Banco Mundial: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Grupo Banco Mundial: Arranxos varios using AWB
Liña 67: Liña 67:
*[[Robert Zoellick]] ([[2007]] - 2008)
*[[Robert Zoellick]] ([[2007]] - 2008)
*[[Jim Yong Kim]] (2008 -)
*[[Jim Yong Kim]] (2008 -)
==Véxase tamén==

{{Commonscat}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}



Revisión como estaba o 28 de maio de 2016 ás 07:21

Poder de voto no BM
País Porcentaxe
Estados Unidos 16,39 %
Xapón 7,86 %
Alemaña 4,49 %
Francia 4,30 %
Reino Unido 4,30 %
Outros 62,66 %

O Banco Mundial é unha axencia do sistema das Nacións Unidas, fundada o 1 de xullo de 1944 por unha conferencia de representantes de 44 gobernos en Bretton Woods (New Hampshire, EUA), e que tiña como misión inicial financiar a reconstrución dos países devastados durante a Segunda Guerra Mundial. Actualmente, a súa misión principal é a loita contra a pobreza a través do financiamento e préstamos aos países en desenvolvemento. O seu funcionamento é garantido por cotizacións definidas e reguladas polos países membros. Está composto por 184 países membros, e ten a súa sede en Washington DC.

Cómpre saber distinguir o Banco Mundial do Grupo Banco Mundial. O Banco Mundial propiamente dito está composto polo BIRF e pola AIF, que son dúas das cinco institucións que compoñen o Grupo Banco Mundial.

Grupo Banco Mundial

Sede do Banco Mundial en Washington.

As cinco institucións están estreitamente relacionadas e funcionan baixo unha única presidencia. Son:

  • O Banco Internacional de Reconstrución e Fomento (BIRF, 184 países membros), creado en 1945.

O BIRF proporciona préstamos e asistencia para o desenvolvemento a países de rendas medias con bos antecedentes de crédito. O poder de voto de cada país membro está vinculado ás súas subscricións de capital, que a súa vez están baseadas no poder económico relativo de cada país. O BIRF recolle gran parte dos seus fondos a través da venda de títulos nos mercados internacionais de capital. Xuntos, o BIRF e a AIF forman o Banco Mundial.

  • A Asociación Internacional de Fomento (AIF, 164 países membros), creado en 1960.

Desempeña un papel importante na misión do Banco que é a redución da pobreza. A asistencia da AIF concentrase nos países máis pobres, aos cales proporciona préstamos sen xuros e outros servizos. A AIF depende das contribucións dos seus países membros máis ricos - incluso algúns países en desenvolvemento - para recadar a maior parte dos seus recursos financeiros.

  • A Corporación Financeira Internacional (CFI, 178 países membros), Creada en 1956.

A CFI promove o crecemento no mundo en desenvolvemento mediante o financiamento de investimentos do sector privado e a prestación de asistencia técnica e de asesoramento aos gobernos e empresas.

  • O Organismo Multilateral de Garantía de Investimentos (OMGI, 162 países membros), Creado en 1988.

OMGI axuda a estimular investimentos estranxeiros nos países en desenvolvemento por medio de garantías a investidores estranxeiros contra prexuízos causados por riscos non comerciais. A OMGI tamén proporciona asistencia técnica para axudar aos países a divulgar informacións sobre oportunidades de investimento.

  • O Centro Internacional de Arbitraxe de Diferenzas Relativas a Investimentos (CIADI, 134 países membros), Creado en 1966.

O CIADI proporciona instalacións para a resolución- mediante conciliación ou arbitraxe - de disputas referentes a investimentos entre investidores estranxeiros e os seus países anfitrións.

Presidencia

O presidente do Banco Mundial foi tradicionalmente un cidadán estadounidense, até que en 2007 accedeu ao cargo o surcoreano Jim Yong Kim.

Presidentes do Banco Mundial

Véxase tamén