Public Broadcasting Service: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:PBS network color words logo.png|miniatura|Antigo logo de PBS.]]
'''Public Broadcasting Service''' '''(PBS)''' (en galego ''Servizo Público de Radiodifusión''), é a rede de televisión pública dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], creada no [[1969]] e que comezou a súa emisión regular o [[5 de outubro]] do [[1970]], substituíndo á anterior rede de televisión pública dos EUA, a '''National Education Television''' '''(NET)''' ''(Televisión Educativa Nacional)''. Pouco despois desa data, a NET, a institución predecesora da PBS, fusionouse coa WNDT-TV, a filial da PBS en [[Newark, Nova Jersey|Newark]] ([[Nova Jersey]]), para formar '''WNET-TV''', que emite para [[Nova York]] e Nova Jersey e as súas áreas de influencia, volvéndose unha das principais televisións membros da PBS.
'''Public Broadcasting Service''' '''(PBS)''' (en galego ''Servizo Público de Radiodifusión''), é a rede de televisión pública dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], creada no [[1969]] e que comezou a súa emisión regular o [[5 de outubro]] do [[1970]], substituíndo á anterior rede de televisión pública dos EUA, a '''National Education Television''' '''(NET)''' ''(Televisión Educativa Nacional)''. Pouco despois desa data, a NET, a institución predecesora da PBS, fusionouse coa WNDT-TV, a filial da PBS en [[Newark, Nova Jersey|Newark]] ([[Nova Jersey]]), para formar '''WNET-TV''', que emite para [[Nova York]] e Nova Jersey e as súas áreas de influencia, volvéndose unha das principais televisións membros da PBS.



Revisión como estaba o 25 de abril de 2016 ás 10:46

Antigo logo de PBS.

Public Broadcasting Service (PBS) (en galego Servizo Público de Radiodifusión), é a rede de televisión pública dos Estados Unidos, creada no 1969 e que comezou a súa emisión regular o 5 de outubro do 1970, substituíndo á anterior rede de televisión pública dos EUA, a National Education Television (NET) (Televisión Educativa Nacional). Pouco despois desa data, a NET, a institución predecesora da PBS, fusionouse coa WNDT-TV, a filial da PBS en Newark (Nova Jersey), para formar WNET-TV, que emite para Nova York e Nova Jersey e as súas áreas de influencia, volvéndose unha das principais televisións membros da PBS.

A PBS podería describirse dunha rede de televisións públicas que contan con licenzas de emisión de televisión educativa non comercial polos cales non emiten publicidade (sendo financiadas por axudas voluntarias de institucións, empresas e dos propios telespectadores - Viewers Like You, "Telespectadores coma vostede") e que manteñen un compromiso de televisión de servizo público (en contraste coas outras canles de televisión nos EUA de vontade claramente comercial), e que foron maioritariamente fundados por organizacións educativas e comunitarios.

A rede PBS consta de 169 operadoras membros que posúen as ditas licenzas educativas non comerciais que operan 348 emisoras de televisión. Destas 169, 86 son de organización comunitarias, 57 de universidades, 20 de autoridades estatais e 6 de autoridades locais ou municipais.

Á parte da lexislación que os regula, outra diferenza que distingue a PBS e as súas filiais das demais redes de televisión como ABC, NBC, CBS e Fox, é que as estacións filiais da PBS teñen autonomía para elixir e comprar os programas que desexan que sexan distribuídas ou pola rede PBS ou dereitamente polas emisoras individuais. Isto fai que a programación teña un alto nivel de contidos locais ou dirixidos ó seu público específico, a diferenza dos anteriormente mencionados canles comercias no que as súas filiais entregan gran parte do seu tempo no aire para a programación da rede nacional da cadea ás que están afiliadas.

A diferenza do seu homólogo radiofónico, a National Public Radio (NPR), a PBS non conta cun departamento de prensa central, unha produtora nacional, ou uns Servizos Informativos nacionais. Toda a programación de PBS, sexan noticias, documentais ou entretemento son producidas polas emisoras afiliadas ou produtoras independentes que son contratadas polas emisoras afiliadas. As principais afiliadas en termos de produción de programación son, entre outras, WNET-TV en Nova York, WGBH-TV en Boston, WETA-TV en Washington D.C., WQED-TV en Pittsburgh, e WPBT-TV en Miami.

O financiamento da PBS vén das estacións afiliadas (47%), a CPB (Corporation for Public Broadcasting) (Corporación para a Radiodifusión Pública, unha institución creada polo Goberno dos EUA para contribuír na financiamento da radiodifusión pública) (24%), royalties, dereitos de retransmisión, servizos satelitais e ingresos de inversións (14%) e venda de produtos educativos (12%).

Esta canle é a que emite programas infantís de cariz educativo como Sesame Street, Cyberchase, It's a Big Big World, Mister Rogers' Neighbourhood (A Veciñanza do Señor Rogers), e os documentais da National Geographic.