Conversa usuario:Marcio: Diferenzas entre revisións
Liña 67: | Liña 67: | ||
Xa me dirás que opinas. |
Xa me dirás que opinas. |
||
Saúdos. |
|||
Saudos |
|||
[[Usuario:Marcio|Marcio]] ([[Conversa usuario:Marcio|conversa]]) 1 de maio de 2016 ás 18:27 (UTC) |
[[Usuario:Marcio|Marcio]] ([[Conversa usuario:Marcio|conversa]]) 1 de maio de 2016 ás 18:27 (UTC) |
Revisión como estaba o 1 de maio de 2016 ás 18:28
Benvido(a) á Galipedia, Marcio!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.. HombreDHojalata.conversa 14 de setembro de 2013 ás 18:11 (UTC)
Florín
Florín de Aruba parece unha boa solución entrementres a RAG non se pronuncie. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 27 de decembro de 2013 ás 11:33 (UTC)
criterios de escolla
Ola, Marcio! Como vai?
Mentres non haxa formas prescritivas, entendo que ao existir bibliografía que recomenda unhas formas no canto doutras serve de referencia para retirar as erróneas. Algo similar pasa coa escolla de exónimos. Respecto ao Galizionario, non o teño tan claro; entendo que un dicionario debe ser descritivo e recoller todas as formas usadas, non só as normativas, pero non vexo correcto incluír castelanismos ou incorreccións.
Ti como o ves?
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de abril de 2016 ás 13:20 (UTC)
Concordo co que dis, Estevoaei. Persoalmente retiraría as formas incorrectas e os castelanismos da Galipedia conforme a bibliografía máis actualizada e rigorosa ao respecto, que é neste caso a de Henrique Costas. Mais hai casos nos que hai unha contradición entre este autor e o que figura no dicionario da RAG por exemplo: chantadino ( DRAG ) - chantadés ( X.H. Costas ) . Aínda que sabemos das moitas eivas do dicionario da Academia tómase de facto como referencia na Galipedia, así que deixaría polo momento as dúas formas.
Así fixo o usuario Jglamela na entrada de Allariz, volvendo a inserir "allaricense", forma que creo que eliminaras, alegando que consta no DRAG. Ben é certo que na páxina 35 do propio libro de X.H.Costas figura tamén "*allaricense" como forma secundaria sinalada cun asterisco e este autor sinala na páxina 33 o seguinte:
"...metemos diante un asterisco (p.e. *boirense) aos xentilicios cos que non estamos moi de acordo coa súa formación pero que deixamos por dúas razóns: a) porque teñen un alto grao de popularidade, e/ou b) porque non se coñecen outras invencións ".
Así que supoño que para non ser máis papistas ca o Papa habería que deixar na Galipedia as formas con asterisco, especialmente se están avaladas polo DRAG.
Empregaría polo tanto a obra de X.H.Costas e o DRAG como fontes principais para os xentilicios galegos.
No Galizionario rexistraría todas as formas en uso, aínda que ( non sei se se pode facer ) na entrada das incorrectas ou sospeitas de castelanismo faríao constar: Forma non recomendada por castelanismo/ etc.
Xa me dirás que opinas.
Saúdos.