José Manuel Rodríguez Morgade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14: Liña 14:
| youthyears1 = 1995-2003
| youthyears1 = 1995-2003
| years1 = 2003–2007 | clubs1 = [[CD Ourense|Ourense]] | caps1 = 59 | goals1 = 6
| years1 = 2003–2007 | clubs1 = [[CD Ourense|Ourense]] | caps1 = 59 | goals1 = 6
| years2 = 2007– | clubs2 = [[CD Lugo|Lugo]] | caps2 = 334 | goals2 = 19
| years2 = 2007– | clubs2 = [[CD Lugo|Lugo]] | caps2 = 335 | goals2 = 19
| nationalteam-update = [[6 de maio]] de [[2016]]
| nationalteam-update = [[14 de maio]] de [[2016]]
}}
}}
'''José Manuel Rodríguez Morgade''', coñecido como '''Manu''', nado en [[Wetzikon]] ([[Suíza]]) o [[22 de xuño]] de [[1984]], é un [[futbolista]] [[Galicia|galego]]. Xoga de [[Posicións no fútbol#Defensa|lateral esquerdo]] e o seu actual equipo é o [[Club Deportivo Lugo]], onde é o capitán.
'''José Manuel Rodríguez Morgade''', coñecido como '''Manu''', nado en [[Wetzikon]] ([[Suíza]]) o [[22 de xuño]] de [[1984]], é un [[futbolista]] [[Galicia|galego]]. Xoga de [[Posicións no fútbol#Defensa|lateral esquerdo]] e o seu actual equipo é o [[Club Deportivo Lugo]], onde é o capitán.

Revisión como estaba o 14 de maio de 2016 ás 07:13

Modelo:InfFut2 José Manuel Rodríguez Morgade, coñecido como Manu, nado en Wetzikon (Suíza) o 22 de xuño de 1984, é un futbolista galego. Xoga de lateral esquerdo e o seu actual equipo é o Club Deportivo Lugo, onde é o capitán.

Traxectoria

Nado en Wetzikon, Suíza,[1] fillo de emigrantes galegos, viviu no país helvético até a idade de dez anos, cando marchou cara Ourense. Ao chegar á cidade das Burgas comezou xogar nas filas do Pabellón C.F., un dos clubs de base polideportivos máis importantes do deporte galego, onde permanecería dende alevíns até xogar na División de Honra xuvenil. Posteriormente pasaría formar parte do equipo máis importante da cidade, o CD Ourense, que tentaba formar un proxecto ambicioso para ascender á Segunda División. Alí coincidiría con xogadores como David Ferreiro, a quen se enfrontaría anos despois na final polo ascenso á Segunda División, un no Cádiz CF e outro no CD Lugo.

No seu primeiro ano, a tempada 2003-04, os ourensáns conseguen chegar á promoción polo ascenso, onde se enfrontarían ao Real Madrid Castilla, ao Lanzarote e ao Nàstic, que finalmente acabaría subindo. Nese primeiro ano xoga 15 partidos, 13 de liga e dous na fase de ascenso. Nas temporadas seguintes, Manu non remataba de asentarse nun equipo que ano a ano perdía fol, tan só xogando 5 encontros ao ano seguinte e seis o posterior. Tras un verán no que estivo a piques de marchar, na tempada 2006-07 pasa ser un dos xogadores importantes do conxunto do Couto, onde xoga 33 partidos anotando 5 goles, con todo o club non consegue salvar a categoría descendendo da Segunda B á Terceira División. Así no verán de 2007 decide marchar do club e asinar co Club Deportivo Lugo. Alí, adestrado por Fonsi Valverde, pasa de ocupar a posicións de interior zurdo ou extremo á de lateral esquerdo. É o motivo polo que aínda sendo defensa aínda porte no Lugo o dorsal 11. Esa polivalencia de posición levanlle aínda xogando na defensa a ser un habitual no ataque.

No club da cidade amurallada convertese dende o seu primeiro ano nun dos xogadores fixos do esquema lucense e no habitual lanzador de penaltis do equipo. Na tempada 2010-11 pasa ser o capitán do equipo, sendo un dos xogadores máis queridos polos seareiros, que o coñecen como o "eterno capitán". Esa mesma tempada ao comezo da liga os do Anxo Carro fallarían nas primeiras xornadas dous penaltis, o adestrador do Lugo, Quique Setién, propón un concurso aos xogadores para ver que era o máis efectivo, gañando Manu. Ese mesmo ano o club gaña a liga do Grupo I da Segunda B, mais non consegue ascender nos play-off. Ao ano seguinte, aínda non gañando a liga, os lucenses chegan ao 24 de xuño de 2012, último partido da tempada, á xogar o partido final polo ascenso á Segunda División, tras 44 partidos xogados como titular en toda a tempada, marcou o quinta e definitiva pena máxima na rolda dos penaltis fronte o Cádiz CF que certificou o ascenso do CD Lugo á categoría de prata.

Na tempada 2012-13 Manu continúa como capitán no equipo lucense tralo ascenso, conseguindo tamén anotar o primeiro gol do Lugo tralo seu regreso á categoría de prata, no que foi o seu partido en liga 177 cos albivermellos. O tanto, de penalti, serviu para que os lucenses conseguisen a súa primeira vitoria na primeira xornada de Liga ante o Hércules de Alacant. Tras acabar a tempada converteuse no segundo xogador de campo de toda a historia en xogar tódolos minutos dos 42 partidos da Segunda División tras Nino do Tenerife, quen o conseguira na tempada 2005-06. A seguinte tempada xogaría tódolos minutos completos até a xornada 28, xa que na 27 recibiría o quinto cartón amarelo que lle impediría xogar. Así remata unah racha de 83 partidos oficiais completos consecutivos xogados co Lugo, 69 dos cales na Segunda División.[2]

Clubs

Ano Club División Partidos Goles
2003-2004 CD Ourense Segunda B 15 0
2004-2005 CD Ourense Segunda B 5 0
2005-2006 CD Ourense Segunda B 6 1
2006-2007 CD Ourense Segunda B 33 5
2007-2008 CD Lugo Segunda B 35 2
2008-2009 CD Lugo Segunda B 35 0
2009-2010 CD Lugo Segunda B 20 0
2010-2011 CD Lugo Segunda B 43 5
2011-2012 CD Lugo Segunda B 43 5
2012-2013 CD Lugo Segunda 42 3
2013-2014 CD Lugo Segunda 41 2
2014-2015 CD Lugo Segunda 36 2
2015-2016 CD Lugo Segunda

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas