Diferenzas entre revisións de «Programación»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios using AWB
(engado control de autoridades)
m (Arranxos varios using AWB)
O programa escrito nunha [[linguaxe de programación]] (comprensible polo home, aínda que adoitan corresponder con linguaxes formais descritos por gramáticas independentes do contexto) non é inmediatamente executable nun ordenador. A opción máis común é [[compilación|compilar]] o programa, aínda que tamén pode ser executado mediante un [[intérprete informático]].
 
O código fonte do programa sométese a un proceso de transformación para converterse en linguaxe máquina, interpretable polo [[procesador]]. A este proceso chámaselle compilación e resulta nun programa [[executable]] (un típico .exe para os usuarios de [[Windows]]). O proceso faise en dous pasos. O primeiro paso é a compilación propiamente dita e traduce o código fonte escrito nunha linguaxe de alto nivel a [[código obxecto]], máis próximo á linguaxe máquina. O segundo paso chamase [[enlazador|enlazado]] (ou ás veces mal chamado ''linkado'' do inglés ''link'') e traduce o código obxecto a [[código máquina]]. Un programa podería ter partes escritas en varios linguaxes, que se poderían compilar de xeito independente e enlazar xuntas para formar un único [[executable]], aínda que non é unha práctica habitual.
 
Outra alternativa son os programas interpretados, nos que un intérprete realizan a tradución da linguaxe de alto nivel a código máquina a medida que sexa necesario. O resultado da tradución normalmente non se almacena, senón que se volve a traducir no caso de que se volva a precisar.
 
* Corrección: Un programa é correcto se fai o que debe facer. Para determinar se un programa fai o que debe facer é moi importante especificar claramente que debe face-lo programa antes de desenvolvelo e unha vez rematado comparalo co que realmente fai.
 
* Claridade: É moi importante que o programa sexa o máis claro e lexible posible para mellora-lo mantemento do software. Cando se acaba de escribi-lo código de programa, débense busca-los erros e corrixilos. Máis concretamente, cando o programa está rematado, é necesario facerlle ampliacións ou modificacións, segundo a demanda dos usuarios, este traballo pode ser levado a cabo polo mesmo [[programador]] que implementou o programa ou por outros.
 
* Eficiencia: Debe consumir a menor cantidade posible de recursos. Normalmente ó falar de eficiencia sóese facer referencia ó consumo de tempo e/ou memoria.
 
* [[Testeo de software]].
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Programación| Programación]]
393.002

edicións

Menú de navegación

Ferramentas persoais

Espazos de nomes

Variantes