Afonso XII de España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Arranxos varios using AWB
Liña 10: Liña 10:
O [[1 de decembro]], Afonso fixo público un manifesto ([[Manifesto de Sandhurst]]), presentándose aos españois como príncipe católico, español, constitucional e desexoso de servilos. O 29 de decembro de [[1874]] prodúcese a restauración da monarquía en España. Naquel momento, o xefe do estado era o xeneral Serrano, imposto a raíz do golpe de estado do xeneral [[Manuel Pavía]] que supuxera a caída da Primeira República. O xefe de goberno provisional era o xeneral Sagasta.

En xaneiro de [[1875]] chegou a España e foi proclamado rei perante as Cortes Españolas. O seu reinado consistiu en restaura a monarquía e o país ''arranxando'' as disputas internas, gañándose así o seu alcume de "Pacificador".

Tamén en [[1876]] aprobouse a nova Constitución. Durante ese ano rematou a Guerra Carlista.
Tamén en [[1876]] aprobouse a nova Constitución. Durante ese ano rematou a Guerra Carlista.

Revisión como estaba o 3 de maio de 2016 ás 19:33

Alfonso XII.

Afonso XII, O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e falecido en El Pardo o 25 de novembro de 1885, foi Rei de España entre 1875 e 1885.

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apunta a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Traxectoria

Sendo aínda un neno os seus pais foron destronados pola revolución de 1868, "La Gloriosa", e foron obrigados a exiliarse, polo que se educa en diversas cidades europeas como París, Viena etc. A súa nai renunciou ao seu cargo como raíña en favor do seu fillo, nun documento que firmou en París en 1870. Nestes anos sucedéronse varios gobernos provisionais (1868-70), o reinado de Amadeo I de Savoia e a Primeira República española (1873-1874). Esta foi liquidada polo xeneral Pavía, e grazas a isto, abriuse un período de gobernos provisionais. Durante esta etapa histórica (sexenio Revolucionario).

Afonso XII por Román Navarro.

O 1 de decembro, Afonso fixo público un manifesto (Manifesto de Sandhurst), presentándose aos españois como príncipe católico, español, constitucional e desexoso de servilos. O 29 de decembro de 1874 prodúcese a restauración da monarquía en España. Naquel momento, o xefe do estado era o xeneral Serrano, imposto a raíz do golpe de estado do xeneral Manuel Pavía que supuxera a caída da Primeira República. O xefe de goberno provisional era o xeneral Sagasta.

En xaneiro de 1875 chegou a España e foi proclamado rei perante as Cortes Españolas. O seu reinado consistiu en restaura a monarquía e o país arranxando as disputas internas, gañándose así o seu alcume de "Pacificador".

Tamén en 1876 aprobouse a nova Constitución. Durante ese ano rematou a Guerra Carlista.

Afonso XII realizou en 1883, unha visita oficial a Bélxica, Austria, Alemaña e Francia. Alemaña tratou de ocupar as illas Carolinas, naquel momento baixo dominio español, provocando un incidente entre os dous países que se saldou a favor de España coa sinatura do acordo hispanoalemán en 1885. Ese mesmo ano atopouse un brote de cólera en Aranjuez.

Pouco despois morreu de tuberculose o día 25 de novembro de 1885 no Palacio del Pardo en Madrid.

Matrimonio

Casou dúas veces, primeiro coa súa curmá, María de las Mercedes de Orleáns, filla dos duques de Montpensier, morrendo esta de tifo uns meses despois de casaren. Despois casa con María Cristina de Habsburgo-Lorena, con ela tivo tres fillos.

Fillos

Véxase tamén

Outros artigos

Predecesor:
Ningún
(Francisco Serrano,
Presidente da República)
 
Rei de España
 
1874 - 1885
Sucesor:
Afonso XIII