Isidoro Bugallal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m →‎Bibliografía: Arranxos varios, replaced: |coautores= → |autor2= using AWB
Liña 18: Liña 18:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Parlamentarios de Galicia, biografías de deputados e senadores (1810-2001)|nome= Beatriz|apelidos= López Morán|ligazónautor= |coautores= Mínguez-Goyanes de la Rica, José Luis|ano= 2003|editor= Real Academia Galega|localización= A Coruña|isbn= 978-84-87987-27-4}}
* {{Cita libro |título= Parlamentarios de Galicia, biografías de deputados e senadores (1810-2001)|nome= Beatriz|apelidos= López Morán|ligazónautor= |autor2= Mínguez-Goyanes de la Rica, José Luis|ano= 2003|editor= Real Academia Galega|localización= A Coruña|isbn= 978-84-87987-27-4}}


=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===

Revisión como estaba o 7 de maio de 2016 ás 13:21

Placa en Ponteareas.

Isidoro Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 3 de setembro de 1854 e falecido en Madrid o 14 de abril de 1914, foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria

Estudou o bacharelato en Pontevedra e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1883 trasladouse a Madrid e ingresou no corpo de Rexistradores da Propiedade.

Foi deputado provincial, foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas nas eleccións de 1903, 1905, 1907 e 1910 e polo distrito de Ourense nas eleccións de 1914. Colaborou en Faro de Vigo, La Correspondencia Gallega e El Universo e foi elixido académico correspondente da Real Academia Galega.

Casou en primeiras nupcias con María Pérez de Castro Martínez, filla de Evaristo Pérez de Castro Brito, e foi pai de Javier Bugallal Pérez de Castro. María faleceu en 1892 e Isidro casou en segundas nupcias con Pilar Marchesi Buhigas (1894); deste matrimonio tivo como fillo ao xornalista José Luis Bugallal Marchesi.

Grazas a súa xenerosidade construíuse o edificio das Escolas Graduadas de Ponteareas, que ocupou o Museo Municipal e agora ocupa o Conservatorio Municipal.

Obras

  • Dos semblanzas de Cánovas, 1898.
  • Suiza española. Paseando por Galicia, 1903.
  • Notas políticas. Antes y después del Desastre, 1908.

Véxase tamén

Bibliografía

  • López Morán, Beatriz; Mínguez-Goyanes de la Rica, José Luis (2003). Real Academia Galega, ed. Parlamentarios de Galicia, biografías de deputados e senadores (1810-2001). A Coruña. ISBN 978-84-87987-27-4. 

Outros artigos

Ligazóns externas