Mandíbula: Diferenzas entre revisións
m Desfixéronse as edicións de 2.80.214.7 (conversa); cambiado á última versión feita por MerlIwBot |
m Arranxos varios using AWB |
||
Liña 20: | Liña 20: | ||
Nos vertebrados o seu movemento é vertical, nos artrópodos e outros [[invertebrado]]s é horizontal. En todos os animais as mandíbulas se utilizan para aprehenderen os alimentos e trituralos e, en moitos casos, tamén para se defenderen. |
Nos vertebrados o seu movemento é vertical, nos artrópodos e outros [[invertebrado]]s é horizontal. En todos os animais as mandíbulas se utilizan para aprehenderen os alimentos e trituralos e, en moitos casos, tamén para se defenderen. |
||
Nos animais superiores, a mandíbula é tamén denominada como '''maxilar inferior'''. No home coñécese popularmente como ''queixo'' ou ''queixada''. |
Nos animais superiores, a mandíbula é tamén denominada como '''maxilar inferior'''. No home coñécese popularmente como ''queixo'' ou ''queixada''. |
||
== Estrutura da mandíbula humana == |
== Estrutura da mandíbula humana == |
||
Liña 48: | Liña 48: | ||
{{Anatomía rexional}} |
{{Anatomía rexional}} |
||
{{Sistemas e órganos}} |
{{Sistemas e órganos}} |
||
[[Categoría:Anatomía rexional]] |
[[Categoría:Anatomía rexional]] |
||
[[Categoría:Esqueleto]] |
[[Categoría:Esqueleto]] |
Revisión como estaba o 3 de maio de 2016 ás 18:51
Mandíbula | ||
---|---|---|
Mandíbula. Superficie exterior. Vista lateral | ||
Mandíbula. Superficie interior. Vista lateral | ||
Latín | Mandibula | |
Gray | tema #44 | |
Precursor | Primeiro arco branquial |
A mandíbula é cada unha das pezas da boca, óseas no caso dos vertebrados e quitinosas ou córneas no caso doutros animais. É un óso da faciana que permite a mastigación xunto co maxilar superior. A mobilidade da articulación témporo-mandibular permítelle a este óso elevarse, descender, lateralizalo e proxectarse cara adiante e atrás. Nos vertebrados o seu movemento é vertical, nos artrópodos e outros invertebrados é horizontal. En todos os animais as mandíbulas se utilizan para aprehenderen os alimentos e trituralos e, en moitos casos, tamén para se defenderen.
Nos animais superiores, a mandíbula é tamén denominada como maxilar inferior. No home coñécese popularmente como queixo ou queixada.
Estrutura da mandíbula humana
O maxilar inferior presenta dúas estruturas básicas:
- Corpo: é a parte máis anterior do óso. Presenta:
- Cara anterior: na liña media queda o gonion ou queixo, resultado da fusión dos maxilares de ambos lados. Permite ademais as insercións dos seguintes músculos:
- Triangular dos beizos
- Cadrado da barba
- Cutáneo do pescozo ou platisma
- Cara posterior: atopamos unhas apófises centrais denominadas apófises xeni, que prestan inserción ós músculos xenigloso (que vai á lingua) e xenihioideo (vai ó hioide). A ambos lados das apófises achamos unha liña de inserción para o músculo milohioideo (que forma parte do chan da boca e chega ó hioide. Na liña media únense os milohioideos de ambos lados). Esta cara tamén acolle ás glándulas sublingual e submaxilar.
- Bordo superior: acolle ós dentes inferiores.
- Bordo inferior: no que se atopan fibras de inserción do pletisma.
- Cara anterior: na liña media queda o gonion ou queixo, resultado da fusión dos maxilares de ambos lados. Permite ademais as insercións dos seguintes músculos:
- Pólas: cada unha permite na superficie externa a inserción do músculo pterigoideo externo. Superiormente continúanse coas:
- Apófise coronoide: hai fibras de inserción do músculo temporal.
- Apófise condilar: consta dun pescozo no que se insire o músculo pterigoideo interno. Tamén chegan aquí os ligamentos esfeno-maxilar e estilo-maxilar. O cóndilo artéllase co temporal. Para máis información véxase articulación témporo-mandibular.
- Escotadura: é o espazo entre ambas apófises. Permite o paso de vasos maseterinos.
- Cara anterior das pólas: insírese o músculo maseter.
- Cara posterior das pólas: co burato dentario para a arteria dentaria e o nervio dentario inferior.
- Bordo posterior das pólas: forma a parte máis anterior da fosa pterigo-maxilar.