Filoxenia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 10: Liña 10:

== Filoxenias moleculares ==
== Filoxenias moleculares ==
Os organismos poden herdar [[xene]]s de dous xeitos: a través da transferencia vertical, dos proxenitores para a prole, ou por [[transferencia lateral de xenes|transferencia lateral]], na cal os xenes migran para organismos sen parentesco definido, un fenómeno común en [[Procarionte]]s.

[[Carl Woese]] propuxo a teoría de tres dominios de vida ([[Eubacteria]], [[Archaea]] e [[Eucarionte]]s) baseado no descubrimento de que os xenes que codifican o [[ácido ribonucleico|ARN]] son antigos e se distribén enriba de tódalas liñaxes de vida con pequenas ou ningunha transferencia lateral. Por tanto, o ARN son xeralmente usados como reloxos moleculares para reconstruír filoxenias.

Liña 17: Liña 17:

== Probando o taxon ==
== Probando o taxon ==
Debido ao desenvolvemento de técnicas de [[bioloxía comparada]], incluíndo a [[bioloxía molecular]], foi posible comparar grandes cantidades de datos [[Morfoloxía (bioloxía)|morfolóxicos]], [[ecoloxía|ecolóxicos]] e [[comportamento|comportamentais]] coa información proveniente do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] ou sucesións de aminoácidos.

Os caracteres observados están codificados nunha matriz e, a partir dunha serie de premisas (a máis fundamental delas é que os grupos que comparten características iguais deben posuír unha orixe evolutiva común), ás veces xéranse diagramas chamados de filoxenias ou árbores filoxenéticas (que na realiade son representacións gráficas dunha hipótese sobre as relacións evolutivas dos grupos analizados).

Revisión como estaba o 3 de maio de 2016 ás 18:33

Árbore filoxenética dos organismos, segundo Ernst Haeckel (1866)

A filoxenia (do grego: phylon = tribo, raza, e genetikos = relativo á xénese = orixe) é o termo comunmente utilizado para hipóteses de relacións evolutivas (ou sexa, relacións filoxenéticas) dun grupo de organismos, isto é, para determinar as relacións ancestrais entre especies coñecidas (as que viven e as extintas).

Características

A Sistemática Filoxenética, proposta por Willi Hennig, é o estudo filoxenético deses grupos, xeralmente coa finalidade de testar a validez de grupos e a súa taxonomía. De acordo con esta abordaxe, soamente se aceptan como naturais os grupos probadamente monofiléticos. A Sistemática Filoxenética é unha base sobre a cal diversos métodos foron desenvolvidos, dos cales o dominante actualmente é a Cladística.

Comunmente os métodos usados para deducir filoxéneses inclúen parsimonia e máxima verosimilitude. Métodos baseados na distancia constrúen árbores baseadas na semellanza global que é asumida frecuentemente e que aproxima relacións filoxenéticas. Todos os métodos, con excepción da parsimonia, dependen dun modelo matemático implícito ou explícito que describe a evolución dos caracteres observados nas especies analizadas, e é normalmente usado para a filoxenia molecular onde os nucleótidos aliñados son considerados caracteres.

Na parte final do século XIX, a teoría da recapitulación, ou a lei bioxenética de Haeckel foi amplamente aceptada. Esta teoría foi expresada como a "ontoxenia recapitula á filoxenia", isto é, o desenvolvemento dun organismo reflicte exactamente o desenvolvemento evolutivo das especies. Esta teoría perdeu apoios no inicio do século XX por ser incompatible coa evolución e coa xenética, establecidas por Charles Darwin e Gregor Mendel, respectivamente.

Filoxenias moleculares

Os organismos poden herdar xenes de dous xeitos: a través da transferencia vertical, dos proxenitores para a prole, ou por transferencia lateral, na cal os xenes migran para organismos sen parentesco definido, un fenómeno común en Procariontes.

Carl Woese propuxo a teoría de tres dominios de vida (Eubacteria, Archaea e Eucariontes) baseado no descubrimento de que os xenes que codifican o ARN son antigos e se distribén enriba de tódalas liñaxes de vida con pequenas ou ningunha transferencia lateral. Por tanto, o ARN son xeralmente usados como reloxos moleculares para reconstruír filoxenias.

Isto foi particularmente útil para a filoxenia de microorganismos para os cales o concepto de especies non se aplica e que son morfoloxicamente moi simples.

Probando o taxon

Debido ao desenvolvemento de técnicas de bioloxía comparada, incluíndo a bioloxía molecular, foi posible comparar grandes cantidades de datos morfolóxicos, ecolóxicos e comportamentais coa información proveniente do ADN ou sucesións de aminoácidos.

Os caracteres observados están codificados nunha matriz e, a partir dunha serie de premisas (a máis fundamental delas é que os grupos que comparten características iguais deben posuír unha orixe evolutiva común), ás veces xéranse diagramas chamados de filoxenias ou árbores filoxenéticas (que na realiade son representacións gráficas dunha hipótese sobre as relacións evolutivas dos grupos analizados).

Cando un grupo de organismos (clado) presenta unha orixe en común, é considerado natural. Cando ese grupo representa un taxon recoñecido, ese taxon é considerado válido ou natural.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas