An Education: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Arranxos varios using AWB |
||
Liña 6: | Liña 6: | ||
Por mor dun ensaio dunha orquestra xuvenil, un encantador home maior, David Goldman, leva á súa casa a unha brillante e fermosa estudante, Jenny . Os dous establecen unha relación que inclúe tamén o socio de David, Danny, e a súa amante, Helen. David encántalle aos pais de Jenny, o que lle permite levala aos concertos, clubs de [[jazz]] e, mesmo, a [[París]]. |

Jenny decátase de que David e Danny rouban cousas de casas en venda. Tamén descobre que David gaña diñeiro por trasladar familias negras a pisos preto de mulleres maiores que teñen medo deles, para así poder comprar os pisos que elas deixan baratos. Ante a descuberta disto, Jenny arrepíase e ameaza con terminar a relación, pero ao final atopa a súa nova vida tan apaixonante que mira máis aló deste lado máis escuro. |

Despois de ver bailar a Jenny con Danny e preocupado ao ver que Jenny pode interesarlle a outro home, David proponlle matrimonio de camiño a Jenny. O seu pai está de acordo co compromiso e Jenny abandona a escola sen rematar o [[bacharelato]]; a Helen parece gustarlle pero a Danny non moito, e David promete mantelo afastado para evitar que Danny lle quite a Jenny. Buscando cigarros no caixón do coche de David, Jenny atopa unha chea de cartas dirixidas ao "Sr. e a Sra. David Goldman". Como David non dá a cara, tócalle a Jenny contarlles aos seus pais que xa está casado. A directora négase a permitir que repita o último ano da escola, polo que Jenny vai á casa da súa mestra favorita, que a axuda a pasar o bacharelato. Finalmente é aceptada para estudar Literatura Inglesa en Oxford, que era o que desexaba antes de coñecer a David. |

A escena final amósaa montada en [[bicicleta]] polas rúas de Oxford con outro estudante, quizais o seu novo noivo. Jenny narra de fondo: "Así que fun a ler libros ingleses, e fixen o posible para evitar o destino de lentes e grans que Helen auguraba. ''Probablemente me vise tan nova, inxenua e fascinada como calquera outro estudante... Pero non o era. Un dos mozos cos que saín, e realmente eran mozos, convidoume unha vez a ir con el a París. E eu díxenlle que me encantaría. Morría por ver París. Coma se nunca estivese!".'' |

Liña 30: | Liña 30: | ||
=== [[Premios Oscar]] === |
=== [[Premios Oscar]] === |
||
{| class="" style="margin: 1em 1em 1em 0; background: #f9f9f9; border: 1px #aaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 90%;" border="1" cellpadding="4" cellspacing="0" |

! '''Ano''' |
! '''Ano''' |
||
Liña 54: | Liña 54: | ||
=== Premios BAFTA === |

Liña 102: | Liña 102: | ||
=== [[Premios Globo de Ouro|Globos de Ouro]] === |

Liña 117: | Liña 117: | ||
=== [[Premio do Sindicato de Actores|Premios do Sindicato de Actores]] === |

Liña 139: | Liña 139: | ||
* [[imdbtitle:1174732|''An Education'']] en [[Internet Movie Database]] (<span>en</span> inglés) |

* [http://web.archive.org/web/http://proximamenteencines.com/trailer-de-ensenanza-de-vida-2009/ Avance de An Education] |

{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Cine producido no Reino Unido]] |

Revisión como estaba o 4 de maio de 2016 ás 22:47
An Education (en galego: Unha educación) é unha película británica de 2009 dirixida por Lone Scherfig. O guión, escrito por Nick Hornby, está baseado nun artigo autobiográfico que a xornalista británica Lynn Barber publicou na revista literaria Granta. A historia desenvólvese no Londres de comezos dos 60 e narra a relación amorosa entre Jenny (Carey Mulligan), unha estudante que planea ir á Universidade de Oxford, e David (Peter Sarsgaard), un home un vinte anos maior ca ela.
O filme estreouse o 19 de xaneiro de 2009 no Festival de Cine de Sundance.
Argumento
Por mor dun ensaio dunha orquestra xuvenil, un encantador home maior, David Goldman, leva á súa casa a unha brillante e fermosa estudante, Jenny . Os dous establecen unha relación que inclúe tamén o socio de David, Danny, e a súa amante, Helen. David encántalle aos pais de Jenny, o que lle permite levala aos concertos, clubs de jazz e, mesmo, a París.
Jenny decátase de que David e Danny rouban cousas de casas en venda. Tamén descobre que David gaña diñeiro por trasladar familias negras a pisos preto de mulleres maiores que teñen medo deles, para así poder comprar os pisos que elas deixan baratos. Ante a descuberta disto, Jenny arrepíase e ameaza con terminar a relación, pero ao final atopa a súa nova vida tan apaixonante que mira máis aló deste lado máis escuro.
Despois de ver bailar a Jenny con Danny e preocupado ao ver que Jenny pode interesarlle a outro home, David proponlle matrimonio de camiño a Jenny. O seu pai está de acordo co compromiso e Jenny abandona a escola sen rematar o bacharelato; a Helen parece gustarlle pero a Danny non moito, e David promete mantelo afastado para evitar que Danny lle quite a Jenny. Buscando cigarros no caixón do coche de David, Jenny atopa unha chea de cartas dirixidas ao "Sr. e a Sra. David Goldman". Como David non dá a cara, tócalle a Jenny contarlles aos seus pais que xa está casado. A directora négase a permitir que repita o último ano da escola, polo que Jenny vai á casa da súa mestra favorita, que a axuda a pasar o bacharelato. Finalmente é aceptada para estudar Literatura Inglesa en Oxford, que era o que desexaba antes de coñecer a David.
A escena final amósaa montada en bicicleta polas rúas de Oxford con outro estudante, quizais o seu novo noivo. Jenny narra de fondo: "Así que fun a ler libros ingleses, e fixen o posible para evitar o destino de lentes e grans que Helen auguraba. Probablemente me vise tan nova, inxenua e fascinada como calquera outro estudante... Pero non o era. Un dos mozos cos que saín, e realmente eran mozos, convidoume unha vez a ir con el a París. E eu díxenlle que me encantaría. Morría por ver París. Coma se nunca estivese!".
Cadro de actores
- Carey Mulligan é Jenny Mellor.
- Peter Sarsgaard é David Goldman.
- Dominic Cooper é Danny, amigo e socio de David.
- Rosamund Pike é Helen, a noiva de Danny.
- Emma Thompson é Miss Walters, a directora da escola.
- Olivia Williams é Miss Stubbs, profesora.
- Alfred Molina é Jack Mellor, pai de Jenny.
- Cara Seymour é Marjorie Mellor, nai de Jenny.
- Sally Hawkins é Sarah Goldman, esposa de David.
- Matthew Beard é Graham, compañeiro de Jenny na banda de música.
- Amanda Fairbank Hynes é Hattie, unha das amigas da escola de Jenny.
- Ellie Kendrick é Tina, outra das amigas da escola de Jenny.
- Beth Rowley é unha cantante de cabaret.
Premios
Premios Oscar
Ano | Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Mellor Película | Candidata | |
2010 | Mellor Actriz | Carey Mulligan | Candidata |
2010 | Mellor Guión Adaptado | Nick Hornby | Candidato |
Premios BAFTA
Ano | Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor Película | Candidata | |
2009 | Mellor Película Británica | Candidata | |
2009 | Mellor Director | Lone Scherfig | Candidata |
2009 | Mellor Actriz | Carey Mulligan | Gañadora |
2009 | Mellor Actor Secundario | Alfred Molina | Candidato |
2009 | Mellor Guión Adaptado | Nick Hornby | Candidato |
2009 | Mellor Deseño de Vestiario | Odile Dicks-Mireaux | Candidata |
2009 | Mellor Maquillaxe e Peiteado | Lizzie Yianni Georgiou | Candidata |
Globos de Ouro
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor Actriz - Drama | Carey Mulligan | Candidata |
Premios do Sindicato de Actores
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor Cadro de Actores |
Candidato | |
2009 | Mellor Actriz | Carey Mulligan | Candidato |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- An Education en Internet Movie Database (en inglés)
- Avance de An Education