Diferenzas entre revisións de «Paracetamol»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Substitución automática de texto (-biodisponibilidade +biodispoñibilidade))
m (Arranxos varios using AWB)
{{Aviso médico}}
[[Ficheiro:4-Nitrophenol acsv.svg|miniatura|[[4-nitrofenol]], precursor da síntese de ''p''-acetaminofeno.]]
O '''paracetamol''' ([[DCI]]) ou '''acetaminofén''' ('''acetaminofeno''') é un [[fármaco]] con propiedades analxésicas, sen propiedades antiinflamatorias clinicamente significativas. Actúa inhibindo a síntese de [[prostaglandina]]s, mediadores celulares responsables da aparición da [[dor]]. Ademais, ten efectos [[antipirético]]s. Preséntase habitualmente en forma de [[cápsula (medicamento)|cápsulas]], [[comprimido]]s, [[supositorio]]s ou pingas de administración oral.
 
É un ingrediente frecuente dunha serie de produtos contra o [[arrefriado común]] e a [[gripe]]. A dose estándar é case segura, pero o seu baixo prezo e ampla dispoñibilidade deron como resultado frecuentes casos de [[sobredosificación]]. Nas doses indicadas o paracetamol non afecta á [[mucosa]] [[Estómago|gástrica]] nin á [[coagulación]] [[sangue|sanguínea]] ou os [[ril]]es, pero si ao fígado, severamente.
 
A diferenza dos analxésicos [[opioide]]s, non provoca euforia nin altera o estado de humor do paciente. Do mesmo xeito que os [[antiinflamatorios non esteroideos]] ([[AINE]]s), non se asocia con problemas de [[adicción]], [[Tolerancia (droga)|tolerancia]] e [[síndrome de abstinencia]].
En 1946, o Instituto para o Estudo de Drogas Analxésicas e Sedantes outorgou unha subvención ao Ministerio de Sanidade de [[Nova York]] para estudar os problemas asociados co uso de analxésicos. Bernard Brodie e [[Julius Axelrod]] foron asignados para investigar por que compostos non relacionados coa aspirina daban lugar a [[metahemoglobinemia]], unha [[síndrome]] non letal consistente na deformación da [[molécula]] da [[hemoglobina]] e por tanto causante da súa incapacidade para transportar [[Osíxeno molecular|osíxeno]] de forma efectiva. En [[1948]] ambos os investigadores relacionaron o uso da acetanilida coa metahemoglobinemia e deduciron que o seu efecto analxésico era debido ao seu metabolito paracetamol. Propuxeron o uso de paracetamol (acetaminofén) xa que este non tiña os efectos [[tóxico]]s da acetanilida.<ref name="Jpharmacol1948-Brodie">Brodie BB & Axelrod J (1948). ''J. Pharmacol. Exp. Ther.'' '''94''': 29-38.</ref>
 
O paracetamol foi posto á venda nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en [[1955]] baixo o nome comercial Tylenol. En [[1956]], pastillas de 500 &nbsp;mg de paracetamol puxéronse á venda no [[Reino Unido]] baixo o nome de Panadol, producido por Frederick Stearns & Co, unha filial de Sterling Drug Inc. Ao principio Panadol estivo dispoñible unicamente con [[receita médica]], para o alivio da dor e a [[febre]], e foi anunciado como "inocuo para o estómago", debido a que outros analxésicos da época contiñan ácido acetilsalicílico, un irritante coñecido do [[estómago]], pero xa en abril do 2009 a [[Administración de Alimentos e Medicamentos]] de [[Estados Unidos de América|EUA]] obriga a fabricantes a informar que o paracetamol, cando se administra en doses moi altas ou xunto con bebidas alcohólicas, pode ser altamente tóxico e potencialmente mortal, en virtude dos danos que pode causar ao fígado.<ref> [http://www.fda.gov/downloads/advisorycommittees/committeesmeetingmaterials/drugs/drugsafetyandriskmanagementadvisorycommittee/ucm168778.pdf Briefing Materials For Drug Safety And Risk Management Anesthetic And Life Support And Nonprescription Drugs Advisory Commitee Meeting] </ref> En xuño de [[1958]] comercializouse unha formulación para nenos, Panadol Elixir. En [[1963]] o paracetamol engadiuse ao [[vademécum]] británico, e desde entón popularizouse como un analxésico con poucos [[efectos secundarios]] e con poucas interaccións con outros medicamentos.
 
A [[patente]] sobre o paracetamol expirou nos Estados Unidos, e varios xenéricos están amplamente dispoñibles baixo a Acta de Competitividade de Prezos e a Lei de Restauración de Patentes de [[1984]], aínda que certos preparados de Tylenol estiveron protexidos até o 2007. Nos EUA, a patente número 6.126.967 do [[3 de setembro]] de [[1998]] foi concedida para a "liberación estendida de preparados de acetaminofén".
== Dispoñibilidade comercial ==
[[Ficheiro:Panadol suppositories.jpg|esquerda|miniatura|180px|Supositorios de paracetamol.]]
Normalmente comercialízase como suspensión líquida, en [[comprimido]]s ou como [[supositorio]].
 
O ''Panadol'', que se vende en [[Europa]], [[América Latina]], [[Asia]] e [[Australia]], é a marca máis estendida, vendida en máis de 80 países. En [[Norteamérica]], o paracetamol véndese como xenérico ou baixo varias marcas: por exemplo ''Tylenol'' (McNeil - PPC, Inc), ''Anacin 3'' e ''Datril''.
 
Nalgunhas formulacións o paracetamol combínase co [[opioide]] [[codeína]], ás veces chamado co-codamol, por exemplo o [[Algidol]] ([[Almirall]]) en [[España]], o que o converte en máis tóxico{{Cómpre referencia|data=abril de 2010}}. Nos Estados Unidos e [[Canadá]] véndese como Tylenol 1/2/3/4; nos Estados Unidos só se pode adquirir con [[receita médica]], o contrario que en [[Canadá]]. No [[Reino Unido]] e noutros moitos países, esta combinación véndese como Tylex CD e Panadeine. Outras marcas dispoñibles son: Captin, Disprol, Dymadon, Fensum, Hedex, Mexalen, Nofedol, Pediapirin, Atamel e Perfalgan. En [[España]] pode adquirirse indistintamente como xenérico ou como medicamento "de marca", como o moi coñecido ''Efferalgan'' de ([[Upsa Laboratoires]]), ''Termalgin'' ([[Novartis]]), ''Gelocatil'' ou ''Frenadol'' (composto con [[Dextrometorfano]], [[ácido ascórbico]] e [[clorfenamina]] comercializado por [[McNeil]]).
 
Tamén se pode combinar con [[oxicodona]], por exemplo o ''Percocet'' en Estados Unidos.
 
A eliminación é principalmente urinaria. O 90% da dose inxerida elimínaa o ril en 24 horas, principalmente como glucurónidos (60 a 80%) e sulfoconxugados (20 a 30%). Menos do 5% elimínase sen modificar.
A semi-vida de eliminación do paracetamol é de 2-4 horas nos pacientes coa función hepática normal, sendo practicamente indetectable no plasma 8 horas despois da súa administración. Nos pacientes con disfunción hepática a semi-vida aumenta substancialmente, o que pode ocasionar o desenvolvemento dunha necrose hepática.<ref>Benson GD. Acetaminophen in chronic liver disease. Clin Pharmacol Ther 1983;33:95?101 </ref>
 
== Toxicidade ==
{{Artigo principal|Toxicidade do paracetamol}}
=== Consideracións xerais ===
O paracetamol ten un [[índice terapéutico]] moi axustado. Isto significa que a [[dose]] normal (un máximo ao día de 4 gramos en adultos) é próxima á sobredose<ref name=A>Antonio J. Arnal Meinhardt. [http://tudoctoronline.blogspot.com.es/#!/2012/09/el-acetamonofen-o-paracetamol-es-una.html El Acetamonofén o Paracetamol es un fármaco para toda la familia] ''Rev TuDoctorOnline. Consultado 18 de setembro de 2012.</ref>., facendo del un composto perigoso. Unha dose única de paracetamol de 10 [[gramo|g]] ou doses continuadas de 5 g/día nun non consumidor de alcol con boa saúde, ou 4 g/día nun consumidor habitual de alcol, poden causar danos importantes no fígado. Sen un tratamento adecuado no momento oportuno, a sobredose ou a dose case normal de paracetamol pode dar como resultado un fallo hepático (insuficiencia hepática) seguido da morte inevitable. Debido á ampla dispoñibilidade sen receita do paracetamol (acetaminofen) -como Especialidade Farmacéutica Publicitaria, EFP=OTC (OTC nos EEUU)-, este utilizouse en moitos intentos de [[suicidio]]. O antídoto específico da intoxicación por paracetamol - ou acetaminofen - é a Acetil-Cisteína por vía intravenosa. A FDA -axencia para medicamentos e alimentos dos EEUU - pediu a todos os laboratorios que deixasen de comercializar paracetamol - acetaminofen - en doses unitarias superiores a 650 &nbsp;mg; doses totais diarias de 3.000 &nbsp;mg (3gr) poden ser moi tóxicas ou mortais para algunhas persoas.<ref>Da Oliva, S.; Cánovas, A.; Mencías, E. (2001). "Revisión das intoxicacións por paracetamol consultadas ao Servizo de Información Toxicolóxica. Comunicación presentada no ''XIV Congreso Español de Toxicoloxía''. Murcia, 26-28 de setembro de 2001". ''Revista de Toxicoloxía''. ISSN: 1697-0748, '''18''' (3): 183. [http://www.aetox.com/wp-content/revista/revtox.18.3/revtox.18.3.clinica.pdf Dispoñible en liña].</ref>
 
O paracetamol non debe tomarse tras consumir alcol, debido a que o [[fígado]], cando está metabolizando o [[etanol|alcol]], non pode metabolizar simultaneamente o paracetamol, aumentando por tanto o risco de hepatotoxicidade. Usado responsablemente, o paracetamol é un dos tratamentos máis seguros dispoñibles para a [[analxesia]]. O composto carece de efectos sobre o sistema da [[ciclooxigenasa]], por tanto non ten efectos negativos sobre o [[esófago]], estómago, [[intestino delgado]] ou [[intestino groso]], ao contrario que os [[antiinflamatorios non esteroideos|AINEs]]. Ademais, os pacientes con [[enfermidade]]es do [[ril]] poden tomar paracetamol mentres que os AINEs poden provocar [[insuficiencia renal]] aguda a certos pacientes. Ademais, o paracetamol ten poucos problemas de interacción con outros medicamentos.
 
A potencia do analxésico é equivalente, cando non hai inflamación, á dos AINEs, sempre que a dose de paracetamol sexa a adecuada. Un gramo diario de paracetamol ten un efecto analxésico equivalente ao dos AINEs, por exemplo en [[osteoartritis]] (En España, [[artroses]]). Cando se administra simultaneamente con 50 &nbsp;mg do [[antidepresivo tricíclico]] [[amitriptilina]] dúas veces ao día, dita combinación é tan eficaz como a de paracetamol e [[codeína]], pero non perde efectividade co tempo como ocorre coa administración crónica de [[narcótico]]s. A diferenza do ácido acetilsalicílico, o paracetamol non contribúe ao [[síndrome de Reye]] en nenos con enfermidades [[Viroloxía|víricas]]. Estes factores fixeron do paracetamol o analxésico preferido para pacientes hospitalizados en casos de dor suave a moderado, ademais de ser o analxésico máis utilizado en pacientes ambulatorios.
 
O paracetamol é extremadamente tóxico para os [[can]]s, [[gato]]s etc. e non debería serlles administrado baixo ningunha circunstancia.<ref>Allen AL (2003). "The diagnose of acetaminophen toxicosis in a cat". ''Can Vet J'' '''44''' (6): 509-10. PMID [http://www.pubmedcentral.gov/articlerender.fcgi?tool=pubmed&pubmedid=12839249 Dispoñible en liña]</ref> Calquera caso sospeitoso debería ser tratado por un [[veterinario]] para proceder á desintoxicación.<ref>Villar D, Buck WB, Gonzalez JM (1998). "Ibuprofen, aspirin and acetaminophen toxicosis and treatment in dogs and cats". ''Vet Hum Toxicol'' '''40''' (3): 156-62. PMID</ref> O tratamento en gatos é moi similar ao dos humanos.
 
O acetaminofeno é o analxésico máis amplamente usado nos Estados Unidos (Tylenol), pero pode causar danos ao fígado en doses ordinarias ou lixeiramente superiores. Ese feito será unha noticia para moitos consumidores pero algo sabido para os especialistas en fígado, e recoñeceuse oficialmente en abril de 2009, pola [[Administración de Alimentos e Medicamentos]] (FDA, polas súas siglas en inglés). O comité consultivo da FDA declarou hai 32 anos: "Non se debe exceder a dosificación recomendada [acetaminophen-Tylenol] porque pode causar lesión hepática severa e mesmo a morte".{{Cómpre referencia|data=novembro de 2012}}
 
=== Factores de risco ===
A dose tóxica de paracetamol é moi variable. En adultos, doses únicas por encima de 7,5 g ou 150 &nbsp;mg/kg teñen unha probabilidade razoable de causar hepatotoxicidade. En adultos, doses de máis de 25 gramos son potencialmente letais. Tamén pode darse hepatotoxicidade cando doses pequenas pero múltiples superan ditas cantidades en 24 horas, ou mediante inxesta crónica de pequenas doses. Con todo, a sobredose involuntaria de paracetamol en nenos raramente ten como resultado este tipo de toxicidade. Este feito podería atribuírse en parte ao sistema do citocromo P450, inmaturo aínda nos nenos. O consumo excesivo de alcol pode afectar a función [[ril|renal]] e incrementar a toxicidade do paracetamol. Por esta razón, tras grandes inxestas de alcol recoméndanse outros analxésicos como o [[ibuprofeno]] ou o ácido acetilsalicílico.
 
Algunhas persoas son máis propensas á hepatotoxicidade, mesmo con doses baixas como 4 gramos/día, e as doses letais poden baixar até 6 g/día. O [[xaxún]] é un [[factor de risco]], posiblemente debido á redución das reservas de glutatión do fígado. Está ben documentado que o uso en combinación con inductores do CYP2E1 como a [[isoniazida]] potencia a hepatotoxicidade, aínda que dita relación non está do todo clara.<ref>Crippin JS (1993). "Acetaminophen hepatotoxicity: potentiation by isoniazid". ''Am J Gastroenterol'' '''88''' (4): 590-2. PMID</ref><ref>Nolan CM, Sandblom RE, Thummel KE, Slattery JT, Nelson SD (1994). "Hepatotoxicity associated with acetaminophen usage in patients receiving multiple drug therapy for tuberculose". ''Chest'' '''105''' (2): 408-11. PMID</ref> O [[alcoholismo]], que tamén dá como resultado a produción de CYP2E1, tamén aumenta o risco de hepatotoxicidade do paracetamol.<ref>Zimmerman HJ, Maddrey WC (1995). "Acetaminophen (paracetamol) hepatotoxicity with regular intake of alcol: analysis of instances of therapeutic misadventure". ''Hepatology'' '''22''' (3): 767-73. PMID</ref> O uso en combinación con outros medicamentos que inducen a síntese de [[encima]]s [[CYP]], como os [[antiepilépticos]] ([[carbamazepina]], [[fenitoína]], [[barbitúrico]]s etc) tamén foron presentados como factores de risco.
 
=== Acetilcisteína ===
A N-acetilcisteína (NAC) actúa proporcionando grupos [[Tiol|sulfhidrilo]] para que reaccionen co metabolito tóxico e desta forma non ataquen aos hepatocitos. Se a NAC adminístrase no primeiras oito horas, redúcese notablemente a toxicidade. Se se administra pasadas 8 horas, a súa eficacia redúcese debido a que xa comezou a fervenza de reaccións tóxicas no fígado, e o risco de necrose hepática aumenta considerablemente. A NAC oral é un medicamento seguro, é fiable en casos de sobredoses por paracetamol durante o embarazo e non se dan reaccións adversas con prognóstico fatal. O fabricante recomenda non administrar o NAC se existe unha encefalopatía, debido a que existen razóns teóricas que argüen que dita encefalopatía podería empeorar. A principios de 2004, a [[Administración de Alimentos e Medicamentos]] (FDA, polas súas siglas en inglés) estadounidense autorizou o uso, para pacientes con sobredoses de máis de 10 horas, dun preparado de NAC para infusión intravenosa (dose total de 300 &nbsp;mg/kg) durante un período de 20 horas, que carece de efectos piroxénicos. Este preparado usouse con éxito durante anos noutros países, como [[Australia]], [[Canadá]] e [[Gran Bretaña]].
 
;Administración
Dito [[Tratamento (medicamento)|tratamento]] consiste nunha administración inicial de 150 &nbsp;mg/kg durante 15 minutos, seguido de 50 &nbsp;mg/kg durante as catro horas seguintes e finalmente 100 &nbsp;mg/kg durante as 16 horas restantes. A formulación oral tamén pode disolverse, filtrarse e esterilizarse por un [[farmacéutico]] do [[hospital]] para [[administración intravenosa]]. Esta é unha boa opción en casos onde a [[Vía de administración|vía enteral]] non é viable ou está contraindicada. A administración intravenosa de NAC está relacionada con casos de [[Alerxia|reacciones alérxicas]] como [[shock anafiláctico|choques anafilácticos]] e [[broncoespasmo]]s.
 
Na práctica, se transcorreron máis de 8 horas trala inxestión, o carbón activado non é efectivo e debe administrarse a NAC inmediatamente. Se transcorreron menos de 8 horas, débese administrar carbón activado, empezar a administrar NAC e esperar a ver os niveis de paracetamol. En pacientes cunha sobredose de menos de 8 horas, o risco de hepatotoxicidade é reducido. Se se administran máis de dúas dose de carbón activado debido a que o paciente inxeriu dous ou máis medicamentos, as subseguintes administracións de carbón activado e NAC deben demorarse dúas horas. A NAC é eficaz se se administra con prontitude, pero pode ser efectivo aínda cando transcorresen 48 horas da sobredose.
 
En xeral, a NAC oral adminístrase enteralmente cunha primeira dose de 140 &nbsp;mg/kg seguidas de 17 dose máis, cada catro horas, de 40 &nbsp;mg/kg ou ata que se obteñan concentracións plasmáticas de paracetamol non tóxicas. A NAC pode ser difícil de administrar debido ao seu sabor e é frecuente que provoque vómitos e náuseas. Para maximizar a súa tolerancia, pode diluírse do 20% ao 5% a partir das doses comerciais. Os estudos iniciais de laboratorio deben incluír bilirrubina, AST, ALT e o tempo de protrombina. As [[Análise clínica|análises]] deben repetirse, polo menos, diariamente. Unha vez que se determinou que se inxeriu unha dose potencialmente tóxica, deben administrarse as 17 doses de NAC, aínda que o paracetamol deveña indetectable en sangue. Se se desenvolve un fallo hepático, deben continuarse as 17 doses ata que se restableza a función hepática normal ou se efectúe un [[transplante de fígado]].
 
=== Prognóstico ===
393.002

edicións

Menú de navegación