Joaquín Pais Llorens: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
m →‎Bibliografía: Arranxos varios, replaced: |coautores= → |autor2= using AWB
Liña 13: Liña 13:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo|nome= Gonzalo|apelidos= Amoedo López|ligazónautor= |coautores= Gil Moure, Roberto|ano= 2002|editor= Do Castro|localización= Sada|isbn= 84-8485-090-0|páxina= 301}}
* {{Cita libro |título= Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo|nome= Gonzalo|apelidos= Amoedo López|ligazónautor= |autor2= Gil Moure, Roberto|ano= 2002|editor= Do Castro|localización= Sada|isbn= 84-8485-090-0|páxina= 301}}


=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===

Revisión como estaba o 7 de maio de 2016 ás 13:38

Joaquín Pais Llorens, nado no Freixo de Sabardes (Outes) en 1889 e finado o 30 de decembro de 1960, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Mestre. Exerceu na Pobra do Caramiñal e en outubro de 1918 trasladouse a Redondela. En maio de 1921 foi elixido secretario da Asociación de Mestres de Redondela. De setembro de 1921 a outubro de 1922 fixo o servizo militar e participou na Campaña de África. Foi director da escola graduada e tamén daba clases de Bacharelato na súa casa, sendo logo habilitado. En agosto de 1924 foi elixido vocal da Unión Patriótica. Na Segunda República foi elixido presidente da Comisión Xestora Municipal de Redondela en marzo de 1933, cesando no cargo logo das eleccións de abril dese ano. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e sufriu un expediente de depuración que tivo como resultado a súa destitución como mestre. Estivo preso por razóns políticas, pasou 18 meses nos cárceres de Celanova e Pontevedra. Posteriormente subsistiu dando clases particulares. Nos anos cincuenta montou un negocio de material eléctrico en Marín.


Predecesor:
Serafín Alonso Veiga
 
Alcalde de Redondela
 
1933
Sucesor:
Serafín Dacosta Pazo

Vida persoal

Casou con Herminda Amaro Conde e tivo tes fillos: Mª del Carmen Jesusa, José María e Joaquina.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Do Castro, ed. Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada. p. 301. ISBN 84-8485-090-0. 

Ligazóns externas