Marcelino Oreja Aguirre: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
{{Político
{{Político
| tratamento =
| tratamento =
| nome = Marcelino Oreja Aguirre
| nome = Marcelino Oreja Aguirre <br><small>[[Marquesado de Oreja|I marqués de Oreja]]</small>
| imaxe = Marcelino Oreja 2014 - UNED Homenaje a Adolfo Suárez (cropped).jpg
| imaxe = Marcelino Oreja 2014 - UNED Homenaje a Adolfo Suárez (cropped).jpg
| péimaxe = Marcelino Oreja en 2014
| péimaxe = Marcelino Oreja en 2014
| cargo = [[Ministerio de Asuntos Exteriores (España, 1977-1981)|Ministro de Asuntos Exteriores]]
| cargo =
| escudo = Escudo de España (1977-1981).svg
| embaixadorde =
| país =
| inicio = {{data|7|7|1976}}
| inicio = {{data|dd|mm|aaaa}}
| final = {{data|8|9|1980}}
| presidente = [[Adolfo Suárez]]
| final = {{data|dd|mm|aaaa}}
| predecesor =
| predecesor = [[José María de Areilza]]
| sucesor =
| sucesor = [[José Pedro Pérez-Llorca]]
| cargo2 = [[Parlamento europeo|Eurodiputado del Parlamento Europeo]]
| presidente =
| escudo2 = Europarl logo.svg
| inicio2 = {{data|25|7|1989}}
| final2 = {{data|28|6|1993}}
| escudo3 = Escudo de España (1977-1981).svg
| cargo3 = [[Congreso dos Deputados|Deputado en Cortes Xerais]]
| inicio3 = {{data|1|3|1979}}
| final3 = {{data|6|11|1980}}
| distrito3 = [[Guipúscoa]]
| datanac = {{data|12|02|1935|idade}}
| datanac = {{data|12|02|1935|idade}}
| lugarnac = [[Madrid]], {{ESP-1931}}
| lugarnac = [[Madrid]], {{ESP-1931}}
| partido = [[Unión de Centro Democrático|UCD]]<br />[[Partido Popular|PP]] <small>(desde 1989)</small>
| partido =
| afiliacións =
| afiliacións =
| pais =
| pais = {{ESP}}
| parella =
| cónxuxe =
| cónxuxe =
| fillos =
| fillos =
| profesión =
| profesión = Xurista, político e [[diplomático]]
| almamáter =
| almamáter = [[Universidade de Madrid]]
| posgrao =
| posgrao =
| fortuna =
| relixión =
| relixión =
| residencia =
| residencia =

Revisión como estaba o 20 de abril de 2016 ás 18:23

Infotaula de personaMarcelino Oreja Aguirre
I marqués de Oreja
Nome orixinal(es) Marcelino Oreja Aguirre Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1935 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
Ministro de Asuntos Exteriores
Período7 de xullo de 1976 – 8 de setembro de 1980
AntecesorJosé María de Areilza
SucesorJosé Pedro Pérez-Llorca
  Eurodiputado del Parlamento Europeo
Período25 de xullo de 1989 – 28 de xuño de 1993
  Deputado en Cortes Xerais
Período1 de marzo de 1979 – 6 de novembro de 1980
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid - dereito Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónXurista, político e diplomático
Partido políticoUCD
PP (desde 1989)
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
18 de agosto de 2020En defensa do reinado de Xoán Carlos I
9 de abril de 2003Democracia sen rabia Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloMarquess of Oreja (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMarcelino Oreja Arburúa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMarcelino Oreja Elósegui Editar o valor em Wikidata  e Purificación Aguirre Isasi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJaime Mayor Oreja (sobriño)
Carlos Mayor Oreja (sobriño)
Ricardo Oreja (en) Traducir (tío)
Benigno Oreja Elósegui (pt) Traducir (tío) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata


Dialnet: 179179


Marcelino Oreja Aguirre, nado en Madrid o 13 de febreiro de 1935, é un xurista, político e diplomático español. I marqués de Oreja. É tío do tamén político Jaime Mayor Oreja.

Traxectoria

Marcelino Oreja Aguirre pertence a unha familia de destacados empresarios e políticos tradicionalistas vascos. É fillo de Marcelino Oreja Elósegui, deputado tradicionalista e director da empresa Unión Cerrajera de Mondragón, que morreu asasinado durante a Revolución de outubro de 1934 por militantes uxetistas.[1] O seu tío Ricardo Oreja Elósegui foi tamén deputado polas filas tradicionalistas e ocupou un posto como procurador nas Cortes franquistas. Outro tío seu, Benigno, foi un prestixioso médico urólogo e ocupou tamén un posto como procurador nas Cortes.

Doutorado en Dereito pola Universidade de Madrid, formouse na carreira diplomática sendo destinado aos vinte e cinco anos ao gabinete do Ministro de Asuntos Exteriores durante a ditadura franquista. Membro do Grupo Tácito, vinculouse a movementos próximos á democracia cristiá e á dereita democrática representada pola Unión de Centro Democrático, foi nomeado Senador Real na Lexislatura Constituínte e ministro de Asuntos Exteriores durante a transición en 1976 no primeiro goberno de Adolfo Suárez, cargo que mantivo até 1980.

Nas eleccións xerais de 1979 foi elixido deputado ao Congreso pola provincia de Guipúscoa como cabeza de lista da candidatura da UCD. O 25 de novembro de 1980, foi nomeado delegado do Goberno no País Vasco, deixando o seu escano ao número dous por Guipúscoa, o seu sobriño Jaime Mayor Oreja. Ocupou o cargo até mediados de 1982. Tras a desintegración do seu partido nas eleccións de 1982, nas que obtivera a acta de deputado de novo, por Áraba na lista conxunta que presentaron no País Vasco Alianza Popular, o Partido Demócrata Popular, o Partido Demócrata Liberal e Unión de Centro Democrático. Foi Secretario Xeral do Consello de Europa en 1984. En 1989 foi elixido parlamentario europeo nas listas do Partido Popular e colaborou na redacción do primeiro borrador dun modelo de Constitución para a Unión Europea en 1993.

Posteriormente presentouse de novo ás eleccións en España en 1993 pola provincia de Álava nas filas do Partido Popular, sendo elixido deputado. Máis tarde foi designado Comisario Europeo de Transportes e Enerxía en 1994 e participou na elaboración do Tratado de Maastricht. Terminado o seu mandato en 1999, no que se ocupou de Relacións co Parlamento Europeo, relacións cos Estados Membros (en materia de Comunicación, Transparencia e Información), Cultura e Sector Audiovisual, Oficina de Publicacións, Asuntos Institucionais e Preparación da Conferencia Intergobernamental de 1996 (conxuntamente co Presidente Jacques Santer) abandonou a actividade política para dedicarse á empresa privada. É membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas e da Academia Europea de Ciencias e Artes. Tamén é Presidente do Instituto de Estudios Europeos da Universidade CEU San Pablo.[2]

O 9 de abril de 2010 foi nomeado marqués de Oreja[3] polo Rei Xoán Carlos I en recoñecemento á súa traxectoria.[4]

Está casado con Silvia Arburúa, filla do ex ministro franquista Manuel Arburúa de la Miyar.

Notas

  1. El último revolucionario, Diario Vasco, 30 de abril de 2006.
  2. "Instituto Universitario de Estudios Europeos". Consultado o 20 de abril de 2016. 
  3. Prutkov, Kozma, Annuaire de la Noblesse Moderne des Maisons Principales de l'Europe, Montréal, 2010 (ISSN 1925-5594) (fr)
  4. BOE Núm. 86 Viernes 9 de abril de 2010 Sec.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas