Henry Aldrich: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse unha "Nota".
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse unha "Nota".
Liña 9: Liña 9:
Henry Aldrich era un home dotado duns dons inusualmente diversos. Estudoso dos clásicos, é máis coñecido como autor dun pequeno libro en [[lóxica]] (Artis Logicæ Compendium).<ref name="a_l_c">{{Modelo:Cita libro|last=Aldrich|first=Henry|title=Artis logicæ compendium|year=1750|publisher=[[Oxford University]]|pages=147|url=http://books.google.com/books?id=lxoFAAAAQAAJ|accessdate=22 July 2011|archivedate=17 November 2006|archiveurl=http://books.google.com/books?id=lxoFAAAAQAAJ}}</ref> Malia non ser un innovador no terreo de lóxica (segue estritamente as Summulae Logicales, de Peter of Spain), o uso da súa obra polas sucesivas promocións de estudantes de Oxford amosou a súa notable capacidade de síntese e o seu grande valor didáctico. De feito, o Compendium seguiu a utilizarse en Oxford (na edición revisada de Mansel) ata a segunda metade do século XIX.

Aldrich tamén compuxo himnos e pezas litúrxicas moi salientables, e adaptou moita da música de [[Giovanni Pierluigi da Palestrina|Palestrina]] e de Giacomo Carissimi. Da súa autoría é o coñecido canon "Hark, the bonny Christ Church bells".
Aldrich tamén compuxo himnos e pezas litúrxicas moi salientables<ref>[http://www.poemhunter.com/henry-aldrich/biography/ Catálogo de composicións de Henry Aldrich]. En ''AllMusic.com''</ref>, e adaptou moita da música de [[Giovanni Pierluigi da Palestrina|Palestrina]] e de Giacomo Carissimi. Da súa autoría é o coñecido canon "Hark, the bonny Christ Church bells".
[[Ficheiro:Christ_Church_(Oxford).jpg|miniatura|Peckwater Quadrangle De Christ Igrexa, Oxford, deseñado por Henry Aldrich.]]
[[Ficheiro:Christ_Church_(Oxford).jpg|miniatura|Peckwater Quadrangle De Christ Igrexa, Oxford, deseñado por Henry Aldrich.]]
Entre as súas habilidades destacou tamén a arquitectura. Proba disto son os seus deseños para a igrexa de Todos os Santos ("All Saints Church) e, nomeadamente, o seu [[Campanario|campanario,]] en Oxford, así como tres dos lados do coñecido como Peckwater Quadrangle, da igrexa de Cristo ("Christ Church")<ref>[http://www.poemhunter.com/henry-aldrich/biography/ Traballos de Henry Aldrich]. En ''PoemHunter.com''</ref>.

Revisión como estaba o 21 de abril de 2016 ás 07:46

Henry Aldrich.

Henry Aldrich, nado en 1647 e finado en Oxford (Inglaterra), o 14 de decembro de 1710, foi un teólogo, filósofo, arquitecto e compositor inglés do Barroco.

Vida

Dos primeiros anos coñecemos que Aldrich se formou con Richard Busby na escola de Westminster[1]. En 1662 entrouna Christ Church (a "Igrexa de Cristo", coñecida tamén simplemente como "The House"), en Oxford, da que chegou a ser Deán en 1689, sucedendo ao católico John Massey, quen fuxira ao Continente.[2][3] Entre 1692 e 1695 exerceu como reitor (vice-chancellor) da Universidade de Oxford.[4] En 1702, foi nomeado reitor eclesiástico de Wem, en Shropshire, aínda que continuou residindo en Oxford, onde morreu o 14 de decembro 1710.[5] O seu corpo foi enterrado na catedral de Oxford (Christ Church Catedral), onde, atendendo ao seu propio desexo, non hai monumento conmemorativo ningún.

Obras

Folla autografada dunha partitura de Give ear, O Lord por Aldrich, de Aldrich.

Henry Aldrich era un home dotado duns dons inusualmente diversos. Estudoso dos clásicos, é máis coñecido como autor dun pequeno libro en lóxica (Artis Logicæ Compendium).[6] Malia non ser un innovador no terreo de lóxica (segue estritamente as Summulae Logicales, de Peter of Spain), o uso da súa obra polas sucesivas promocións de estudantes de Oxford amosou a súa notable capacidade de síntese e o seu grande valor didáctico. De feito, o Compendium seguiu a utilizarse en Oxford (na edición revisada de Mansel) ata a segunda metade do século XIX.

Aldrich tamén compuxo himnos e pezas litúrxicas moi salientables[7], e adaptou moita da música de Palestrina e de Giacomo Carissimi. Da súa autoría é o coñecido canon "Hark, the bonny Christ Church bells".

Peckwater Quadrangle De Christ Igrexa, Oxford, deseñado por Henry Aldrich.

Entre as súas habilidades destacou tamén a arquitectura. Proba disto son os seus deseños para a igrexa de Todos os Santos ("All Saints Church) e, nomeadamente, o seu campanario, en Oxford, así como tres dos lados do coñecido como Peckwater Quadrangle, da igrexa de Cristo ("Christ Church")[8].

Outras mostras do seu polifacético enxeño son, por exemplo, unha versión humorística en latín dunha balada moy popular no seu tempo, titulada A soldier and a sailor, A tinker and a tailor ("Un soldado, un mariñeiro, un caldeireiro e un xastre"), así como un epigrama acerca das cinco razóns para beber: Si bene quid memini, causae sunt quinque bibendi; / Hospitis adventus, praesens sitis atque futura, / Aut vini bonitas, aut quaelibet altera causa ("Se penso correctamente, hai cinco razóns para beber: / a chegada dun amigo, a sede de agora e a de despois, / o bo que está o viño, ou algunha outra razón").

Notas

  1. Biografía de Henry Aldrich. En PoemHunter.com
  2. Salter, H. E. and Lobel, Mary D., ed. (1954). "Christ Church". A History of the County of Oxford: Volume 3: The University of Oxford. Victoria County History. pp. 228–238. Consultado o July 27, 2011. 
  3. Horn, Joyce M., ed. (1996). "Deans of Christ Church, Oxford". Fasti Ecclesiae Anglicanae 1541–1857: volume 8: Bristol, Gloucester, Oxford and Peterborough dioceses. Institute of Historical Research. pp. 80–83. Consultado o July 27, 2011. 
  4. "Previous Vice-Chancellors". University of Oxford, UK. Consultado o July 27, 2011. 
  5. Randel, Don Michael, ed. (1996). "Aldrich, Henry". The Harvard biographical dictionary of music. Cambridge, Mass.: Belknap Press of Harvard Univ. Press. pp. 12–13. ISBN 0-674-37299-9. 
  6. Aldrich, Henry (1750). Artis logicæ compendium. Oxford University. p. 147. Arquivado dende o orixinal o 17 November 2006. Consultado o 22 July 2011. 
  7. Catálogo de composicións de Henry Aldrich. En AllMusic.com
  8. Traballos de Henry Aldrich. En PoemHunter.com

Véxase tamén

Bibliografía

  • Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Aldrich, Henry". En Encyclopædia Britannica (11ª edición). Cambridge University Press.
  • O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F., "Henry Aldrich", MacTutor History of Mathematics archive. University of Saint Andrews .

Ligazóns externas