Neurohipófise: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 10: Liña 10:


A división anatómica da neurohipófise varía, pero a maioría das fontes divídena en tres rexións:
A división anatómica da neurohipófise varía, pero a maioría das fontes divídena en tres rexións:
;Pars nervosa: tamén chamada lóbulo neural ou lóbulo posterior. Esta rexión constitúe a maior parte do volume da neurohipófise e é o lugar onde se almacenan as hormonas [[oxitocina]] e [[vasopresina]]. Ás veces considérase (incorrectamente) sinónimo de neurohipófise. A pars nervosa inclúe os [[corpos de Herring]] e [[pituicito]]s. <ref>BUHistology - 14004loa [http://www.bu.edu/histology/p/14004loa.htm]</ref>
;Pars nervosa: tamén chamada lóbulo neural ou lóbulo posterior. Esta rexión constitúe a maior parte do volume da neurohipófise e é o lugar onde se almacenan as hormonas [[oxitocina]] e [[vasopresina]]. Ás veces considérase (incorrectamente) sinónimo de neurohipófise. A pars nervosa inclúe os [[corpos de Herring]] e [[pituicito]]s.<ref>[http://www.bu.edu/histology/p/14004loa.htm BUHistology - 14004loa]</ref>
;Talo infundibular: tamén chamado infundíbulo ou talo da pituitaria. O talo infundibular une os sistemas hipotalámico e hipofisario.
;Talo infundibular: tamén chamado infundíbulo ou talo da pituitaria. O talo infundibular une os sistemas hipotalámico e hipofisario.
;Eminencia media: só ás veces se inclúe como parte da neurohipófise. Outras fontes exclúena especificamente da hipófise. <ref>MeshName - Median+eminence [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=Median+eminence]</ref>
;Eminencia media: só ás veces se inclúe como parte da neurohipófise. Outras fontes exclúena especificamente da hipófise.<ref>[http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=Median+eminence MeshName - Median+eminence]</ref>


Unhas poucas fontes inclúen a [[pars intermedia]] da hipófise na neurohipófise, pero esta é unha opinión minoritaria. Os partidarios desta opción baséanse en que hai unha grosa separación anatómica entre a neurohipófise e a [[adenohipófise]] ao longo dos restos da bolsa de Rathke, que fai que a pars intermedia permaneza unida á neurohipófise.
Unhas poucas fontes inclúen a [[pars intermedia]] da hipófise na neurohipófise, pero esta é unha opinión minoritaria. Os partidarios desta opción baséanse en que hai unha grosa separación anatómica entre a neurohipófise e a [[adenohipófise]] ao longo dos restos da bolsa de Rathke, que fai que a pars intermedia permaneza unida á neurohipófise.
Liña 60: Liña 60:


{{Sistema endócrino}}
{{Sistema endócrino}}



[[Categoría:Endocrinoloxía]]
[[Categoría:Endocrinoloxía]]

Revisión como estaba o 18 de abril de 2016 ás 23:54

Esquema da hipófise ou pituitaria, coa pituitaria posterior ou neurohipófise en azul.
Corte saxital medio dunha hipófise de mono.

A neurohipófise, pituitaria posterior ou hipófise posterior comprende o lóbulo posterior da hipófise ou pituitaria do encéfalo e forma parte do sistema endócrino. Malia o seu nome, a neurohipófise non é unha verdadeira glándula per se; senón máis ben está formada en grande parte por un conxunto de proxeccións axónicas procedentes do hipotálamo que terminan alí. Almacena e segrega hormonas (oxitocina, vasopresina)[1], pero estas sintetizáronse no hipotálamo.

Anatomía

A neurohipófise consta principalmente de proxeccións de neuronas (axóns) que proceden dos núcleos supraópticos e núcleos paraventriculares do hipotálamo. Estes axóns liberan hormonas peptídicas nos capilares hipofisarios. Ademais dos axóns, a neurohipófise tamén contén pituicitos, que son células gliais especializadas parecidas a astrocitos.

Embrioloxicamente a neurohipófise orixínase como un divertículo da base do diencéfalo [2], polo que ten unha orixe distinta da adenohipófise (derivada da bolsa de Rathke, un divertículo do estomodeo) [3].

A división anatómica da neurohipófise varía, pero a maioría das fontes divídena en tres rexións:

Pars nervosa
tamén chamada lóbulo neural ou lóbulo posterior. Esta rexión constitúe a maior parte do volume da neurohipófise e é o lugar onde se almacenan as hormonas oxitocina e vasopresina. Ás veces considérase (incorrectamente) sinónimo de neurohipófise. A pars nervosa inclúe os corpos de Herring e pituicitos.[4]
Talo infundibular
tamén chamado infundíbulo ou talo da pituitaria. O talo infundibular une os sistemas hipotalámico e hipofisario.
Eminencia media
só ás veces se inclúe como parte da neurohipófise. Outras fontes exclúena especificamente da hipófise.[5]

Unhas poucas fontes inclúen a pars intermedia da hipófise na neurohipófise, pero esta é unha opinión minoritaria. Os partidarios desta opción baséanse en que hai unha grosa separación anatómica entre a neurohipófise e a adenohipófise ao longo dos restos da bolsa de Rathke, que fai que a pars intermedia permaneza unida á neurohipófise.

Hormonas segregadas

As hormonas que se liberan na neurohipófise son sintetizadas polo hipotálamo, pero se almacenan e segregan na neurohipófise á circulación sanguínea.

Hormona Outros nomes Símbolo(s) Diana Efecto Fonte
Oxitocina Pitocina (nome comercial) OT Útero, glándula mamaria Contraccións uterinas; lactación Núcleos supraópticos e paraventriculares
Vasopresina (hormona antidiurética) Arxinina-vasopresina, arxipresina, hormona antidiurética VP, AVP, ADH Riles ou arteriolas Estimula a retención de auga; eleva a presión sanguínea ao contraer as arteriolas, produce agresividade nos machos Núcleos supraópticos e paraventriculares

Enfermidades

Unha secreción insuficiente de vasopresina favorece a diabetes insípida, na cal o corpo perde a capacidade de concentrar a urina. Os individuos afectados excretan ata 20 litros de urina diluída diariamente. O exceso de secreción de vasopresina causa a síndrome de secreción inadecuada de hormona antidiurética (SIADH).

Galería de imaxes

Notas

  1. A. C. Guyton. Tratado de Fisiología Médica. 6ª edición (1985). Interamericana. Páxinas 1096-1097. ISBN 84-7605-029-1
  2. G. J. Romanes. Cunninham. Tratado de Anatomía.Interamericana - Mc Grow Hill. 12ª edición (1987) ISBN 84-7605-359-2.
  3. Embryology at unc.edu
  4. BUHistology - 14004loa
  5. MeshName - Median+eminence

Véxase tamén