Lingua lusitana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 84: Liña 84:
M·<br />
M·<br />
[[Image:Lusitano2.jpg|200px]]|}
[[Image:Lusitano2.jpg|200px]]|}










Revisión como estaba o 12 de xuño de 2007 ás 10:52

O lusitano é unha lingua paleohispánica da familia indoeuropea, coñecida por unhas cinco inscricións e abundantes antropónimos, topónimos e teónimos, e falada no territorio da antiga Lusitania romana ata algún momento dos primeiros séculos da nosa era.

A Lusitania histórica, é dicir, o territorio habitado polos pobos lusitanos estenderíase polo centro-sur do tejo e parte da actual Extremadura.

Historia

É de supoñer que, ao igual que todos os demais pobos indoeuropeos, os lusitanos entraron na península nalgún momento anterior ao s. II a.C, pudendo ser mesmo anterior á expansión celta do século VIII - VII antes da nosa era e cunha data probable no século VI antes da nosa era. Algúns autores considéranos provenientes dos Alpes e outros en cambio prefiren consideralos un pobo autóctono.

A Lusitania foi conquistada por Roma cara o -150. Ao igual cás demais linguas peninsulares, o lusitano finalmente sucumbiu á presión e o prestixio do latín.

Relación con outras linguas

Como xa se mencionou, trátase dunha lingua indoeuropea, pero a súa filiación exacta segue a ser discutida.

  • Unha primeira teoría relaciona a lingua coa rama céltica. A teoría baséase en parte no feito de seren os celtas historicamente os únicos pobos indoeuropeos dos que se ten noticia na península. Pero maior peso ten a obvia celticidade de parte do léxico, sobre todo os antropónimos e topónimos. Existe un problema substancial nesta teoría: a conservación inicial do /p/, como se ve en PORCOM. As linguas celtas perden este /p/ inicial ao longo da evolución: compárese athir / orc (irlandés) e pater / porcum (latín) significando "pai" e "porco" respectivamente. A presenza deste /p/ poderíase explicar por ser unha lingua celta moi primitiva, anterior á perda ou ben por seren estas palabras préstamos del latín.
  • Unha segunda teoría, defendida por F. Villar e Rosa Pedrero, pona en relación coas linguas itálicas. A teoría baséase en paralelismos de nomes de deuses (Consus latín / Cossue lusitano, Seia latín / Segia lusitano, Iovia marrucino / Iovea(i) lusitano) e outro léxico (gomia umbro / comaiam lusitano) xunto con algúns outros elementos gramaticais.
  • Finalmente Schmoll propuxo que o lusitano constitúe unha rama propia da familia indoeuropea, que chama galego-lusitano.

Non existen textos de suficiente lonxitude como para decidir o tema nunha ou outra dirección.

Extensión xeográfica

As inscricións atopáronse en Arroyo de la Luz (España), Cabeço das Fráguas (Guarda, Portugal) e Lamas de Moledo (Viseu, Portugal). Sese ten en conta tamén a información dada polos diferentes teónimos, antropónimos e topónimos, a extensión corresponde ao nordeste do moderno Portugal e zonas adxacentes de España, con centro na Serra da Estrela.

Existen sospeitas fundadas de que a zona dos pobos galaicos, astures e quizais os vetóns, é dicir, todo o noroeste peninsular, falarían linguas emparentadas co lusitano.

Textos

A continuación os textos coñecidos:


Lamas de Moledo: Cabeço das Fráguas: Arroyo de la Luz (I y II): Arroyo de la Luz (III):

RUFUS ET
TIRO SCRIP
SERUNT
VEAMINICORI
DOENTI
ANGOM
LAMATICOM
CROUCEAO
MACA
REAICOI PETRANOI R(?)
ADOM PORCOM IOUEAS(?)
CAELOBRICOI

OILAM TREBOPALA
INDI PORCOM LAEBO
COMAIAM ICONA LOIM
INNA OILAM USSEAM
TREBARUNE INDI TAUROM
IFADEM REUE...

AMBATVS
SCRIPSI
CARLAE PRAISOM
SECIAS ERBA MVITIE
AS ARIMO PRAESO
NDO SINGEIETO
INI AVA INDI VEA
VN INDI VEDAGA
ROM TEVCAECOM
INDI NVRIM INDI
VDEVEC RVRSENCO
AMPILVA
INDI
LOEMINA INDI ENV
PETANIM INDI AR
IMOM SINTAMO
M INDI TEVCOM
SINTAMO

ISACCID·RVETI ·
PVPPID·CARLAE·EN
ETOM·INDI·NA.[
....CE·IOM·

|}







Todas as inscricións coñecidas están inscritas sobre pedra en alfabeto latino.

Bibliografía

  • Prósper, Blanca María, Lenguas y religiones prerromanas del occidente de la Península Ibérica, Salamanca, 2002, ISBN 84-7800-818-7
  • Palaeohispanica (revista sobre lengua y culturas de la Hispania antigua), tomo 1 (págs. 235-274), Zaragoza, 2001, ISSN 1578-5386.

Ligazóns externas