Linguas da Unión Europea: Diferenzas entre revisións
m →Linguas de traballo: http://www.olcalsace.org/de/der-dialekt-in-zahlen#sources |
m Arranxos varios using AWB |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
:[[Lingua inglesa|inglés]] · [[Lingua alemá|alemán]] · [[Lingua castelá|castelán]] · [[Lingua croata|croata]] · [[Lingua dinamarquesa|dinamarqués]] · [[lingua eslovaca|eslovaco]] · [[Lingua eslovena|esloveno]] · [[Lingua estoniana|estoniano]] · [[Lingua finesa|finés]] · [[Lingua francesa|francés]] · [[Lingua grega|grego]] · [[lingua húngara|húngaro]] · [[Lingua italiana|italiano]] · [[lingua letoa|letón]] · [[lingua lituana|lituano]] · [[Lingua maltesa|maltés]] · [[Lingua neerlandesa|neerlandés]] · [[Lingua polaca|polaco]] · [[Lingua portuguesa|portugués]] · [[Lingua sueca|sueco]] · [[lingua checa|checo]] · [[lingua búlgara|búlgaro]]· [[lingua gaélica irlandesa|gaélico irlandés]] · [[Lingua romanesa|romanés]]. |

A proporción da poboación da UE que fala as principais linguas oficiais, como linguas materna e non materna, é: |
A proporción da poboación da UE que fala as principais linguas oficiais, como linguas materna e non materna, é: |
||
{| class="wikitable" style="text-align:right;" |
{| class="wikitable" style="text-align:right;" |
||
Liña 48: | Liña 48: | ||
|} |
|} |
||
<small>(Font: [http://ec.europa.eu/public_opinion/archives/ebs/ebs_237.en.pdf])</small> |
<small>(Font: [http://ec.europa.eu/public_opinion/archives/ebs/ebs_237.en.pdf])</small> |
||
Algunhas das linguas son oficiais en diversos estados membros. En total son 28 estados membros e 23 linguas oficiais. |
Algunhas das linguas son oficiais en diversos estados membros. En total son 28 estados membros e 23 linguas oficiais. |
||
Liña 60: | Liña 59: | ||
* O [[Lingua inglesa|inglés]] é a lingua oficial de tres estados membros: [[Reino Unido]], [[Irlanda]] e [[Malta]]. Na Unión Europea é a lingua máis empregada como segunda lingua |
* O [[Lingua inglesa|inglés]] é a lingua oficial de tres estados membros: [[Reino Unido]], [[Irlanda]] e [[Malta]]. Na Unión Europea é a lingua máis empregada como segunda lingua |
||
* O [[Lingua francesa|francés]] é a lingua oficial de tres estados membros fundadores da Comunidade Europea: [[Francia]], [[Bélxica]] e [[Luxemburgo]]. As sucesivas ampliacións da Unión fixeron que perdese poder, pese a isto a lingua conserva unha influencia internacional debido a razóns históricas e políticas. |

* O [[Lingua alemá|alemán]] é a lingua oficial da [[Alemaña]], [[Austria]], [[Bélxica]], [[Luxemburgo]] e o [[Tirol do Sur]]. É a lingua materna maioritaria na Unión Europea, e a segunda como segunda lingua. |

Liña 167: | Liña 164: | ||
==O galego na Unión Europea== |
==O galego na Unión Europea== |
||
O [[Lingua galega|galego]] é dende finais de [[2005]] lingua presente nas institucións europeas. O seu uso xa é oficialmente un feito no Comité de Rexións. O [[Parlamento Europeo]] aprobou a utilización das linguas cooficiais de [[España]], entre elas o galego, nas comunicacións dos cidadáns co Parlamento Europeo. Os acordos tamén permiten o uso do galego no [[Consello de Ministros]] da [[Unión Europea]] e na [[Comisión Europea]]. |

Os cidadáns e cidadás que desexen dirixirse en galego ao Defensor do Pobo europeo tamén o poden facer, en virtude da entrada en vigor dun convenio entre España e este organismo comunitario. A introdución do galego na [[Unión Europea]] é un recoñecemento ao plurilingüismo natural dos países que a integran. O certo é que algunhas das linguas cooficiais dos estados ou linguas minoritarias contan cun número de falantes maior ca outras oficiais, e mesmo cun status semellante dentro dos seus territorios. A [[Constitución española de 1978]] recoñece a cooficialidade das linguas do Estado. |

Os cidadáns e as cidadás de Galicia que se dirixan aos órganos europeos que os representan poden usar tamén o galego para esas comunicacións e teñen dereito a recibir contestación nesta lingua. |
Os cidadáns e as cidadás de Galicia que se dirixan aos órganos europeos que os representan poden usar tamén o galego para esas comunicacións e teñen dereito a recibir contestación nesta lingua. |
||
Liña 181: | Liña 178: | ||
{{LinguasUE}} |
{{LinguasUE}} |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Linguas do mundo]] |
[[Categoría:Linguas do mundo]] |
||
[[Categoría:Unión Europea]] |
[[Categoría:Unión Europea]] |
Revisión como estaba o 4 de maio de 2016 ás 22:39
As linguas oficiais da Unión Europea son aquelas linguas faladas nos Estados membros da Unión Europea. Inclúense as 24 linguas oficiais de dito organismo xunto con algunhas que, xeralmente, son cooficiais nalgunhas rexións dos Estados membros.
A política da UE tenta incentivar ós cidadáns europeos para que sexan multilingües, en especial a ser fluíntes en, polo menos, dúas linguas estranxeiras, non soamente para facilitar a comunicación, senón, para desenvolver a tolerancia e respecto para coa diversidade cultural. Neste senso hai varios programas postos en marcha. O contido dos sistemas educativos, entre tanto, permanece baixo o criterio de cada estado. Pode obterse máis información en Política Lingüística.
As decisións tomadas polas institucións son traducidas en tódalas linguas oficiais. Os cidadáns poden contactar en calquera delas e solicitar resposta na lingua que elixa. Nas reunións da cúpula, é necesaria a tradución conforme a necesidade. Para as sesións do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea a tradución e simultánea.
Linguas oficiais
As linguas oficiais da Unión Europea aparecen reflectidas no Regulamento 1 de 1958 do Consello da CEE. Coas correspondentes modificacións posteriores [1], as linguas oficias son:
- inglés · alemán · castelán · croata · dinamarqués · eslovaco · esloveno · estoniano · finés · francés · grego · húngaro · italiano · letón · lituano · maltés · neerlandés · polaco · portugués · sueco · checo · búlgaro· gaélico irlandés · romanés.
A proporción da poboación da UE que fala as principais linguas oficiais, como linguas materna e non materna, é:
Lingua | Poboación da UE que a fala | ||
---|---|---|---|
como lingua materna | como lingua non materna | Total | |
Alemán | 18% | 12% | 30% |
Inglés | 13% | 34% | 47% |
Italiano | 13% | 2% | 15% |
Francés | 12% | 11% | 23% |
Castelán | 9% | 5% | 14% |
Polaco | 9% | 1% | 10% |
Neerlandés | 5% | 1% | 6% |
Grego | 2% | 0% | 2% |
Portugués | 2% | 0% | 2% |
Sueco | 2% | 1% | 3% |
Dinamarqués | 1% | 1% | 2% |
Finés | 1% | 0% | 1% |
(Font: [2])
Algunhas das linguas son oficiais en diversos estados membros. En total son 28 estados membros e 23 linguas oficiais.
Linguas de traballo
O réxime lingüístico prevén, no artigo 6 [3], que cada institución da Unión regulará a modalidade de emprego nos seus regulamentos internos. Por razóns prácticas a meirande parte das institucións empregan nas súas sesións internas de traballo tres linguas principais:
- O inglés é a lingua oficial de tres estados membros: Reino Unido, Irlanda e Malta. Na Unión Europea é a lingua máis empregada como segunda lingua
- O francés é a lingua oficial de tres estados membros fundadores da Comunidade Europea: Francia, Bélxica e Luxemburgo. As sucesivas ampliacións da Unión fixeron que perdese poder, pese a isto a lingua conserva unha influencia internacional debido a razóns históricas e políticas.
- O alemán é a lingua oficial da Alemaña, Austria, Bélxica, Luxemburgo e o Tirol do Sur. É a lingua materna maioritaria na Unión Europea, e a segunda como segunda lingua.
Tras estas linguas lle seguen de lonxe o italiano, o polaco e o castelán.
O coñecemento das tres linguas principais, como segunda lingua, é o seguinte:
Estado | Inglés | Alemán | Francés |
---|---|---|---|
Alemaña | 51% | 7% | 12% |
Austria | 53% | n/d | 11% |
Bélxica | 52% | 25% | 44% |
Bulgaria | 15% | n/d | n/d |
Chipre | 71% | 3% | 11% |
Croacia | 43% | 33% | n/d |
Dinamarca | 83% | 54% | n/d |
Eslovaquia | n/d | 28% | n/d |
Eslovenia | 56% | 45% | n/d |
España | 20% | n/d | 8% |
Estonia | 41% | 18% | n/d |
Finlandia | 60% | 17% | n/d |
Francia | 34% | 7% | n/d |
Grecia | 44% | 8% | 8% |
Hungría | 16% | 16% | n/d |
Irlanda | 6% | n/a | 19% |
Italia | 29% | 4% | 11% |
Letonia | 34% | n/d | n/d |
Lituania | 26% | n/d | n/d |
Luxemburgo | 66% | 84% | 90% |
Malta | 89% | n/d | 17% |
Países Baixos | 87% | 66% | 24% |
Polonia | 25% | 19% | n/d |
Portugal | 26% | n/d | 20% |
Reino Unido | 7% | 6% | 14% |
República Checa | 24% | 31% | n/d |
Romanía | 26% | n/d | 17% |
Suecia | 85% | 28% | 10% |
Estados candidatos: | |||
Turquía | 18% | 4% | n/d |
Font: [4])
Nas linguas que aparece (n/d) significa que a lingua seleccionada non está entre as tres máis faladas.
Linguas de emprego na administración
O Consello da Unión Europea, celebrado no Luxemburgo o 13 de xuño do 2005, adoptou un acordo que lle dá ás linguas cooficiais nos estados membros certo recoñecemento nas institucións da Unión([5]). O emprego das linguas queda regulado por un acordo administrativo entre o estado membro e as institucións europeas. Este acordo permite o emprego das linguas aínda que as limita ás:
- Traducións oficiais dos actos do Parlamento Europeo e do Consello.
- Traducións dos parlamentarios a tódalas linguas da unión.
- Comunicacións escritas ás institucións da Unión e a correspondente resposta.
O 16 de novembro do 2005, o presidente do Comité das Rexións, Peter Straub, asinou un acordo no que por primeira vez permite o emprego do galego, do vasco, e do catalán nunha institución da Unión.([6]).
Linguas rexionais e minoritarias
As linguas rexionais e minoritarias aparecen definidas na "Carta europea das linguas rexionais e minoritarias", tratado internacional asinado pola maioría dos estados da UE, como as linguas propias tradicionalmente empregadas pola poboación dun territorio cuxo número de falantes é menor que a lingua hexemónica do estado.([7]).
Nesta definición inclúense [8]:
- As linguas propias dunha rexión ou de diversos estados. Aquí se atopan o galego, o catalán e o éuscaro xunto co aragonés, o asturiano, o bretón, o caxubo, o córnico, o escocés, o frisón, o friulano, o gaélico escocés, o galés, o mirandés, o occitano, o sardo, o sorabo, e o valón.
- As linguas oficiais dun estado, pero minoritarias noutro:
- As linguas oficiais en perigo: o gaélico irlandés, e o luxemburgués (oficial no Luxemburgo pero non na Unión).
- As linguas non territoriais: o romaní, e o ídiche.
O galego na Unión Europea
O galego é dende finais de 2005 lingua presente nas institucións europeas. O seu uso xa é oficialmente un feito no Comité de Rexións. O Parlamento Europeo aprobou a utilización das linguas cooficiais de España, entre elas o galego, nas comunicacións dos cidadáns co Parlamento Europeo. Os acordos tamén permiten o uso do galego no Consello de Ministros da Unión Europea e na Comisión Europea. Os cidadáns e cidadás que desexen dirixirse en galego ao Defensor do Pobo europeo tamén o poden facer, en virtude da entrada en vigor dun convenio entre España e este organismo comunitario. A introdución do galego na Unión Europea é un recoñecemento ao plurilingüismo natural dos países que a integran. O certo é que algunhas das linguas cooficiais dos estados ou linguas minoritarias contan cun número de falantes maior ca outras oficiais, e mesmo cun status semellante dentro dos seus territorios. A Constitución española de 1978 recoñece a cooficialidade das linguas do Estado.
Os cidadáns e as cidadás de Galicia que se dirixan aos órganos europeos que os representan poden usar tamén o galego para esas comunicacións e teñen dereito a recibir contestación nesta lingua.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Euromosaic
- Mercator
- Estudo Euromosaico
- Portal das linguas de Europa
- Eurolang, axencia da UE para as linguas minorizadas.
- European Bureau for Lesser-Used Languages (EBLUL), oficina non gobernamental para a promoción da diversidade lingüística.