Terra e Tempo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 1: Liña 1:
{{Título en cursiva}}
{{Título en cursiva}}
'''''Terra e Tempo''''' é un periódico político, aparecido en 1965, o máis lonxevo da [[Galiza]]. Reflicte as diferentes fases polas que pasou o [[nacionalismo galego]], e moi especialmente a [[UPG]], neste período.
'''''Terra e Tempo''''' é un periódico político, aparecido en 1965, o máis lonxevo da [[Galiza]]. Reflicte as diferentes fases polas que pasou o [[nacionalismo galego]], e moi especialmente a [[UPG]], neste período.


== Historia e características ==
== Historia e características ==

Revisión como estaba o 18 de abril de 2016 ás 23:24

Terra e Tempo é un periódico político, aparecido en 1965, o máis lonxevo da Galiza. Reflicte as diferentes fases polas que pasou o nacionalismo galego, e moi especialmente a UPG, neste período.

Historia e características

O número 1 de Terra e Tempo foi editado en 1965, dúas sinxelas pregas de papel. O seu carácter inicial, fundamentalmente teórico, corresponde con unha etapa de conformación dun espazo político e ideolóxico definido no que a consolidación dun núcleo militante relativamente reducido requiría clarificación e formación política. A expansión organizativa e a maior introdución social vanse plasmando ao longo de 1971 coa introdución de artigos sobre a conxuntura política, marcando o número de marzo de 1972 un primeiro punto de inflexión no carácter da publicación: ao lado de artigos de índole teórica e programática aparecen abundantes informacións sobre as principais loitas políticas e sociais do momento, con especial atención ao mundo do traballo. O sumario dese número constitúe un exemplo do rumbo político da UPG e dos seus esforzos por introducirse na clase obreira.

Os números dos anos 72-74 amosan o proceso de decantación como partido comunista, e os dos anos 75-77 reflicten intensos debates sobre estratexia e táctica políticas provocados polo fin da Ditadura e pola reforma política no Estado Español. Desde 1977 até 1981 regularizase a súa edición e difusión, consecuencia da intensa actividade pública da UPG como integrante, xunto coa AN-PG, da coalición político-electoral Bloque Nacional Popular Galego.

A aposta por unha ampla fronte nacionalista en Galiza, que se concretizou en setembro de 1982 no Bloque Nacionalista Galego, levou a UPG a renunciar á actividade pública en beneficio do protagonismo político da nova organización. Neste contexto, Terra e Tempo espaza a súa periodicidade e retoma o carácter eminentemente teórico. A fins do ano 1995 inicia unha nova etapa na que deixa de ser órgano de expresión do Comité Central da UPG para converterse nunha Revista de información, análise e interpretación, aberta a calquera colaboración realizada desde unha óptica nacionalista e anti-imperialista: Botamos en falta máis coñecimento e debate sobre o noso país, máis interpretacións sobre o noso próprio mundo (…) Traballos que alumien aspectos esenciais da nosa existéncia ou simplesmente reflexionen en voz alta sobre o que está a suceder e o que estamos a viver na Galiza e no mundo

Desde xullo de 2004 edítase baixo a responsabilidade da Fundación Bautista Álvarez de estudos nacionalistas[1] e desde 2010 ten unha edición dixital[2].

Notas