Sequoia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Unho (conversa | contribucións)
Engado imaxe de toro de sequoia da plantación de Fontao, Foz
Unho (conversa | contribucións)
Engado máis fotos propias da plantación de Fontao, Foz
Liña 27: Liña 27:
[[Ficheiro:Toro de sequoia sempervirens de 22 anos.jpg|miniatura|Toro de 22 anos. Plantación de Fontao, Foz.]]
[[Ficheiro:Toro de sequoia sempervirens de 22 anos.jpg|miniatura|Toro de 22 anos. Plantación de Fontao, Foz.]]


[[Ficheiro:Plantación experimental de Fontao, Foz.jpg|miniatura|Plantación experimental de Fontao, Foz]]

[[Ficheiro:Sequoia nova en Fontao, Foz.jpg|miniatura|Sequoia nova entre sequoias na plantación experimental de Fontao, Foz. Bosque de ribeira do río Ouro ao fondo. Vaca e cuxo do país á esquerda serven de referencia.]]

[[Ficheiro:Plantación experimental de sequoia sempervirens en Fontao, Foz.jpg|miniatura|Plantación experimental de sequoia sempervirens en Fontao, Foz. Vese a tona avermellada características.]]
[[Ficheiro:Plantación de sequoia sempervirens en Fontao, Foz.jpg|miniatura|Plantación de sequoia sempervirens en Fontao, Foz. Ser humano de 1,65 metros de altura.]]


[[Ficheiro:Sequoia sempervirens MHNT.BOT.2007.52.2.jpg|thumb|250px|''Sequoia sempervirens'']]
[[Ficheiro:Sequoia sempervirens MHNT.BOT.2007.52.2.jpg|thumb|250px|''Sequoia sempervirens'']]

Revisión como estaba o 29 de maio de 2016 ás 13:05

Sequoia común (xénero Sequoia)

Sequoias na California
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Subfamilia: Sequoioideae
Xénero: ''Sequoia''
Especie: S. sempervirens
Especie
Sequoia sempervirens Endl.
Sinonimia

de Sequoia sempervirens:

Sequoias novas a medrar nas Cernadas, Lira, Salvaterra de Miño
Toro de 22 anos. Plantación de Fontao, Foz.
Plantación experimental de Fontao, Foz
Sequoia nova entre sequoias na plantación experimental de Fontao, Foz. Bosque de ribeira do río Ouro ao fondo. Vaca e cuxo do país á esquerda serven de referencia.
Plantación experimental de sequoia sempervirens en Fontao, Foz. Vese a tona avermellada características.
Plantación de sequoia sempervirens en Fontao, Foz. Ser humano de 1,65 metros de altura.
Sequoia sempervirens

A sequoia común[3] é unha árbore do xénero Sequoia, que consta dunha única especie, Sequoia sempervirens, comunmente chamada sequoia común ou sequoia vermella de California, da familia dos alciprestes (Cupressaceae). É unha árbore perennifolia moi lonxeva (entre 2.000 e 3.000 anos) e a máis alta do mundo, chegando a atinxir máis de 112 m de altura e 7 m de diámetro na súa base.

Atopámolas nalgúns parques urbanos e arboredos de Galicia. Salientan os exemplares do Castelo de Soutomaior, en Pontevedra. A plantación máis importante atópase en Poio nas proximidades do Monte Castrove, onde en 1992 se plantaron 500 sequoias vermellas para conmemorar o quinto centenario do descubrimento de América[4][5]. Ademais hai varias plantacións experimentais.

Etimoloxía

O nome galego sequoia, que coincide co normalmente empregado internacionalmente para apelar a estas coníferas típicas da Alta California e do Oregón, vén da homenaxe ao xefe cheroqui chamado Sequoyah, se ben cabe consignar que os cheroqui e a súa confederación moraban no centro-leste de América do Norte e nunca nos lugares onde medran estas árbores.

Descrición

Detalle da casca.

O tronco é recto, cilíndrico, con pólas horizontais lixeiramente curvas para abaixo e posúe unha casca moi grosa, suave e dunha brillante cor parda-avermellada que vai escurecendo exposta á intemperie. As follas son de tamaños variábeis: entre 15–25 mm, longas e aplanadas en árbores novas e gromos á sombra na zona inferior da copa dos exemplares vellos, até 5–10 mm de longo en gromos expostos a pleno sol na parte superior da copa de árbores máis vellas; entre ambos os extremos hai unha ampla transición de tamaños. Son de cor verde escura nas partes superiores e inferiormente posúen dúas bandas con estomas branco azuladas. A disposición da folla é espiral, aínda que as máis grandes e sombreadas están xiradas para a base para conservar unha posición plana e obter a máxima luz posíbel. Os conos son ovoides, de 15–32 mm de longo e con 15-25 escamas dispostas en espiral; maduran entre 8-9 meses despois da polinización a finais do inverno. Cada escama destes conos contén entre 3 a 7 sementes, cada unha de 3–4 mm de longo e 0,5 de ancho, con dúas alas de 1 mm. Estas sementes son liberadas cando as escamas maduran e se abren ao secar.

