Pablo Picasso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 50: Liña 50:
Regresou a Barcelona en xuño de 1898, doente de [[escarlatina]] e trasladouse a [[Horta de Sant Joan]], a vila do seu amigo [[Manuel Pallarés i Grau]], co cal monta o seu primeiro estudo de pintura. Nesta estadía, Picasso comeza un certo retorno á natureza, máis en consonancia co ideario modernista, cousa que constituíu un dos primeiros episodios "primitivistas" da súa carreira.<ref name="Fermigier Horta1">Fermigier, 1969:14-15</ref>
Regresou a Barcelona en xuño de 1898, doente de [[escarlatina]] e trasladouse a [[Horta de Sant Joan]], a vila do seu amigo [[Manuel Pallarés i Grau]], co cal monta o seu primeiro estudo de pintura. Nesta estadía, Picasso comeza un certo retorno á natureza, máis en consonancia co ideario modernista, cousa que constituíu un dos primeiros episodios "primitivistas" da súa carreira.<ref name="Fermigier Horta1">Fermigier, 1969:14-15</ref>


Abandonada a idea de Madrid e a copia dos grandes mestres, en febreiro de 1899 estaba de volta en [[Barcelona]],<ref name="Picassobio-1899-01">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/BioIndex?Year=1899 |título = Biografia, 1899 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés}}</ref> onde era adoito da taberna [[Els Quatre Gats]], símbolo do movemento modernista e onde expuxo debuxos por primeira vez. Aquí entra en contacto con outros artistas com [[Carles Casagemas]], [[Jaume Sabartés]] e [[Ramon Casas]].<ref>[http://www.bnc.es/fons/detall.php?id=32 Text a una felicitació d'any nou de 1903]</ref> Neste ambiente, Picasso entrou en contacto co pensamento [[anarquista]] implantado en Barcelona. A miseria dos barrios baixos de Barcelona, os soldados doentes e feridos que volvían a España despois da desastrosa [[Guerra de Independencia cubana]], crearon un ambiente propicio para a violencia social que sen dúbida marcou, a un nivel individual e moral a sensibilidade de Picasso e que es pode apreciar en certos debuxos realizados entre 1897 e 1901: ''O presioneiro'', ''Un mítin anarquista''.<ref name="Fermigier bcn anarquista">Fermigier, 1969:17-21</ref><ref name="PicassoArtwork-1901">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/WorksIndex?Year=1901 |título = Obra, 1901 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés}}</ref> Nesta mesma época, expón tamén por vez primeira na histórica [[Sala Parés]] da rúa Petritxol.
Abandonada a idea de Madrid e a copia dos grandes mestres, en febreiro de 1899 estaba de volta en [[Barcelona]],<ref name="Picassobio-1899-01">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/BioIndex?Year=1899 |título = Biografia, 1899 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés}}</ref> onde era adoito da taberna [[Els Quatre Gats]], símbolo do movemento modernista e onde expuxo debuxos por primeira vez. Aquí entra en contacto con outros artistas com [[Carles Casagemas]], [[Jaume Sabartés]] e [[Ramon Casas]].<ref>[http://www.bnc.es/fons/detall.php?id=32 Text a una felicitació d'any nou de 1903]</ref> Neste ambiente, Picasso entrou en contacto co pensamento [[anarquista]] implantado en Barcelona. A miseria dos barrios baixos de Barcelona, os soldados doentes e feridos que volvían a España despois da desastrosa [[Guerra de Independencia cubana]], crearon un ambiente propicio para a violencia social que sen dúbida marcou, a un nivel individual e moral a sensibilidade de Picasso e que es pode apreciar en certos debuxos realizados entre 1897 e 1901: ''O prisioneiro'', ''Un mítin anarquista''.<ref name="Fermigier bcn anarquista">Fermigier, 1969:17-21</ref><ref name="PicassoArtwork-1901">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/WorksIndex?Year=1901 |título = Obra, 1901 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés}}</ref> Nesta mesma época, expón tamén por vez primeira na histórica [[Sala Parés]] da rúa Petritxol.


Entre os anos [[1901]] e [[1904]] alternou a súa residencia entre as cidades de [[Madrid]], [[Barcelona]] e [[París]], mentres a súa pintura entrou na etapa denominada período azul, fortemente influída polo [[simbolismo]].
Entre os anos [[1901]] e [[1904]] alternou a súa residencia entre as cidades de [[Madrid]], [[Barcelona]] e [[París]], mentres a súa pintura entrou na etapa denominada período azul, fortemente influída polo [[simbolismo]].

Revisión como estaba o 23 de maio de 2016 ás 11:52

Pablo Picasso
Pablo Picasso
Pablo Picasso en xaneiro de 1962
Nome completoPablo Diego José Francisco de Paula Juan Nepomuceno Cipriano de la Santísima Trinidad Ruiz Picasso[1]
Nacemento25 de outubro de 1881
 Málaga, España España
Falecemento8 de abril de 1973 (91 anos)
 Mougins, Francia
ÁreaPintura, debuxo, escultura, impresión e cerámica
EducaciónAcademia de San Fernando
Autodidacta
MovementoCubismo, Neoclasicista, Surrealista
ObrasLes demoiselles d'Avignon (1907)
Guernica (1937)
As Meninas (1957)
Nacionalidadeespañola
CónxuxeFernande Olivier (1904-1911)
Eva Gouel (1910-1911)
Olga Koklova (1917-1929)
Marie- Thérèse Walter (1929-1936)
Dora Maar (1935-1943)
Françoise Gilot (1943-1952)
Genevieve Laporte (1944-1953)
Jacqueline Rocque (1955-1973)
FillosPablo
Maya
Claude
Paloma
Sinatura
editar datos en Wikidata ]

Pablo Ruiz Picasso,[2] nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía. Creou máis de 20 000 obras ó longo da súa vida.

Picasso comezou o seu percorrido estilístico cunha curta experiencia co modernismo despois do contacto coa natureza que tivo na súa estadía en Horta de Sant Joan e a amizade cos artistas cataláns de Quatre Gats. Coas súas primeiras visitas a París, a partir de 1900, comezou a desenvolver un estilo propio, primeiro no "período azul", que se caracteriza por obras feitas en tonalidades azuis, frías e personaxes alongados con expresións tráxicas, influído por Van Gogh e Paul Gauguin, que reflectían unha tendencia nihilista; continuou cun xiro cara a un certo optimismo manifestado por un cambio a cores cálidas e coñecido como "período rosa", nun intre no que Picasso estaba permanentemente instalado en París e no que entrou en contacto con escritores achegados ó surrealismo. Deste período, son as obras de saltimbanquis, pallasos ou acróbatas de contido máis lixeiro e alegre.

A partir de 1908, influenciado polo traballo de Cezanne e pola imaxe en movemento das primeiras filmografías, desenvolveu obras que acadaron quebrar co canon de representación definido no Renacemento. Apollinaire foi quen chamou cubismo o traballo que conxuntamente investigaban Picasso e Georges Braque. Con obras tan destacadas como Les demoiselles d'Avignon, Picasso achegou unha nova interpretación da realidade a partir dunha fragmentación da estrutura do obxecto que o levou a experimentar co collage. Despois dunha incursión polo surrealismo con esculturas de fíos e láminas de metal e pinturas de formas distorsionadas e evocacións mitolóxicas, iniciou a época expresionista claramente influído pola Guerra Civil Española primeiro e pola II Guerra mundial máis tarde. Obras coma o Guernica ou Mulleres chorando reficten o seu sentimento de aflición pola traxedia da guerra. As súas esculturas son, neste período, claramente abstractas.

Na década de 1950, centrouse na cerámica e en pinturas murais de grandes dimensións. Os seus derradeiros anos adicounos a pintar variacións de obras dos grandes mestres como Velázquez ou Edgar Degas, a quen coñecera persoalmente e de adquirira unha serie de obras; é unha etapa de madureza que dedicará a traballar na produción de litografías.

Personalmente posicionado como pacifista, durante a Guerra civil estivo politicamente comprometido co goberno republicano, que o nomeou director do Museo do Prado en 1936.

Non, a pintura non é para decorar apartamentos. É unha arma ofensiva e defensiva contra o inimigo.
Entrevista con Simone Téry, 24 de marzo de 1945.[3]

Traxectoria

Artigo principal: Casa Museo Picasso.
Casa Museo na Coruña.
Casa natal de Pablo Picasso en Málaga

Naceu o 25 de outubro del 1881 en Málaga. A súa nai era Maria Picasso López e o seu pai José Ruiz Blasco, que era mestre da Escola de Belas Artes e conservador do museu local.[4] Tiña dúas irmás (Dolores (1884-1958) e Concepción (1887-1895), ademais dun irmán que se cre que morreu moi pequeno, se ben non se sabe de certo se existiu realmente.

Con 8 anos fixo a súa primeira obra. Nesta época, asinaba as súas obras como Ruiz Blasco. Pasou unha tempada de 1891 a 1895 na Coruña a onde se trasladou coa súa familia. O seu pai fora contratado como mestre de arte no Eusebio da Guarda e Picasso matricúlase na Escola Provincial de Belas Artes, onde tivo como mestre o distingido pintor e militar Román Navarro García de Vinuesa (185-1928). Na rúa Real da Coruña fixo a súa primeira exposición con 13 anos e publicou caricaturas e debuxos nas revistas autoeditadas a man "La Coruña", "Azul y Blanco" ou "Torre de Hércules"[5][6] Catro anos despois marchan a Barcelona, onde Picasso aproba os exames de ingreso na Escola de la Llotja saltando os cursos iniciais. Durante o inverno de 1895, realizou o seu primeiro gran lenzo académico, A Primeira Comuñón,[7] en Barcelona, cidade onde residía.[8]

En 1897, presentou o lenzo Ciencia e Caridade na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid.[9] Durante o verán, pasou as vacacións en Málaga, onde pintou paisaxes e corridas de toros.[10]

Entrada no café Els Quatre Gats.

En setembro, marchou a Madrid para comezar estudos na Academia de San Fernando[10] pero axiña abandona: a atmosfera intelectual da capital, bastante impermeable co modernismo catalán que Picasso intentaba introducir, non acababa de convencelo. Foi neste período cando crea a efémera revista Arte Joven, unha das raras coleccións completas que se atopa na Biblioteca de Catalunya.[11] Porén, aproveitou as súas adoitas visitas ó Museo do Prado para coñecer mellor a obra de El Greco, que era louvada por artistas e estudosos de finais do século XIX.[12]

Dende 1898, asinou as seves obras como "Pablo Ruiz Picasso", máis tarde como "Pablo R. Picasso", e só como "Picasso" dende 1901. Este troco non significaba un rexeitamento da figura paterna, senón que se debía a un desexo de distinción de Picasso como personaxe, un feito iniciado polos seus colegas cataláns, que tomaron por costume chamalo polo apelido materno moito menos corrente que o "Ruiz" paterno.[13]

Un esmolante en París, 1897, de Isidre Nonell.

Regresou a Barcelona en xuño de 1898, doente de escarlatina e trasladouse a Horta de Sant Joan, a vila do seu amigo Manuel Pallarés i Grau, co cal monta o seu primeiro estudo de pintura. Nesta estadía, Picasso comeza un certo retorno á natureza, máis en consonancia co ideario modernista, cousa que constituíu un dos primeiros episodios "primitivistas" da súa carreira.[14]

Abandonada a idea de Madrid e a copia dos grandes mestres, en febreiro de 1899 estaba de volta en Barcelona,[15] onde era adoito da taberna Els Quatre Gats, símbolo do movemento modernista e onde expuxo debuxos por primeira vez. Aquí entra en contacto con outros artistas com Carles Casagemas, Jaume Sabartés e Ramon Casas.[16] Neste ambiente, Picasso entrou en contacto co pensamento anarquista implantado en Barcelona. A miseria dos barrios baixos de Barcelona, os soldados doentes e feridos que volvían a España despois da desastrosa Guerra de Independencia cubana, crearon un ambiente propicio para a violencia social que sen dúbida marcou, a un nivel individual e moral a sensibilidade de Picasso e que es pode apreciar en certos debuxos realizados entre 1897 e 1901: O prisioneiro, Un mítin anarquista.[17][18] Nesta mesma época, expón tamén por vez primeira na histórica Sala Parés da rúa Petritxol.

Entre os anos 1901 e 1904 alternou a súa residencia entre as cidades de Madrid, Barcelona e París, mentres a súa pintura entrou na etapa denominada período azul, fortemente influída polo simbolismo.

Na primavera de 1904, decidiu trasladarse definitivamente a París e establecerse nun estudio na ribeira do río Sena. Na capital francesa fixo amizade, entre outros, cos poetas Guillaume Apollinaire e Max Jacob e co dramaturgo André Salmon; entre tanto, a súa pintura experimentou unha nova evolución, caracterizada por unha paleta cromática tendente ás cores terra e rosa. Ó pouco de chegar a París contactou con personalidades periféricas do mundo artístico e bohemio, como os estadounidenses Leo e Gertrude Stein, e co que sería o seu marchante por sempre, Daniel-Henry Kahnweiler.

A fins de 1906 empezou a traballar nunha composición de gran formato que cambiaría o curso da arte do século XX: “Les demoiselles d’Avignon”. Nesta obra cume confluíron numerosas influencias, entre as que cabe citar principalmente a arte africana e ibérica e elementos de El Greco e Cézanne.

En compaña doutro pintor novo, Georges Braque, e baixo a constante influencia de Cézanne revisou a herdanza plástica vixente desde o Renacemento, especialmente na representación pictórica do volume: foi o inicio do cubismo.

A partir de 1909, os dous pintores -Pablo Picasso e Georges Braque- desenvolveron o devandito estilo nunha primeira fase, denominada analítica. No 1912 introduciron un elemento de flexibilidade en forma de recortes de papel e outros materiais directamente aplicados sobre o lenzo, técnica que denominaron collage. A admisión no exclusivo círculo do cubismo do pintor Juan Gris desembocou na etapa sintética do dito estilo, marcado por unha gama cromática máis rica e a multiplicidade matérica e referencial. Entre 1915 e mediados da década de 1920 Picasso foi abandonando os rigores do cubismo para internarse nunca nova etapa figurativista, no marco dun reencontro entre o clasicismo e o creciente influxo do que o propio artista veu en chamar « a súa orixe mediterránea ».

Retrato de Picasso, por Juan Gris, en 1912

Estivo casado desde 1919 coa bailarina rusa Olga Koklova e xa era pai dun fillo, Paulo, cando comezou a interesarse pola escultura logo do seu encontro no 1928 co artista catalán Julio González; entre os dous introduciron importantes innovacións neste campo, comezando a empregar materiais como ferro forxado.

En 1935 tería unha filla, Maya, froito dunha nova relación sentimental, Marie-Therèse, con quen conviviu abertamente a pesar de seguir casado con Olga Koklova; a partir de 1936, ambas tiveron que compartir ó pintor cunha terceira muller, a fotógrafa Dora Maar. O estalido da Guerra Civil española empurrouno a unha maior concienciación política e do seu xenio xurdiu a súa máis emblemática e coñecida obra pictórica, o mural “Guernica”

No 1943 coñeceu a Françoise Gilot, coa que tería dúas fillas, Claude e Paloma. Tres anos máis tarde abandonou París para instalarse en Antibes, onde incorporou a cerámica ós seus soportes predilectos.

Na década de 1950 realizou moitas series sobre grandes obras clásicas da pintura, que reinterpretou co seu característico estilo, a modo de homenaxe ós seus pintores favoritos, como Velázquez. En 1961 casou en segundas nupcias con Jacqueline Roque, que sería a súa última relación sentimental de importancia.

A súa actividade foi extraordinariamente fecunda e nunha época no que os movementos e tendencias artísticas se sucedían con rapidez, Picasso soubo manterse na avangarda ata a fin da Segunda Guerra Mundial deixando un ronsel de influencias sen renunciar a realizar unha obra sempre orixinal e renovadora.

Estilo

Imaxe no exterior do Moderna Museet de Estocolmo

Na súa primeira etapa distínguense dúas épocas, a época azul (1901-1904) e a época rosa (1904-1905) caracterizadas pola cor sobresaínte. A partir de 1906 obsérvase unha simplificación xeométrica das formas e unha tendencia á monocromía ocre que fai eclosión nas Demoiselles d'Avignon (1906-1907), que foi o punto de partida para as primeiras pinturas cubistas realizadas en 1909, nas que se destrúe e forma para amosala desde diversos puntos de vista, rachando co sistema usual de representación na arte occidental desde o Renacemento. Nos anos seguintes os estilos sucédense e sobrepóñense, a linguaxe cubista é usual pero non exclusivo. A Guerra Civil española acentuou o seu expresionismo que ten a súa mellor representación no "Guernica" (1937), alegoría xeral dos problemas da guerra, a destrución e a morte pero tamén da esperanza na liberdade. A partir de 1945 a súa pintura vaise suavizando sen que a linguaxe experimente ningunha evolución esencial.

Obras

Les demoiselles d'Avignon

Les demoiselles d'Avignon ("As Señoritas de Avignon", 1907, óleo sobre lenzo, Metropolitan Museum of Art, Nova York[19]). É o primeiro exemplo deste novo estilo de arte e o punto de partida para Picasso e para outros creadores. A suavidade e a delicadeza coa que tradicionalmente se trataba o espido feminino transfórmase en planos e ángulos dunha dureza non comprendida polos críticos da época. Pese a ser esta a teoría máis estendida, existen discrepancias sobre se en realidade é un cadro cubista, pre-cubista ou unha representación pre-abstracta. Tamén o tema produce polémica, xa que nos debuxos previos aparecen personaxes masculinos –un mariñeiro e un estudante- que desaparecen no lenzo definitivo. É posible que sexa a evolución dun cadro anterior da época rosa, "El Harén", e o tema sexa unha visión dun prostíbulo. En "El Harén" aparecen homes e en "Les Demoiselles d'Avignon" decide poñer só mulleres "nun escaparate", facendo que o espectador participe activamente no cadro e non sexa un mero contemplador.

Naturaleza muerta

Naturaleza muerta ("Os Paxaros mortos", 1912, óleo sobre lenzo 46x65 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[20]). Emprega neste cadro as características fundamentais do cubismo: formas dislocadas, ángulos, planos superpostos, referencias á realidade... Os protagonistas deste lenzo, os paxaros mortos, son de difícil localización, aparecen plumas en diversos planos, picos e patas mesturados con elementos que acercan á realidade como son os titulares dos xornais e textos illados.

La flauta de Pan

La flauta de Pan ("A frauta de Pan", 1923, óleo sobre lenzo 205x174,5 cm, Museo Picasso. París[21]). Despois da Primeira Guerra Mundial, o mundo artístico regresa a un concepto máis clásico e real das súas obras. Prodúcese unha volta á figuración na que a figura humana toma novamente relevancia. As figuras e o escenario con grandes bloques de pedra recordan o clasicismo grego, pero coa luz, o ceo e o mar do Mediterráneo. Ademais Picasso segue realizando obras cubistas.

Instruments de musique sur une table

Instruments de musique sur une table ("Instrumentos de música sobre unha mesa", 1925, óleo sobre lenzo 162x204,5 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía). Picasso segue facendo cadros máis clásicos que alterna con innovacións pseudocubistas. Neste cadro son evidentes estas tendencias. A súa amizade con Joan Miró fai que nas súas obras se reflicta unha investigación común que este último levaría ata as súas últimas consecuencias.

Buste et palette

Buste et palette ("Busto e paleta"), 1925, óleo sobre lenzo 54x65,5 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[22]). Á vez que xorde o movemento surrealista –do que Picasso se distancia a pesar da insistencia en incluílo- el realiza obras de difícil encadramento. Neste caso, un bodegón de sinxela composición, no que ademais dos elementos protagonistas realza o fondo –enreixado e fiestra- cun debuxo de liña certamente agresiva.

La nageuse

La nageuse ("A nadadora"), 1934, carboncillo sobre lenzo 182x216 cm., Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[23]). Xa comezan a verse as novas formas expresivas que Picasso adoptará no "Guernica", e o seu deseño basearase nestes traballos anteriores. Este é unha mestura de cubismo, figuras retorcidas, luces ... un estilo fundamentalmente expresivo, ideal para transmitir ideas e emocións.

Guernica

Mural co Guernica feito con azulexos a tamaño real, esta reprodución atópase na propia cidade de Gernika-Lumo.
Artigo principal: Guernica (cadro).

Guernica, 1937, óleo sobre lenzo 349x776 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[24]). Máis que un cadro, é un cartel en lenzo sen texto. Picasso, que máis tarde se afiliaría ó Partido Comunista de Francia, era defensor da República Española e esta tiña nel un fiel artista de fama recoñecida.

Femme assise dans un fauteuil gris

Femme assise dans un fauteuil gris ("Muller sentada nun sillón gris", 1939, óleo sobre lenzo 130x97 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[25]). Picasso utiliza este tema como modelo para realizar numerosos retratos femininos. Neste obsérvase as influencias dos traballos realizados para o "Guernica", a deformación excesiva da cara con formas redondeadas e a conformación do corpo en masas de cor rectangulares. A influencia da Guerra Civil Española é evidente nestes traballos, onde a expresividade dos rostros é dramática.

Naturaleza muerta

Naturaleza muerta, ("Natureza morta", 1944[26]), óleo sobre lenzo 81x100 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía). Á vez que comeza a realizar litografías con evidente entusiasmo, Picasso realiza obras de tema clásico, fundamentalmente bodegóns. Nestas obras volve a aparecer a cor, con tonalidades máis básicas contrastadas. As luces dividen drasticamente o cadro en dúas partes, a superior iluminada e a inferior de sombra. Vexase a imaxe.

As Meninas

Artigo principal: As Meninas (Picasso).

As Meninas (1957, óleo sobre lenzo 194x260 cm, Museo Picasso, Barcelona[27]). A mediados dos anos 50 Picasso comeza a realizar estudos dos clásicos e realiza series de grandes cadros da historia da arte. Esta obra é a elixida das de Velázquez (As Meninas). Non se pode dicir que este sexa o cadro definitivo do estudio de “As Meninas”, xa que realizou unha serie con máis de cincuenta versións. As licenzas que toma nestas interpretacións son arriscadas: o formato horizontal e non vertical como o orixinal para incluír máis elementos narrativos, novos personaxes -retrato de Jaqueline (a súa compañeira neses momentos), pombas...-. Como curiosidade, Picasso comeza a serie de “As Meninas” en agosto e remata en decembro de 1957, pero non deixou que ninguén, excepto Jacqueline, os vise durante este tempo.

El pintor y la modelo

El pintor y la modelo ("O pintor e a modelo", 1963, óleo sobre lenzo 130x195 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[28]). As obras máis coloristas as realiza Picasso a partir do 1960 en Nòtre-Dame-de-Vie onde se traslada a vivir. Neste cadro con caras caricaturescas demostra a súa habilidade de transmitir o sentimento dos protagonistas que están na imaxe. Posiblemente sexa a interpretación dunha época da súa vida privada, con personaxes -pintor, modelo- e as súas situacións persoais do seu contorno.

Notas

  1. CataCultural, ed. (2015). "Pablo Picasso nació en Málaga el 25 de octubre de 1881". 
  2. Pablo Ruiz Picasso, Gran Enciclopèdia Catalana.
  3. The Oxford Dictionary of Thematic Quotations, 2000
  4. Museus Singulars de Catalunya. Capítol del Museu Picasso. Editorial Diàfora. 1979 ISBN 84-85205-32-4
  5. A Coruña que vivió y pintó Picasso. La Voz de Galicia (en castelán).
  6. En La Coruña conservan los primeros recuerdos escolares y pictóricos de Picasso. El País (en castelán).
  7. Online Picasso Project. "Obra, 1895" (en inglés). 
  8. Online Picasso Project. "Biografia, 1896" (en inglés). 
  9. Online Picasso Project. "Obra, 1897" (en inglés). 
  10. 10,0 10,1 Online Picasso Project. "Biografia, 1897" (en inglés). 
  11. Fitxa del catàleg de la Biblioteca Nacional de Catalunya
  12. Fermigier, 1969:12-13
  13. Fermigier, 1969:9
  14. Fermigier, 1969:14-15
  15. Online Picasso Project. "Biografia, 1899" (en inglés). 
  16. Text a una felicitació d'any nou de 1903
  17. Fermigier, 1969:17-21
  18. Online Picasso Project. "Obra, 1901" (en inglés). 
  19. Les Demoiselles d'Avignon
  20. Naturaleza muerta
  21. La flauta de Pan
  22. Buste et palette
  23. La nageuse
  24. Guernica (detalle)
  25. [1]
  26. [2]
  27. [3]
  28. El pintor y la modelo

Véxase tamén

Bibliografía

Museos e exposicións

Ligazóns externas