Agustín Jarabo Domínguez: Diferenzas entre revisións
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética |
m Arranxos varios using AWB |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
Fichou polo [[Celta de Vigo]] na tempada [[Segunda división española 1935/36|1935/36]] na [[Segunda División Española|Segunda División]], ano no que o equipo acadou o primeiro ascenso a [[Primeira División Española|Primeira División]] da súa historia. |

Porén tería que agardar para debutar na máxima categoría, ante o golpe de estado militar contra a [[Segunda República Española]] e o comezo da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]]. |
Porén tería que agardar para debutar na máxima categoría, ante o golpe de estado militar contra a [[Segunda República Española]] e o comezo da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]]. |
||
Liña 20: | Liña 20: | ||
[http://www.bdfutbol.com/j/j10875.html Ficha do xogador en Bdfutbol] |
[http://www.bdfutbol.com/j/j10875.html Ficha do xogador en Bdfutbol] |
||
⚫ | |||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
⚫ | |||
[[Categoría:Nados en 1911]] |
[[Categoría:Nados en 1911]] |
||
[[Categoría:Finados en 1961]] |
[[Categoría:Finados en 1961]] |
Revisión como estaba o 3 de maio de 2016 ás 18:59
Agustín Jarabo Domínguez, nado o 11 de outubro de 1911 en Ourense e finado o 20 de xaneiro de 1961 en Lugo, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria
Fichou polo Celta de Vigo na tempada 1935/36 na Segunda División, ano no que o equipo acadou o primeiro ascenso a Primeira División da súa historia.
Porén tería que agardar para debutar na máxima categoría, ante o golpe de estado militar contra a Segunda República Española e o comezo da Guerra Civil.
Tralo fin da contenda as competicións oficiais reanudaronse en 1939. Agustín debutou en Primeira na segunda xornada, o 10 de decembro de 1939 en Balaídos.
Dende o principio deu fe da súa facilidade anotadora, se ben foi o segundo máximo anotador do equipo na tempada do ascenso foi o primeiro o ano do debut en primeira, con 14 tantos.
Na tempada 1941/42 formou dianteira con Del Pino e Roig, entre os tres anotaron 40 goles nunha tempada na que o equipo rematou en quinta posición.
Finalmente deixou o equipo tras o descenso da tempada 1943/44 ao non chegar a un acordo ca directiva para renovar.
Entre os encontros que disputou co Celta destacan tres encontros ante o Deportivo da Coruña. O primeiro en maio de 1940 na fase de promoción na que o Celta se salvou do descenso en detrimento do Depor, o segundo en abril de 1941, na Copa do Rei, que rematou cunha vitoria céltica por 8-0. O último o primeiro derbi en Primeira División, que tamén rematou con vitoria do Celta.