Usos

É unha das tres especies de árbores de madeira vermella. Esta, utilizada antigamente na construción, emprégase hoxe en día na ebanistería pola súa alta calidade e a súa rechamante cor. Empréganse tamén coma especie ornamental.

Hábitat e distribución

O seu hábitat natural, que se encontra en sistemas montañosos bastante húmidos onde medran en grupos, resgardándose de fortes ventos e xeadas, encóntrase nunha estreita faixa do oeste de Estados Unidos que abrangue desde a zona meridional de Oregon até a California central, e dáse tanto en zonas chás coma nas húmidas dos outeiros costeiros. Foi introducida en Europa en 1843 e hoxe en día é popular en parques europeos dado o seu alto valor ornamental.

En Galicia plantouse en xardíns urbanos e palaciegos. Hai bos exemplares no Parque de Castrelos en Vigo, na Carballeira de Santa Susana en Santiago de Compostela, nos xardíns de Padrón, ou no arboredo do Pazo de Lourizán, en Marín. Por riba destas plantacións sobrancea o bosque de sequoias vermellas de Poio, en Aris preto do monte Castrove, considerado o maior bosque de sequoias de Europa, aínda que isto non sexa certo.[5]

En Cantabria existe un arboredo de sequoias, declarado monumento natural en 2003, "Monumento Natural de las Secuoyas del Monte Cabezón", con 848 pés de Sequoia sempervirens e 25 de piñeiro de Monterrei (Pinus radiata), plantados a finais dos anos 40.

Ecoloxía

As sequoias da costa americana ocupan unha estreita faixa duns 750 km de lonxitude e 8–75 km de largura ao longo da beiramar pacífica de América do Norte. A elevación do terreo varía dos 30 até os 750 metros, de cando en vez , baixando até o nivel do mar e culminando os 920 metros (Farjon, 2005). Adoitan medrar nas montañas onde hai máis precipitacións debido á humidade do océano. As árbores máis altas e vellas atópanse en vales e cavorcos fondos onde flúen regueiros todo o ano e as brétemas son habituais. Non medran ben na beiramar, pois non aturan nin o sal nin os ventos excesivos. Os neboeiros si son de importancia na ecoloxía da sequoia costeira do parque nacional Redwood National Park.

A fronteira norte da súa extensión, delimítase por dous arboredos no Chetco River na periferia do oeste das Klamath Mountains, 25 quilómetros ao norte da liña entre California e Oregón. As poboacións máis grandes e máis altas están en Redwood National and State Parks (condados Del Norte e Humboldt) e Humboldt Redwoods State Park (Humboldt County, California). Esta zona nativa fornece un ambiente único con choivas estacionais fortes (até 2.500 mm ou 100 polgadas anualmente). O ar fresco mariñán e mais a brétema manteñen unha humidade constante durante todo o ano nestas fragas. Varios factores, incluíndo as precipitacións fortes, crean un solo con menos nutrientes dos necesarios, causando que as sequoias dependan moito de toda a comunidade biótica do bosque, cunha reciclaxe completa das árbores mortas. Esta comunidade biótica inclúe as especies a seguir: Abeto de Douglas, Tsuga heterophylla (tsuga de Alberta), Lithocarpus densiflorus, Arbutus menziesii (érbedo do Pacífico), e outras árbores ademais de unha gran variedade de fentos, musgos e cogomelos. As sequoias fornecen un hábitat para una gran variedade de mamíferos, paxaros, réptiles e anfibios. Os troncos vellos e podres de subministran un hábitat axeitado para especies ameazadas coma a curuxa pintada (Strix occidentalis) ou o paxaro mariño californiano Brachyramphus marmoratus.

A grosa casca, rica en taninos, combinada coa follaxe que comeza a se desenvolver a grande altura, subministran unha boa protección fronte as frecuentes vagas de lumes ou os danos que causan as pragas de insectos, o que contribúe á lonxevidade das sequoias. A sequoia costeira máis vella coñecida ten arredor dos 2.200 anos;[6] mais é normal que moitos exemplares pasen dos 600 anos en fragas primarias. As numerosas declaracións da existencia de árbores aínda máis vellas, son incorrectas. Curiosamente, e por mor do aparente período de vida eterna das mesmas, as sequoias costeiras denomináronse “Sequoias eternas” a principios do século XIX; en latín “sempervirens” significa sempre verde ou eterno, unha coincidencia descoñecida a todo aquel que nomeou a eses xigantes. A localización prehistórica dos fósiles do “genus” é considerabelmente maior cunha distribución cosmopolita que inclúe Europa e Asia até hai uns 5 millóns de anos.

Reprodución

A súa reprodución é asexual e sexual. Así os gomos son clons idénticos coa mesma materia xenómica. A produción de sementes comeza contra os 10 ou 15 anos de idade e frecuentemente ocorren colleitas grandes de sementes, porén a viabilidade da semente é baixa, tipicamente por baixo do 15%.[7] Pode ser que a baixa viabilidade sexa unha adaptación para desanimar aos depredadores de sementes, os cales non queren gastar o tempo a buscar entre as sementes comestíbeis. As sementes que presentan unha especie de ás na súa periferia, son miúdas e lixeiras, chegando a pesar entre 3,3 e 5 mg (200-300 semente/gramo). As "ás" non son efectivas para un espallamento amplo, e o vento espállaas entre 60 e 120 metros de media da distancia da árbore orixinaria. O crecemento das plantas de pebideiro é moi rápido, e coñécense casos de árbores novas que acadaron os 20 metros de altura en 20 anos.

Lonxevidade e tamaño

A sequoia vermella máis vella ten uns 2.200 anos; moitas outras exceden os 600 anos. Aínda que das sequoias é moi coñecida a súa lonxevidade, hoxe en día é o ser vivo máis grande do planeta. No pasado foi superado por eucaliptos e abetos agora xa extintos. A forma da súa estrutura é rechamangueira: a partir da mesma raíz medran troncos independentes mais moi próximos uns dos outros, de xeito que se un fora danado, os demais desenvolveranse independentemente, aínda que achegando seiva ao tronco que a necesita.

As sequoias máis grandes

Hyperion é o nome que o equipo de Chris Antkins deu á árbore que polo de agora é o ser vivo máis alto do mundo, unha sequoia vermella que mide 115,55 m de alto.

Esta árbore, xunta outras tres que bateron a marca da Stratosphere giant (112,9 m), atópanse no Parque Nacional de Redwood, no norte de San Francisco, California.[8]

A seguir subminístrase unha listaxe dos exemplares máis grandes desta especie:

Nome dado á árbore Localidade Altura Diámetro (b.h) Volume Fonte
    (m) (m) (m³)  
Lost Monarch JSRSP 98,0 7,9 1.203,5 [8]
Xeneral Sherman SNP 84,3 11 1486,6
Fusion Giant, aka Melkor RNP 106,3 6,8 1.107,2 [8][9]
Iluvatar PCRSP 91,5 6,25 1.061,9 [8]
Titán do Norte JSRSP 93,6 7,3 1.053,4 [8]
O Vello do Norte JSRSP 98,7 7,1 1.002,4 [8]
Howland Hill Giant JSRSP 100,6 5,85 950,9 [10]
Sir Isaac Newton PCRSP 7,01 940,0 [10]

A orde e mais a altura poden cambiar por mor a novos descubrimentos, perdas de talo e de follaxe, maior crecemento e novas medicións. Unha das máis coñecidas bases de datos para grandes coníferas é "The gymnosperm database",[6] mais os seus datos poden diferir doutras fontes.

Os exemplares máis altos

Nome da árbore Altura Localización
  (m) (ft)  
Hyperion 115.61 379.3 PNR
Helios 114.58 375.9 PNR
Icarus 113.14 371.2 PNR
Stratosphere giant 113.11 371.1 HRSP
National Geographic 112.71 369.9 RNSP
Orion 112.63 369.5 RNSP
Lauralyn 112.62 369.5 HRSP
Paradox 112.56 369.3 HRSP
Mendocino 112.20 368.1 MWSR
Apex 112.00 367.4 HRSP

Galiza

En Galiza plántanse coma ornamental en arboredos e pazos dende hai anos. Algúns exemplares de sequoias figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia:

Ademais hai algunhas plantacións experimentais e bosques:

  • Bosque de sequoias vermellas en Aris preto do monte Castrove, Poio (Pontevedra), con 500 secuoias plantadas en 1992 como conmemoración do 500 aniversario da descuberta de América.

Máis sobre secuoias en Galicia: Presentación sobre as secuoias

Véxase tamén

Notas

  1. Farjon, A. & members of the Conifer Specialist Group. "Sequoia sempervirens". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. "Sequoia". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 8 de junio de 2010. 
  3. Nome común da especie en galego en Guía das árbores de Galicia, A Coruña, Baía Edicións, 1997; e Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; a través de Buscatermos da USC
  4. https://www.congress.gov/bill/102nd-congress/house-joint-resolution/529
  5. 5,0 5,1 http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/poio/2015/05/17/bosque-secuoyas-poio/0003_201505P17C7991.htm
  6. 6,0 6,1 "Sequoia sempervirens". The Gymnosperm Database. Consultado o 23 de agosto de 2008. 
  7. "Botanical Garden Logistics" (PDF). UC Berkeley – Biology 1B – Plants & Their Environments (p. 13). Department of Integrative Biology, University of California-Berkeley. Consultado o 23 de agosto de 2008. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 Prof Stephen Sillett's webpage
  9. Vaden, M. D. (2008). Grove of Titans & Atlas Grove. Website Documentary Page.
  10. 10,0 10,1 Van Pelt, R. (2001). Forest Giants of the Pacific Coast. Global Forest. ISBN 0-295-98140-7.