Begano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m →‎Produtos: Arranxos varios using AWB
Liña 44: Liña 44:
** Mare Roso
** Mare Roso
** Burn
** Burn

* Bebidas sen gas
* Bebidas sen gas
** [[Nestea]]
** [[Nestea]]
** [[Aquarius]]
** [[Aquarius]]
** Limón&Nada / Naranja&Nada
** Limón&Nada / Naranja&Nada

* Augas e zumes
* Augas e zumes
** [[Aguas de Fontoira|Aquabona / Fontoira]]
** [[Aguas de Fontoira|Aquabona / Fontoira]]

Revisión como estaba o 19 de abril de 2016 ás 01:18

Coordenadas: 43°19′46.96″N 8°24′0.11″O / 43.3297111, -8.4000306

Begano

Vista xeral da fábrica
TipoSociedade Anónima
Fundación1960
MatrizCoca-Cola Iberian Partners
LocalizaciónAvda. Alfonso Molina s/n 15008 A Coruña Galicia Galicia
Persoas claveSol Daurella (Presidenta[1])
IndustriaAlimentación
ProdutosRefrescos
Beneficio180 millóns de euros
Número de empregados360
editar datos en Wikidata ]

Begano (acrónimo de Bebidas Gaseosas del Noroeste) foi unha empresa galega con sede na Coruña. Na actualidade é unha planta embotelladora de Coca-Cola Iberian Partners S.A., o embotellador internacional de Coca-Cola para España, Portugal e Andorra xurdido en febreiro de 2013 trala integración de oito embotelladoras da península [2]. Begano fabrica, vende e distribúe refrescos carbonatados e non carbonatados, tés fríos, zumes, augas, produtos de nova xeración, bebidas para deportistas e bebidas enerxéticas.

Historia

Edificio de Begano.

A fábrica de Begano na Avenida Alfonso Molina foi proxectada polos arquitectos Andrés Fernández-Albalat Lois e Antonio Tenreiro en 1960. O edificio está catalogado e protexido tanto polo Concello da Coruña como pola Xunta de Galicia.

Begano ten seis delegacións en Galiza nas cidades de Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo.

A empresa ten as certificacións UNE-EN ISO 9001:1994 Certificado no 2001 o seu Sistema de Xestión Medioambiental segundo Norma ISO 14001:1996. No 2005 auditou a empresa conforme á nova versión da Norma de 2004.

En 2012 entrou no accionariado de Begano a embotelladora catalá Cobega facéndose cunha participación maioritaria da empresa. A empresa ten previsto o traslado da fábrica ao concello de Oza-Cesuras[3].

Desde febreiro de 2013 a planta integrouse xunto con outras sete embotelladoras en Coca-Cola Iberian Partners.

Produtos

Acceso a Begano.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas