Backgammon: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Liña 34: Liña 34:
==Notas==
==Notas==
{{Listaref}}
{{Listaref}}

{{Control de autoridades}}


{{Commons}}
{{Commons}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Xogos de mesa]]
[[Categoría:Xogos de mesa]]

Revisión como estaba o 3 de maio de 2016 ás 11:35

Taboleiro de backgammon con dous xogos de quince fichas, dous dados e un gobelete cada un.

O antigo xogo de mesa para dous xogadores chamado táboas reais, rebautizado como chaquete ao volver introducirse desde Francia, actualmente é coñecido co nome inglés backgammon.

Nas partidas cada xogador ten quince fichas que vai movendo entre vinte e catro triángulos (puntos) segundo o que saia nos seus dous dados. O obxectivo do xogo é ser o primeiro en conseguir mover as súas quince fichas fora do taboleiro.

Historia

Taboleiro antigo de backgammon

O backgammon é o xogo de mesa máis antigo do que se teñen rexistros. Crese que tivo a súa orixe no antigo Exipto, Sumeria ou Mesopotamia baixo o Imperio Persa(نرد) (actualmente Irán, Iraq e Siria). A forma actual do backgammon foi inventada en Persia por Buzurgmihr. Tamén é chamado Table (pronúnciase tal como se escribe), Tawle, Taule, entre outros, especialmente polos árabes. Para este pobo é parte das súas tradicións.

Fabrícanse de moitos materiais, pero destacan os feitos polos árabes en "cuncha e perla", en especial os dun pobo de Palestina, próximo a Belén, Bait-Sahour, feitos a man por artesáns.

Regras

O backgammon é un xogo sinxelo con profundos elementos estratéxicos. Non fai falla moito tempo para aprender a xogar, aínda que en ocasións aparecen escuras situacións que requiren unha coidadosa interpretación das regras. A duración de cada xogo é curta, así que cando non é xogado por diñeiro (apostas) este é xogado en roldas ou partidas, por exemplo o primeiro en facer cinco puntos.

Posición inicial das fichas.

Un xogo de backgammon consta de dúas fases: a fase de contacto, que é cando as fichas máis atrasadas dos xogadores aínda poden ser capturadas, e a fase de carreira, na cal as fichas dos xogadores xa non poden ser capturadas e só depende do valor dos dados para retirar as fichas.

Cada lado do taboleiro ten doce casas adxacentes, formadas por triángulos alargados. As casas ou puntos imaxina que están conectadas unhas con outras, formando unha cadea de vinte e catro triángulos alargados. Os triángulos alternan a cor e están agrupados en catro cuadrantes de seis triangulos cada un. Os cuadrantes son exteriores ou interiores para cada xogador. Os cuadrantes exteriores e os interiores están separados por unha barra.

Os puntos están numerados do 1 ao 24, coas fichas sempre movéndose dos puntos coa numeración máis alta cara á máis baixa. Os dous xogadores moven as súas fichas en direccións opostas, dando como resultado que o punto 1 para un xogador é o punto 24 para o outro. Con todo, algúns xogos manteñen a numeración dos puntos desde a perspectiva dun xogador.

Cada xogador comeza con dúas fichas no seu punto 24, tres fichas no seu punto 8, cinco fichas no seu punto 6 e outras cinco fichas no seu punto 13. As fichas dos xogadores son de distinta cor, un escuro e o outro claro.

Dado compartido.

Cada xogador ten o seu propio par de dados e un dado compartido. Este dado é para o dobrado cos números 2, 4, 8, 16, 32 e 64, úsase para gardar o valor final do xogo.

O dado de apostas

O backgammon xógase por unha aposta acordada (ou un número de puntos nos xogos de torneo). Durante o transcurso do xogo, un xogador que cre ter a vantaxe suficiente pode propor duplicar as súas apostas. Só poderá facelo ao chegar a súa quenda e antes de tirar os dados. Un xogador ao que se ofreza dobrar, pode rexeitalo, pero, nese caso, dará por perdida a partida e pagará a aposta orixinal. A alternativa é aceptar o dobre e seguir xogando pola nova aposta máis alta. Un xogador que acepta un dobre convértese no propietario do dado e só el poderá realizar o seguinte dobre. Os dobres subseguintes nunha mesma partida chámanse redobres. Se un xogador rexeita un redobre, deberá pagar a aposta que estaba en xogo antes do redobre. Se non o rexeita, converterase no novo propietario do dado e o xogo continuará cunha aposta dobre á anterior. Os redobles poden aumentar a aposta orixinal ata en 64 veces.[1]

Notas

  1. play65.es "Reglas del backgammon." A ultima ves que se acedeu a ela foi o 2 de febreiro 2008.