Phalacrocorax capensis: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
traducido de en:Cape cormorant
 
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:
| image = Phalacrocorax capensis - Namib 2013.jpg
| image = Phalacrocorax capensis - Namib 2013.jpg
| image_caption = ''Phalacrocorax capensis'' en [[Walvis Bay]], [[Namibia]]
| image_caption = ''Phalacrocorax capensis'' en [[Walvis Bay]], [[Namibia]]
| image_width = 250px
| status = EN
| status = EN
| status_system = iucn3.1
| status_system = iucn3.1

Revisión como estaba o 3 de maio de 2016 ás 22:14

Phalacrocorax capensis

Phalacrocorax capensis en Walvis Bay, Namibia
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Suliformes
Familia: Phalacrocoracidae
Xénero: ' Phalacrocorax'
Especie: ''P. capensis''
Nome binomial
'Phalacrocorax capensis'
(Sparrman, 1789)[1]

P. capensis en Cidade do Cabo, Suráfrica.

Phalacrocorax capensis, xeramenlte chamado corvo mariño do Cabo é unha especie de corvo mariño endçemico da costa sudoeste de África.

Reprodúcese en Namibia sur e sueste da Provincia do Cabo, Suráfrica. Cando non está na tempada reprodutora, pode atoparse bastante máis ao norte, ata a desembocadura do río Congo, e esténdese pola costa leste de Suráfrica ata Mozambique. Na década de 1970, a poboación reprodutora estimábase en arredor dun millón de exemplares só en Namibia. Porén, agora a IUCN clasifíca a especie como "En perigo" debido a un rápido declive da poboación experimentado nas últimas tres xeracións.[1]

É unha ave de cor case enteiramente negra brillante, pero na época reprodutora ten un ton máis purpúreo e algunhas plumas brancas na cabeza, pescozo, e zona cloacal. A súa pel gular é dunha cor amarela alaranxada; unha característica inusual nos corvos mariños é que ten a rexión loreal (entre os ollos e os orificios reswpiratorios) cuberta de plumas en vez de espidos. As ás teñen unha envergadura entre 240 e 280 mm, e o seu peso está entre 0,8 e 1,6 kg, e presenta pouco dimorfismo suxual.

Aliméntanse xeralmente en bandadas, facendo capturas en bancos de peixes a media profundidade, como sardiñas, anchoas, e pequenos ammodítidos. As súas presas son normalmente moito máis pequenos que os da especie simpátrica Phalacrocorax neglectus. Os seus principais depredadores son os chacais Canis mesomelas, que capturan ocasionalmente a adultos mentres están pousados descansando, e aves predadoras que actúan no seu lugar de nidación como o corvo mariño Phalacrocorax carbo, os pelicanos Pelecanus onocrotalus, e as gaivotas Larus dominicanus.

Igual que outras varias especies de corvos mariños, esta especie é clasificada por algunhas autoridades (por exemplo Johnsgaard) no xénero Leucocarbo.

Notas

  • Johnsgaard, P. A. (1993). Cormorants, darters, and pelicans of the world. Washington DC: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-56098-216-0

Véxase tamén

= Ligazóns externas

Modelo:Commonscat-inline
Modelo:Wikispecies-inline