Filipe IV de España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 18: Liña 18:
* a SAR o infante [[Baltasar Carlos de España]], nado en [[Madrid]] en [[1626]] e morto en [[1646]] en [[Madrid]].
* a SAR o infante [[Baltasar Carlos de España]], nado en [[Madrid]] en [[1626]] e morto en [[1646]] en [[Madrid]].
* a SAR a infanta Mariana de España, nada en [[1636]] en [[Madrid]] e morta no mesmo ano.
* a SAR a infanta Mariana de España, nada en [[1636]] en [[Madrid]] e morta no mesmo ano.
* a SAR a infanta [[María Teresa de España (raíña de Francia)|María Teresa de España]], nada en [[1638]] en [[Madrid]] e morta en [[1683]] en [[París]]. Casou co rei [[Luís XIV de Francia]].
* a SAR a infanta [[María Tareixa de España (raíña de Francia)|María Tareixa de España]], nada en [[1638]] en [[Madrid]] e morta en [[1683]] en [[París]]. Casou co rei [[Luís XIV de Francia]].
Casou, en segundas nupcias, o 7 de outubro de [[1649]] en [[Madrid]] con [[Mariana de Austria]], filla do emperador [[Fernando III, emperador romanoxermánico]] e da infanta [[Mariana de España]]. Desta unión naceron:
Casou, en segundas nupcias, o 7 de outubro de [[1649]] en [[Madrid]] con [[Mariana de Austria]], filla do emperador [[Fernando III, emperador romanoxermánico]] e da infanta [[Mariana de España]]. Desta unión naceron:
* a SAR a infanta [[Margarita de España (emperatriz romanoxermánica)|Margarita de España]], nacida en [[Madrid]] en [[1651]] e falecida en [[Viena]] en [[1673]]. Casou en [[1666]] co emperador [[Leopoldo I, emperador romanoxermánico]].
* a SAR a infanta [[Margarita de España (emperatriz romanoxermánica)|Margarita de España]], nacida en [[Madrid]] en [[1651]] e falecida en [[Viena]] en [[1673]]. Casou en [[1666]] co emperador [[Leopoldo I, emperador romanoxermánico]].

Revisión como estaba o 28 de maio de 2016 ás 16:25

Retrato de Filipe IV novo

Filipe IV de España, nado en Valladolid o 8 de abril de 1605 e finado en Madrid o 17 de setembro de 1665, denominado O Grande ou O Rei Planeta, foi rei de España[1] desde o 31 de marzo de 1621 até o seu falecemento; foi rei de Portugal, como Filipe III até 1 de decembro de 1640.

Traxectoria

Era fillo e sucesor de Filipe III e da arquiduquesa Margarida de Austria. Compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con validos, entre os que destacaría Gaspar de Guzmán, Conde-Duque de Olivares, que tentou realizar unha política exterior que buscaba manter a hexemonía española en Europa. Tamén destaca o seu segundo valido, Luis Méndez de Haro, sobriño de Olivares.

Nupcias e descendentes

Estatua do rei que se atopa no Vaticano.

Casou o 25 de novembro de 1615 en Bordeos coa princesa Isabel de Francia, filla do rei Henrique IV de Francia e de María de Médici, filla do Gran Duque de Toscana, Francisco I. Desta unión naceron:

Casou, en segundas nupcias, o 7 de outubro de 1649 en Madrid con Mariana de Austria, filla do emperador Fernando III, emperador romanoxermánico e da infanta Mariana de España. Desta unión naceron:

Tivo tamén varios fillos ilexítimos, entre eles, tido con a actriz María Calderón A Calderona:

Valimento do Conde-Duque de Olivares

Reformas internas

Obxectivo prioritario do seu mandato sería restaurar o poder da coroa, que sufrira unha diminución considerábel no reinado anterior. Delegou as atribucións de goberno no poderoso Conde-Duque de Olivares (1621-1643), con a fin de realizar un ambicioso proxecto de reforma, que afectaba á maior parte das institucións. A súa primeira tarefa centraríase na Facenda, tentando recuperar as rendas perdudes: control sobre o gasto público, ordenación e estruturación do sistema impositivo etc. No ámbito económico xeral, tencionouse importar o modelo mercantilista holandés e apresentouse o proxecto da 'Unión de Armas, con a finalidade de ordenar e canalizar os recursos provenientes dos territorios periféricos, necesarios para manter un exército potente, que puidese afrontar os conflitos armados abertos e máis, de paso, estabelecer a periodicidade e a seguranza das entregas para a Facenda real. O projecto de reformas completaríase con medidas moralizantes, propostas pola Xunta de Reforma, entre 1618 e 1622.

En 1624 a ideoloxía reformadora plasmouse no Gran Memorial, destacando, como grandes líñas de actuación, a consecución dunha monarquía de talante administrativo, dominada pola eficacia e la racionalización das accións de goberno, encaminadas cara o cumplimento de obxectivos e con criterios puramente executivos.

Porén, diversos problemas farían fracasar o proxecto reformador. A cantidade decrecente do ouro americano que chega ao porto de Sevilla entre 1619 e 1621, a oposición das Cortes de Castela a cambios nos impostos, a oposición dos países contra a Unión de Armas e o enfrontamento dos consellos con o Conde-Duque e as súas xuntas. Todo coincidíu para que se declarase a primeira quebra da monarquía en 1627, logo de conseguir dúas grandes vitorias militares en 1625 (Baiía e Breda). Ademais, a intervención en Bohemia en 1618 e o fracaso na renovación da tregua de Antuerpen en 1621 viciaron a política exterior, provocando un quebradeiro de cabeza para o goberno de Olivares.

A situación foise convertendo de dramática en desastrosa. Apesar do beneficio que, en primera instancia supora a quebra ao contribuír a enxugar o déficit, os feitos posteriores resultarían nefastos. Así, entre 1621 e 1626 procedeuse a cuñar moeda de "vellón" en exceso; a carísima intervención en Mantua foi seguida das derrotas de Matanzas (1628), Hertogenbosch (1629) e Pernambuco (1630). As medidas tomada empeoraron a situación: a abolició dos millóns por parte de Filipe IV, e o aumento excesivo do monopolio do sal en 1631 provocaron a rebelión de Biscaia (1631-1634). Os proxectos de reforma quedaron definitivamente arrombados, instalada a monarquía nun esforzo bélico que implicaba todos os territorios e que consumía os escasos recursos da Facenda.

Caída de Olivares

En 1635 iniciouse a guerra con Francia, un costosísimo conflito que aprofundou a crise da monarquía, obrigada a recorrer á venda de regalías e do patrimonio da Coroa, a pedir donativos e a utilizar as Cortes para aumentar en servizos. Ademais, a necesidade de fondos incrementou a presión sobre unha nobreza xa endebedada, sobre a cal recaía a petición de tropas e a defensa do reino, ao mesmo tempo que era afastada da Corte por Olivares. Se ben a guerra foi en principio exitosa (Nordlingen, 1634, Hondarribia 1638), as medidas adoitadas para a sufragar provocaron as revoltas de cataláns e portugueses (1640), que acabarían por custarlle o cargo a Olivares no 23 de xaneiro de 1643 e máis o seu desterro. En substitución, formouse un goberno de emerxencia, tutelado por Filipe IV, quen non volvería a confiar o memso grao de poder a ninguén máis.

Conflito con Cataluña

O conflito entre o Conde-Duque e Cataluña comezou con a negación das Cortes Catalás a colaborar con a Unión de Armas que aquel propoñera en 1626. A guerra contra Francia dificultou aínda máis o entendemento entre a Generalitat de Cataluña e o Consell de Cent con o Estado.

As tropas castelás e italianas que entraran en Cataluña para combateren os franceses no Rosellón causaron grandes danos nas zonas rurais, mesmo actuando en determinados momentos como un exército de ocupación. En sinal de protesta, o 7 de xuño de 1640 os campesiños cataláns, que estaban en Barcelona para celebrar a festa do Corpus, ocuparon a cidade, matando o vicerrei: foi o que se denominou o Corpus de Sangue. A Generalitat uníuse ao bando rebelde, perante o cal o valido actuaría con toda a forza. La Generalitat proclamou a República Catalana e doou o condado de Barcelona ao rei Luís XIII de Francia. Deste xeito iniciouse a Guerra dos Segadores (en catalán Guerra dels Segadors).

