Diferenzas entre revisións de «Amy Winehouse»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
O álbum ''Frank'' situouse arriba nas listas de éxitos do Reino Unido<ref name="mourear" /> cando foi nomeado no 2004 ós Premios Brit, nas categorías de Mellor Intérprete Británica Feminina e Mellor Artista de Música Urbana. Alcanzou o disco de platino<ref name="gang" />. Winehouse acadou o premio Ivor Novello á Mellor Canción Contemporánea por ''Stronger Than Me'', compartido con Salaam Remi. O álbum tamén foi candidato ó premio Mercury Prize no 2004. Ese mesmo ano, Winehouse presentouse no Festival de Glastonbury, no Festival Internacional de Jazz de Montreal e no V Festival.
 
Amy Winehouse era unha persoa insegura<ref name="fado" /> e tiña unha personalidade autodestrutiva e adicta; "supoño que se tes unha personalidade adicta, pasas dun veleno a outro"<ref name="gang" />. Á beira da fama a intérprete era todo curvas e beizos, comezábase a intuír a súa nova aparencia. No 2005, Amy comezou a beber en exceso e a abusar das drogas<ref name="forever" />. Aquel mesmo ano Amy comezou a falarse con Blake Fielder-Civil, con quen mantivo un idilio destrutivo e violento, gobernado polas drogas. Gozaba co [[Relación sexual humana|sexo]] e practicábao a miúdo<ref>{{cita publicación periódica |url=http://www.pronto.es/vidas-interesantes/amy-winehouse |título=Amy Winehouse. Diva británica del soul |revista=[[Pronto (revista)|Pronto]] |dataacceso=26-10-2015 |lingua=es|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20160304100726/http://www.pronto.es/vidas-interesantes/amy-winehouse|data-arquivo=4 de marzo de 2016|urlmorta=si}}</ref>, pasou dun comportamento promiscuo cos mozos anteriores<ref name="reverso" /><ref>{{cita novas |autor=Jenkins, David |url=http://www.telegraph.co.uk/culture/music/rockandjazzmusic/3622061/Love-hurts.html |título=Love hurts |data=11-8-2004 |xornal=The Daily Telegraph |dataacceso=26-10-205 }}</ref> a sentir fixación por Blake Fielder-Civil<ref name="fado" />. A parella coñeceuse nun pub en Camden chamado ''The Good Mixer''<ref>{{cita novas |autor=Jeffrey, Paul |url=http://www.dailymail.co.uk/tvshowbiz/article-472766/Amy-Winehouse-Blake-I-Mr-Mrs-Normal.html |título=Amy Winehouse: Blake and I are Mr and Mrs Normal! |data=3-8-2007 |xornal=The Daily Mail |dataacceso=11-11-2015 }}</ref>. Fielder-Civil admitiu ser o responsable de iniciar a Winehouse no consumo do [[Crack (droga)|crack]] e da [[Heroína (droga)|heroína]]<ref name="forever" />, "nos fumabamos, ela nunca se inxectou, eu fíxeno ocasionalmente pero nunca con Amy, foi tras rematalarematar a relación"<ref>{{cita web |url=http://www.tnt.org.za/index.php/2012-06-29-07-13-09/item/1603-i-regret-giving-amy-winehouse-heroin |título=I regret giving Amy Winehouse heroin |url-arquivo=http://archive.is/Z9NIC |data-arquivo=7-11-2015 |páxina-web=The Naked Truth |dataacceso=27-10-2015|url-arquivourlmorta=si}}</ref>. Winehouse era unha estrela mais a súa vida persoal andaba completamente descarreirada. Asistía ós concertos, nos clubs ou na televisión, en estado evidente de embriaguez<ref name="sona" />. A morte da súa avoa no ano 2006 foi un duro golpe para a cantante, que xa cambaleaba<ref name="forever" />. No seu contorno estaban preocupados e tentaron levala a rehabilitación, ela mostrouse nun principio reticente<ref name="Cynthia" />. Foi daquela cando abandonou a compañía de representación 19 Management de Simon Fuller<ref name="Island" /><ref name="fortuna">{{cita web |url=http://www.mtv.com/artists/amy-winehouse/biography/ |título=About Amy Winehouse |páxina-web=[[MTV]] |dataacceso=2-11-2015 }}</ref>.
 
Ó principio da súa relación con Blake Fielder-Civil, Winehouse non consumía [[cocaína]]; o seu mozo declarou: "Cando eu consumía cocaína, estando Amy canda min, pregunteille nunha ou dúas ocasións, queres probar? Ela dixo: non, iso non é para min". Porén cando andaba cos últimos retoques de ''Back to Black'' ela xa consumía cocaína<ref name="folepa">{{cita web |url=http://www.contactmusic.com/blake-fielder-civil/news/blake-fielder-civil-couldn-t-accept-amy-winehouse-was-dead_3530950 |título=Blake Fielder-Civil couldn't accept Amy Winehouse was dead |data=27-2-2013 |editorial=Bang Showbiz |páxina-web=Contactmusic |dataacceso=27-10-2015 }}</ref>.

Menú de navegación