Henry Aldrich: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Henry Aldrich"
 
Moedagalega (conversa | contribucións)
Reparacións de formato en "Notas" e en "Véxase tamén".
Liña 16: Liña 16:
Hospitis adventus, praesens sitis atque futura, /
Hospitis adventus, praesens sitis atque futura, /
Aut vini bonitas, aut quaelibet altera causa ("Se penso correctamente, hai cinco razóns para beber: / a chegada dun amigo, a sede de agora e a de despois, / o bo que está o viño, ou algunha outra razón").
Aut vini bonitas, aut quaelibet altera causa ("Se penso correctamente, hai cinco razóns para beber: / a chegada dun amigo, a sede de agora e a de despois, / o bo que está o viño, ou algunha outra razón").
== Notas ==
{{Reflist}}


== Véxase tamén ==


=== Bibliografía ===
* Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Aldrich, Henry". En Encyclopædia Britannica (11ª edición). Cambridge University Press.


* O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F., "<cite class="citation">[http://www-history.mcs.st-andrews.ac.uk/Biographies/Aldrich.html Henry Aldrich]</cite>", <cite class="citation">''MacTutor History of Mathematics archive''</cite>. <cite class="citation">University of Saint Andrews</cite> .


=== Ligazóns externas ===

== References ==
{{Reflist}}

== Véxase tamén ==
Bibliografía<br>
Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Aldrich, Henry". En Encyclopædia Britannica (11ª edición). Cambridge University Press.
* O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F., "<cite class="citation">[http://www-history.mcs.st-andrews.ac.uk/Biographies/Aldrich.html Henry Aldrich]</cite>", <cite class="citation">''MacTutor History of Mathematics archive''</cite>. <cite class="citation">University of Saint Andrews</cite> .
* <br>
* Ligazóns externas
* [[choralwiki:Henry Aldrich|Partituras de Henry Aldrich]] na Biblioteca Coral de Dominio Público.
* [[choralwiki:Henry Aldrich|Partituras de Henry Aldrich]] na Biblioteca Coral de Dominio Público.
[[Categoría:Nados en 1647]]
[[Categoría:Nados en 1647]]

Revisión como estaba o 21 de abril de 2016 ás 07:39

Henry Aldrich.

Henry Aldrich, nado en 1647 e finado en Oxford (Inglaterra), o 14 de decembro de 1710, foi un teólogo, filósofo, arquitecto e compositor inglés do Barroco.

Vida

Dos primeiros anos coñecemos que Aldrich se formou con Richard Busby na escola de Westminster. En 1662 entrouna Christ Church (a "Igrexa de Cristo", coñecida tamén simplemente como "The House"), en Oxford, da que chegou a ser Deán en 1689, sucedendo ao católico John Massey, quen fuxira ao Continente.[1][2] Entre 1692 e 1695 exerceu como reitor (vice-chancellor) da Universidade de Oxford.[3] En 1702, foi nomeado reitor eclesiástico de Wem, en Shropshire, aínda que continuou residindo en Oxford, onde morreu o 14 de decembro 1710.[4] O seu corpo foi enterrado na catedral de Oxford (Christ Church Catedral), onde, atendendo ao seu propio desexo, non hai monumento conmemorativo ningún.

Obras

Folla autografada dunha partitura de Give ear, O Lord por Aldrich, de Aldrich.

Henry Aldrich era un home dotado duns dons inusualmente diversos. Estudoso dos clásicos, é máis coñecido como autor dun pequeno libro en lóxica (Artis Logicæ Compendium).[5] Malia non ser un innovador no terreo de lóxica (segue estritamente as Summulae Logicales, de Peter of Spain), o uso da súa obra polas sucesivas promocións de estudantes de Oxford amosou a súa notable capacidade de síntese e o seu grande valor didáctico. De feito, o Compendium seguiu a utilizarse en Oxford (na edición revisada de Mansel) ata a segunda metade do século XIX.

Aldrich tamén compuxo himnos e pezas litúrxicas moi salientables, e adaptou moita da música de Palestrina e de Giacomo Carissimi. Da súa autoría é o coñecido canon "Hark, the bonny Christ Church bells".

Peckwater Quadrangle De Christ Igrexa, Oxford, deseñado por Henry Aldrich.

Entre as súas habilidades destacou tamén a arquitectura. Proba disto son os seus deseños para a igrexa de Todos os Santos ("All Saints Church) e, nomeadamente, o seu campanario, en Oxford, así como tres dos lados do coñecido como Peckwater Quadrangle, da igrexa de Cristo ("Christ Church").

Outras mostras do seu polifacético enxeño son, por exemplo, unha versión humorística en latín dunha balada moy popular no seu tempo, titulada A soldier and a sailor, A tinker and a tailor ("Un soldado, un mariñeiro, un caldeireiro e un xastre"), así como un epigrama acerca das cinco razóns para beber: Si bene quid memini, causae sunt quinque bibendi; / Hospitis adventus, praesens sitis atque futura, / Aut vini bonitas, aut quaelibet altera causa ("Se penso correctamente, hai cinco razóns para beber: / a chegada dun amigo, a sede de agora e a de despois, / o bo que está o viño, ou algunha outra razón").

Notas

  1. Salter, H. E. and Lobel, Mary D., ed. (1954). "Christ Church". A History of the County of Oxford: Volume 3: The University of Oxford. Victoria County History. pp. 228–238. Consultado o July 27, 2011. 
  2. Horn, Joyce M., ed. (1996). "Deans of Christ Church, Oxford". Fasti Ecclesiae Anglicanae 1541–1857: volume 8: Bristol, Gloucester, Oxford and Peterborough dioceses. Institute of Historical Research. pp. 80–83. Consultado o July 27, 2011. 
  3. "Previous Vice-Chancellors". University of Oxford, UK. Consultado o July 27, 2011. 
  4. Randel, Don Michael, ed. (1996). "Aldrich, Henry". The Harvard biographical dictionary of music. Cambridge, Mass.: Belknap Press of Harvard Univ. Press. pp. 12–13. ISBN 0-674-37299-9. 
  5. Aldrich, Henry (1750). Artis logicæ compendium. Oxford University. p. 147. Arquivado dende o orixinal o 17 November 2006. Consultado o 22 July 2011. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Aldrich, Henry". En Encyclopædia Britannica (11ª edición). Cambridge University Press.
  • O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F., "Henry Aldrich", MacTutor History of Mathematics archive. University of Saint Andrews .

Ligazóns externas