Fundación Penzol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Vigo; engado a Categoría:Cultura en Vigo mediante HotCat
m Arranxos varios using AWB
Liña 4: Liña 4:
|imaxe = [[Ficheiro:Casa Galega da CUltura 1.jpg|300px]]
|imaxe = [[Ficheiro:Casa Galega da CUltura 1.jpg|300px]]
|pé_imaxe = Sede da Fundación Penzol.
|pé_imaxe = Sede da Fundación Penzol.
|tipo = [[Cultura|Cultural]]
|tipo = [[Cultura]]l
|datacreación = [[5 de maio]] de [[1963]]
|datacreación = [[5 de maio]] de [[1963]]
|creador =
|creador =
Liña 36: Liña 36:
{{Medalla de Ouro de Galicia}}
{{Medalla de Ouro de Galicia}}
{{LugaresdeintereseVigo}}
{{LugaresdeintereseVigo}}

[[Categoría:Cultura en Vigo]]
[[Categoría:Cultura en Vigo]]
[[Categoría:Fundacións de Galicia]]
[[Categoría:Fundacións de Galicia]]

Revisión como estaba o 3 de maio de 2016 ás 19:30

Coordenadas: 42°14′18.13″N 8°43′32.5″O / 42.2383694, -8.725694 Modelo:Fundación A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963 para preservar o legado de Fermín Penzol (1901-1981) e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. A súa presidenta é Blanca Jiménez de Penzol, e o director é Francisco Domínguez.

Posúe unha das maiores coleccións de folletos, libros, documentos, periódicos, revistas, cartas e manuscritos da historia recente de Galiza. Esta colección foi iniciada na época de estudante de Fermín Penzol, cando militou no movemento nacionalista na Mocidade Céltiga e coñeceu a Castelao, Ramón Cabanillas e Vicente Risco.

Placa.

Pouco antes da súa morte fixo depositaria do seu legado á Editorial Galaxia, que asumiu o mantemento. Na creación da fundación participaron Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e outros galeguistas e ilustres, amais de empresarios coma Antonio Fernández López e Álvaro Gil Varela.

A súa sede está na Casa Galega da Cultura de Vigo, na praza da Princesa.

Obtivo o Premio Francisco Fernández del Riego da Asociación Galega de Editores á difusión do ámbito editorial e cultural no 2012.

Véxase tamén

Bibliografía

  • RODRÍGUEZ-POLO, Xosé Ramón (2009): Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Xerais.

Ligazóns externas