Euroescepticismo: Diferenzas entre revisións
Liña 14: | Liña 14: | ||
O euroescepticismo é considerado por diversos sectores, porén, unha ameaza á [[integración]] das sociedades europeas e, por extensión, ao proxecto da Unión Europea. |
O euroescepticismo é considerado por diversos sectores, porén, unha ameaza á [[integración]] das sociedades europeas e, por extensión, ao proxecto da Unión Europea. |
||
==Euroescepticismo en Galicia== |
|||
==Notas== |
==Notas== |
||
{{Listaref}} |
{{Listaref}} |
Revisión como estaba o 11 de maio de 2016 ás 13:26
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario ArtaiGZ (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 7 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
O euroescepticismo é unha corrente política e social baseada no rexeitamento, en maior ou menor grao, da Unión Europea e o seu proxecto de desenvolvemento, por parte de cidadáns pertencentes a estados europeos. O termo xurdiu, probabelmente, en 1992 da man de Ronald Tiersky, un analista político e mestre de Ciencias Políticas. Tiersky referiuse con este termo no xornal The Economist ás peroas que defente só a mínima integración na Unión Europea necesaria para garantir a paz e a prosperidade, pero sempre preservando o maior grao posíbel de soberanía nacional de cada un dos estados membros.[1]
O termo contrario podería considerarse europeísmo ou euroentusiasmo.[2]
Características
Os motivos polos que diversos movementos políticos ou sociais posiciónanse en contra da estrutura política da Unión Europea adoitan estar supeditados á perda de soberania estatal de cada nación en virtude da soberanía europea. A cesión de competencias ao goberno da Union é visto polos euroescépticos coma unha perda da autodeterminación.
O movemento antieuropeísta ou euroescéptico podería ter comezado en Gran Bretaña, cuxa sociedade tería rexeitado a cesión de poder fronte ao eixo alemán. Estes e outros motivos poderían ter sido algunhas das causas do rexeitamento da Constitución Europea en moitos países, coma Francia ou Países Baixos no 2008, ou o "Non" irlandés ao Tratado de Lisboa de 2008.
A defensa dos intereses económicos nacionais por riba dos comunitarios, o rexeitamento de posturas imperialistas, a pertenza á OTAN, ou a política económica da Unión, cualificada por varios sectores coma neoliberal, poderían ter sido algunhas das causas dos movementos euroescépticos.
O euroescepticismo é considerado por diversos sectores, porén, unha ameaza á integración das sociedades europeas e, por extensión, ao proxecto da Unión Europea.
Notas
- ↑ Teinteresa.es (ed.). "¿Qué es el euroescepticismo y de dónde viene?". Consultado o 11 de maio de 2016.
- ↑ El País (ed.). "Irlanda, el pequeño "euroentusiasta".". Consultado o 11 de maio de 2016.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Euroescepticismo |
Bibliografía
- Harmsen, Robert; Spiering, Menno (2005). Euroscepticism: Party Politics, National Identity and European Integration. Rodopi. ISBN 978-90-420-1946-1. A referencia usa o parámetro obsoleto
|coautores=
(Axuda) - Szczerbiak, Aleks; Taggart, Paul A. (2008). Opposing Europe?. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-925830-7. A referencia usa o parámetro obsoleto
|coautores=
(Axuda) - Florian Hartleb (2011). A thorn in the side of European elites: The new Euroscepticism, Centre for European Studies. Bruxelas.
Outros artigos
- Europa das dúas velocidades
- Saída do Reino Unido da Unión Europea
- Saíde de Grecia da Unión Europea
- Cuarto Reich
- Referendo sobre a permanencia do Reino Unido na Unión Europea