Conflito con Portugal

O retorno das hostilidades nas Províncias Unidas en 1640 repercutiu nas colonias portuguesas de Asia e Brasil. En decembro dese mesmo ano unha conspiración, encabezada pola nobreza, proclamou rei de Portugal ao duque de Bragança, con o nome de Xoán IV de Portugal, que asinou a paz con os holandeses e obtivo apoio de ingleses e franceses. Obrigado o Conde-Duque a combater en moitas frontes, tan só logrou reunir un exército moi feble, que foi derrotado en Elvas.

Ascenso de Luis Méndez de Haro

Despois da caída de Olivares, o rei nomeou novo valido a Luis Méndez de Haro, sobriño do anterior, con o título de primeiro ministro. O seu obxectivo centraríase en acabar con os conflitos internos e máis conseguir a paz en Europa.

Revoltas internas

Os conflitos abertos en Cataluña e Portugal continuaban, uníndose a estes o de Aragón. Méndez de Haro logrou, en 1652, finalizar a Guerra dos Segadores, logo de 15 meses de asedio sobre Barcelona, entrando o mesmo rei na cidade.

A presión fiscal, a falta de alimentos, o descontentamento pola alteración da moeda e as levas militares crearan malestar en diversas zonas como no Reino de Nápoles e en Sicilia no 1647, na Coroa de Castela entre 1647-1652 e entre 1655-1657.

Política exterior

Os terzos casteláns serían vencidos na Batalla de Rocroi en 1643, ante o cal Méndez de Haro decidiu mudar de estratexia. Polo Tratado de Westfalia recoñeceuse a independencia das Provincias Unidas e a conservación de Flandres.

A guerra con a Francia, porén, continuou a causa do problema plantexado sobre o dominio do Franco Condado e o Rosellón. Grazas á guerra interna en Francia, os casteláns conseguiron derrotar os franceses en Valenciennes en 1656. Inglaterra e a propia Francia pactaron no ano seguinte repartirse Flandres, iniciándose unha nova fronte de guerra. A inviabilidade da guerra conduciu a asinar un acordo con o país galo por medio da Paz de Munster de 1648 e máis o Tratado dos Pireneos de 1659, este último significou a definitiva perda do Rosellón e de parte da Cerdaña, así mesmo cedeuse o Artois, territorios todos que pasaron a mans francesas. Tamén foi pactado o matrimonio da infanta María Teresa de España con o rei Luís XIV de Francia, a que se lle forneceu un dote de 500.000 escudos.

Independencia de Portugal

En 1665 Afonso VI de Portugal obtivo unha grande vitoria na Batalla de Villaviciosa contra as tropas do rei español, pondo fin así ás pretensións deste de tentar unir de novo a Coroa portuguesa aos dominios dos Austrias casteláns.

Século de Ouro

Filipe IV foi home de grande cultura e mecenas das artes, adquirindo para a Coroa máis de 800 cadros, a maioría expostos hoxe en día no Museo do Prado de Madrid. Na colección figuraban artistas tan importantes como Diego Velázquez, que foi o seu pintor oficial, Giovanni Lanfranco, Aniello Falcone, ou Nicolas Poussin.

Morte e sucesión

O rei faleceu o 17 de setembro de 1665 en Madrid, sendo inhumado no Mosteiro do Escorial, deixando unha monarquía en profunda recesión e crise e con a autoridade real fortemente cuestionada por nobres, cidades e reinos.

Por morte temperá do seu fillo Baltasar Carlos de España, será sucedido polo seu fillo menor Carlos II de España, que foi o derradeiro rei da Dinastía dos Austrias españois.

Notas

  1. Abreu y Bertodano, J.A. Coleccion de los tratados de paz, alianza, neutralidad, garantia ... hechos por los pueblos, reyes y principes de España con los pueblos, reyes, principes, republicas y demás potencias de Europa ...: desde antes del establecimiento de la monarchia gothica hasta el feliz reynado del rey N.S. D. Fernando VI. Editor Antonio Marin, Juan de Zuñiga y la viuda de Peralta, 1751.


Predecesor:
Filipe III
 Rei de España 
1621 - 1665
Sucesor:
Carlos II
Predecesor:
Felipe II
 Rei de Portugal 
1621 - 1640
Sucesor:
Xoán IV