Fondo Monetario Internacional: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades e ligazóns externas
m Arranxos varios using AWB
Liña 18: Liña 18:
Dos membros do Consello Executivo 5 son permanentes e pertencen aos 5 Estados que contribúen coa maior cota ao Fondo ([[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Xapón]], [[Alemaña]], [[Francia]] e o [[Reino Unido]]), entanto os outros son elixidos polo Consello dos Gobernadores a partir dun sistema de reagrupamentos de países (non necesariamente sobre base rexional).

O Director Operativo é elixido polo Consello Executivo e presídeo.
O Director Operativo é elixido polo Consello Executivo e presídeo.

O '''FMI''' dispón dun capital posto a disposición dos seus membros e o voto dentro dos seus órganos é ponderado, en razón da cota devengada ao Fondo. Isto fai que, para tomar as decisións máis importantes, son precisas maiorías moi altas (os 2/3 ou os 3/4 dos votos); os [[Estados Unidos de América]] e o grupo dos principais países da [[Unión Europea]] posúen de feito o poder de veto.

Liña 26: Liña 26:

== Directores administrativos ==
== Directores administrativos ==
Non é unha regra oficial, mais os directores administrativos do FMI acostuman ser europeos, e o presidente do [[Banco Mundial]], norteamericano.
Non é unha regra oficial, mais os directores administrativos do FMI acostuman ser europeos, e o presidente do [[Banco Mundial]], norteamericano.

* Maio 1946 - maio 1951, [[Camille Gutt]], [[Bélxica]]
* Maio 1946 - maio 1951, [[Camille Gutt]], [[Bélxica]]

Revisión como estaba o 29 de abril de 2016 ás 16:38

Sede do FMI, Washington

O Fondo Monetario Internacional (en inglés International Monetary Fund, que acostuma abreviarse como FMI en galego e como IMF en inglés) é, xunto co Banco Mundial, unha das organizacións internacionais denominadas de Bretton Woods, así ditas pola sede da Conferencia que sancionou a súa creación. O Acordo Constitutivo adquiriu eficacia en 1945 e ambas organizacións naceron en maio de 1946. Actualmente os Estados membros son 184. O FMI configúrase como unha institución especializada das Nacións Unidas. A súa sede radica en Washington (Estados Unidos de América).

A condicións esixidas polo FMI para a concesión de empréstimos suscitaron unha serie de críticas nos últimos anos. O Fondo Monetario Internacional é, de feito, un dos piares da globalización económica e dos promotores do denominado Consenso de Washington.

Fins estatutarios do FMI

No artigo 1º do Acordo Constitutivo están definidos os obxectivos do FMI:

  • Promover a cooperación monetaria internacional,
  • Facilitar a expansión do comercio internacional,
  • Promover a estabilidade e a orde dos rendementos dos cambios, evitando devaliacións competitivas,
  • Dar confianza aos Estados membros facendo dispoñíbeis, con adecuadas garantías, os recursos do Fondo para afrontar dificultades da balanza dos pagamentos,
  • En relación co fin anterior, abreviar a duración e reducir a medida dos equilibrios das balanzas dos pagamentos dos Estados membros.

Estrutura organizativa do FMI

Os órganos principais do FMI son o Consello de Gobernadores (Board of Governors) de composición plenaria; o Consello Executivo ), composto de 24 Directores Executivos (Executive Directors) e o Director Operativo (Managing Director). O Consello de Gobernadores reúnese, por norma, unha vez ao ano e as súas funcións son en boa medida delegadas ao Consello Executivo, que é permanente.

Dos membros do Consello Executivo 5 son permanentes e pertencen aos 5 Estados que contribúen coa maior cota ao Fondo (Estados Unidos, Xapón, Alemaña, Francia e o Reino Unido), entanto os outros son elixidos polo Consello dos Gobernadores a partir dun sistema de reagrupamentos de países (non necesariamente sobre base rexional).

O Director Operativo é elixido polo Consello Executivo e presídeo.

O FMI dispón dun capital posto a disposición dos seus membros e o voto dentro dos seus órganos é ponderado, en razón da cota devengada ao Fondo. Isto fai que, para tomar as decisións máis importantes, son precisas maiorías moi altas (os 2/3 ou os 3/4 dos votos); os Estados Unidos de América e o grupo dos principais países da Unión Europea posúen de feito o poder de veto.

Diferenzas entre o FMI e o Banco Mundial

Hai certa confusión entre o FMI e o Banco Mundial. O FMI está encargado dos balances comerciais dos Estados membros con auditoría independente, ademais das funcións sinaladas arriba. O Banco Mundial, fai empréstimos a longo prazo, con propósitos xerais; como banco de investimento é un intermediario entre os solicitantes (gobernos ou países) e os prestatarios (corporacións ou individuos). O FMI só realiza empréstimos cando os seus países membros necesitan estabilizar as súas economías ou as taxas de cambio con certa rapidez, e estes empréstimos han ser pagados nun prazo de 5 anos.

Directores administrativos

Non é unha regra oficial, mais os directores administrativos do FMI acostuman ser europeos, e o presidente do Banco Mundial, norteamericano.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas