Entaboamento: Diferenzas entre revisións
engado control de autoridades |
|||
Liña 29: | Liña 29: | ||
{{Templo grego}} |
{{Templo grego}} |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Elementos arquitectónicos]] |
[[Categoría:Elementos arquitectónicos]] |
Revisión como estaba o 2 de maio de 2016 ás 14:04
Chámase entaboamento ou cornixamento ao conxunto de pezas que gravitan inmediatamente sobre as columnas na arquitectura arquitrabada.
Características
Divídense en tres seccións:
A orixe destes elementos parece proceder do feito de que os antigos construtores imitaran en pedra as formas coas que construían en madeira. Así o arquitrabe sería a trasposición en pedra dunha viga de madeira. Os triglifos do friso serían as cabezas das vigas secundarias que apoian sobre a anterior, e a cornixa sería o bordo da tablazón de madeira.
Sobre a cornixa, apóianse formando un coroamento, outras dúas cornixas en ángulo ou unha soa arqueada chamándose a este conxunto frontón. O espazo circunscrito polo triángulo resultante recibe o nome de tímpano. Os lados do frontón conforman os laterais da cuberta.
Entre as diferentes formas de frontón as máis comúns son:
- o frontón triangular (que é o máis habitual)
- o frontón circular
- o frontón partido
- o frontón aguzado
- o frontón rebaixado (segundo a altura do triángulo)
- o gablete ou piñón, que é un frontón aguzado e de puro adorno propio da arquitectura oxival. Tamén se chama muro piñón á parte alta dun muro terminada en forma triangular.