Juan Bautista Topete: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Arranxos varios using AWB
Liña 21: Liña 21:
DATA_SAIDA=[[1871]]|
DATA_SAIDA=[[1871]]|
}}
}}

{{Control de autoridades}}


{{ORDENAR:Topete Carballo}}
{{ORDENAR:Topete Carballo}}

Revisión como estaba o 4 de maio de 2016 ás 21:55

Ficheiro:Topete.jpg
Juan Bautista Topete y Carballo

Juan Bautista Topete y Carballo, nado en San Andrés de Tuxtla, Estado de Veracruz, México, en 1821 e finado en Madrid en 1885, foi un mariño e político español.

Traxectoria

En 1838 ingresou na Armada. Distinguiuse pola súa actuación na Escuadra del Cantábrico durante a Primeira Guerra Carlista, e en América contra os piratas e tratantes de escravos. En 1860, participou na Guerra de África.

En 1865 foi destinado ao Pacífico, onde ao mando do contralmirante Castro Méndez Núñez participou nos bombardeos de Valparaíso (Chile) e o de El Callao (Perú), onde foi ferido gravemente. Tras a guerra foi ascendido a brigadier.

Máis tarde foi nomeado Capitán da Escuadra de Cádiz. En 1868 pronunciouse en contra de Isabel II e revelou a toda a súa frota, co que iniciou unha revolución que acabaría destronando á raíña.

Entre 1868 e 1869, ocupou o posto de Ministro da Mariña e de Ultramar. En 1870, Joan Prim morreu tras sufrir un atentado, polo que Topete ocupou o cargo de Presidente do Consello de Ministros.

Durante o reinado de Amadeo I de Savoia, volveo a ocupar os cargos de Ministro da Mariña e de Ultramar. Tras a proclama da I República foi encarcelado. Tras o golpe do xeneral Pavía en 1874, ocupou de novo o posto no ministerio da Mariña.

Sexenio Revolucionario

Segue a:
Joan Prim i Prats
Juan Bautista Topete
Precede a:
Francisco Serrano Domínguez
Presidente do Goberno de España