Midas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Midas"
 
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 20: Liña 20:
{{Modelo:Listaref}}
{{Modelo:Listaref}}


== Bibliografía ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''Historia Universal século'' XXI. ''Los imperios del Antiguo Oriente. La primera mitad del primer milenio.'' [[:es:Special:BookSources/8432300489|ISBN 84-323-0048-9]]
* ''Historia Universal século'' XXI. ''Los imperios del Antiguo Oriente. La primera mitad del primer milenio.'' [[:es:Special:BookSources/8432300489|ISBN 84-323-0048-9]]


== Ligazóns externas ==
=== Ligazóns externas ===
<br>
<br>
* <br>

* [http://web.archive.org/web/http://www.educa.aragob.es/iespluza/Extraescolares/Clasicos%20LUNA/Txt_revista/CL%20Midas.htm Historia completa do rei Midas].
* [http://web.archive.org/web/http://www.educa.aragob.es/iespluza/Extraescolares/Clasicos%20LUNA/Txt_revista/CL%20Midas.htm Historia completa do rei Midas].



Revisión como estaba o 28 de abril de 2016 ás 08:04

Midas ante Baco, cadro do clasicista francés Poussin, representanto o momento final no que Midas agradece a Dioniso que o liberase do don.
Reconstrución da tumba do rei Midas no Museo das Civilizacións de Ankara, Turquía.

Midas (en grego Μίδας, chamado Mita en fontes asirias) foi un rei de Frixia que gobernou no período entre o -740 e o -696, aproximadamente.

Traxectoria

Casado cunha grega, foi o primeiro rei estranxeiro que mandou un agasallo ao santuario de Delfos. Probabelmente, foi durante o seu reinado cando Frixia adoptou o alfabeto grego.

O reinado de Midas supón a maior época de esplendor de Frixia, que se expandiu cara ao leste, até a fronteira con Urartu, ocupando unha extensa zona de Asia Menor. Mantivo relacións comerciais con Asiria e Urartu, alcanzando o rei unha riqueza extraordinaria, que chamou a atención dos gregos, quen lle dedicaron un espazo na mitoloxía.

Contemporáneo de Tiglath-Pileser III, Salmanasar V, e Sargón II, durante moitos anos instigou levantamentos dos principados de Asia Menor contra Asiria, apoiando a Hama, Karkemish, Tabal, Gurgum, Kummukhu e Meliddu, ata que finalmente foi atacado por Sargón II. Medorento do poder do asirio, Midas envioulle unha embaixada, declarándose vasalo.

Despois dos conflitos con Sargón II, sufriu invasións dos cimerios, que destruíron a capital Gordio. Segundo a tradición, Midas suicidouse e así terminou o curto período hexemónico de Frixia.

O mito

Na mitoloxía grega, Midas era rei de Frixia, e fillo de Gordias[1]. Tiña unha filla chamada Zoe[2].

Pola súa hospitalidade con Sileno, Dioniso outorgoulle o poder de converter en ouro todo canto tocase. Vendo que non podía comer os alimentos que ao seu contacto quedaban transformados no devandito metal, pediu ao deus que o liberase do seu don, para o que tivo que bañarse no río Pactolo, que desde entón contivo areas auríferas[3].

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Historia Universal século XXI. Los imperios del Antiguo Oriente. La primera mitad del primer milenio. ISBN 84-323-0048-9

Ligazóns externas