[Pontevedra]] en [[1899]] e finado en [[Madrid]] o [[28 de setembro]] de [[1934]], foi un avogado, xornalista e político galego.
'''Joaquín Poza Juncal''', nado en [[Pontevedra]] en [[1899]] e finado en [[Madrid]] o [[28 de setembro]] de [[1934]], foi un avogado, xornalista e político galego.


Liña 27: Liña 28:
[[Categoría:Nados en 1899]]
[[Categoría:Nados en 1899]]
[[Categoría:Finados en 1934]]
[[Categoría:Finados en 1934]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]
[[Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público]]
[[Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público]]

Revisión como estaba o 29 de maio de 2016 ás 18:23

Joaquín Poza Juncal, retrato en Vida Gallega, 1931.

Joaquín Poza Juncal, nado en Pontevedra en 1899 e finado en Madrid o 28 de setembro de 1934, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria

Fillo de Joaquín Poza Cobas, dirixente republicano de Pontevedra, sucedeu ao seu pai como director de La Libertad. Foi vicepresidente do Centro Republicano de Pontevedra e un dos asinantes do manifesto fundacional da Federación Republicana Gallega en 1930. Logo da proclamación da Segunda República foi concelleiro de Pontevedra e máis tarde gobernador civil de Ourense. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado por Pontevedra pola FRG.

En 1933 pásase a Acción Republicana e ingresa en Izquierda Republicana en 1934. Participou activamente nas asembleas de elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi tamén avogado asesor da Caja Rural de Lérez, fundada en 1926.

Foi redactor-xefe de El País, voceiro do PRG e logo de IR, colaborador de Faro de Vigo e El Emigrado (A Estrada). Dirixiu a revista Vida Agraria, voceiro da Caja Rural de Lérez, da que foi asesor xurídico.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas