Canzorro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
Orixinariamente, o canzorro era usado para economizar medios como elemento construtivo para soportar a [[cornixa]] aproveitando a propia [[viga]] que sustenta o tellado. Pero a súa forma evolucionou para ser empregado como elemento soamente decorativo ata o punto de perder a súa utilidade primitiva, pasando a ser unha peza exenta non portante. Iso derivou en numerosas formas escultóricas, servindo para auxiliar o soporte ou simplemente para embelecer as cubertas exteriores e interiores, ou os linteis dos vans.

Tamén pode recibir o nome de '''modillón''', ou o máis xenérico de '''ménsula'''.
Tamén pode recibir o nome de '''modillón''', ou o máis xenérico de '''ménsula''' cando non coincide co extremo dunha trabe.

En [[Galicia]], na [[arquitectura románica]] foi moi utilizado sendo un dos principais elementos decorativos exteriores das igrexas.
En [[Galicia]], na [[arquitectura románica]] foi moi utilizado sendo un dos principais elementos decorativos exteriores das igrexas.

Revisión como estaba o 12 de maio de 2016 ás 10:49

Canzorro da igrexa de San Pedro de Ansemil

En arquitectura, denomínase canzorro á cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a cornixa ou beirado. Como evolución desta acepción, o termo tamén pode ser usado para designar a peza voladiza -de calquera material- que soporta os extremos dunha cuberta ou un lintel.

Orixinariamente, o canzorro era usado para economizar medios como elemento construtivo para soportar a cornixa aproveitando a propia viga que sustenta o tellado. Pero a súa forma evolucionou para ser empregado como elemento soamente decorativo ata o punto de perder a súa utilidade primitiva, pasando a ser unha peza exenta non portante. Iso derivou en numerosas formas escultóricas, servindo para auxiliar o soporte ou simplemente para embelecer as cubertas exteriores e interiores, ou os linteis dos vans.

Tamén pode recibir o nome de modillón, ou o máis xenérico de ménsula cando non coincide co extremo dunha trabe.

En Galicia, na arquitectura románica foi moi utilizado sendo un dos principais elementos decorativos exteriores das igrexas.