Lae: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m →‎Véxase tamén: Arranxos varios using AWB
Liña 94: Liña 94:
{{Commonscat|Lae}}
{{Commonscat|Lae}}
*[http://maps.google.com/maps?ie=UTF8&om=1&z=16&ll=-6.731823,146.996298&spn=0.01952,0.026951&t=k Google Maps]
*[http://maps.google.com/maps?ie=UTF8&om=1&z=16&ll=-6.731823,146.996298&spn=0.01952,0.026951&t=k Google Maps]

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Papúa Nova Guinea]]
[[Categoría:Papúa Nova Guinea]]

Revisión como estaba o 4 de maio de 2016 ás 22:30

Para o atol das illas Marshall vexa : Atol Lae
Localización de Lae na provincia de Morobe

Lae (tamén coñecida como Laé ou Lahe)[1] é unha cidade de Papúa Nova Guinea. Conta con 73.918 habitantes (2008) e é a segunda cidade máis poboada do país; por detrás da capital, Port Moresby. Está considerada como a capital industrial do país. É a capital da provincia de Morobe.

Historia

A cidade naceu a causa da febre do ouro producida entre 1920 e 1930. Ao igual que numerosas cidades de Papúa Nova Guinea, xurdiu nas proximidades dun aeródromo, o cal agora non se usa ao construírse o Lae Nadzab Airport.

En xullo de 1937, Lae saltou á escena mundial debido á desaparición da aviadora americana Amelia Earhart, a cal foi vista por última vez despegando de aquí no seu camiño de volta aos Estados Unidos.[2]

Cando se deron unha serie de erupcións volcánicas en Rabaul en 1937, tomouse a decisión de trasladar a capital do Territorio de Nova Guinea a Lae.[3]

A Segunda Guerra Mundial tamén afectou á cidade e, en 1942, esta foi ocupada polo Imperio do Xapón. Lae, Rabaul e Salamaua convertéronse nas principais bases xaponesas en Nova Guinea.[3] A mediados de 1943, despois das derrotas na campaña Kokoda Track, a Batalla de Buna-Gona e a Batalla de Wau, os xaponeses foron obrigados a retirarse de Lae, que foi eventualmente ocupada polos australianos.[3] Mais a campaña de Salamaua-Lae durou varias, semanas con feroces combates, antes de que a cidade caese en mans aliadas, o 16 de setembro.

Despois da Segunda Guerra Mundial, a cidade de Lae desenvolveuse en base a plantacións de café e e a construción dun porto. Máis tarde, melloráronse as estradas e a autoestrada Highlands Highway entrou en funcionamento. Durante o auxe mineiro da década de 1980 e 1990, aumentou a importancia de Lae como centro económico.[3]

En 1991, Lae e Port Moresby foron sede dos Xogos do Pacífico.

Xeografía

Lae está situada no Golfo de Huon (mar de Salomón), na desembocadura do río Markham. Ten unha temperatura máxima de 31 °C e unha mínima de 22 °C, cunhas precipitacións medias de 4630 mm.[4]

Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Media maior (°C) 31 31 30 30 29 28 27 27 28 29 30 30 29
Media menor (°C) 23 23 23 23 22 22 22 22 22 22 23 23 22
Precipitacións (mm) 280 230 320 400 410 420 520 520 430 400 320 330 4630

Demografía

A cidade de Lae é a segunda máis importante de Papúa Nova Guinea. A evolución demográfica de Lae nos últimos anos é negativa.[1]


Evolución da poboación de: Lae desde 1980 ata 2008

1980 1990 2000 2008

61 682 80 655 78 038 73 918

Notas

  1. 1,0 1,1 "World Gazetteer: Lae". World Gazetteer. Consultado o 24 de setembro de 2011. 
  2. "Amelia Earhart" (en castelán). Biografíasyvidas.com. Consultado o 24 de setembro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 www.encyclopedia.com (ed.). "Papua New Guinea" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2011. 
  4. "Weathernase: Historical Weather for Lae, Papua New Guinea" (en inglés). Weatherbase.com. Consultado o 24 de setembro de 2011. 

Véxase tamén