Chase Budinger: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
Liña 43: Liña 43:
{{Draft da NBA 2009}}
{{Draft da NBA 2009}}


{{ORDENAR:Budinger, Chase}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


{{ORDENAR:Budinger, Chase}}
[[Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA]]
[[Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA]]

Revisión como estaba o 18 de abril de 2016 ás 22:55

Chase Budinger
Indiana Pacers – No. 10
Posición Aleiro
Información persoal
Nacemento 22 de maio de 1988 (35 anos)
Encinitas, California
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 99 kg (218 lb)
Información da carreira
Instituto La Costa Canyon (Carlsbad, California)
Universidade Arizona
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 44
Por Detroit Pistons
Carreira dende 2009
Historial de equipos
Houston Rockets (2009–2012)
Minnesota Timberwolves (2012–2015)
Indiana Pacers (2015–presente)

Chase Andrew Budinger, nado o 22 de maio de 1988 en Encinitas, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional

Budinger foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons, e foi traspasado aos Houston Rockets na mesma noite do Draft. Xogou cos Rockets na Summer League, onde fixo 17.8 puntos por partido. No primeiro partido da tempada 2009-10, Budinger saíu do banco para xogar 15 minutos, onde fixo 6 puntos e capturou 1 rebote. O 30 de marzo de 2010, Budinger anotou 24 puntos na vitoria por 98-94 contra os Washington Wizards. Tres días máis tarde igualou esta marca na vitoria na casa dos Boston Celtics por 119-114.

O 23 de febreiro de 2011, Budinger anotou 30 puntos, a maior anotación da súa carreira, na vitoria por 124-119 ante os Cleveland Cavaliers. Superaría esa marca no derradeiro partido da tempada 2010-11 contra os Minnesota Timberwolves, con 35 puntos en 12 de 21 lanzamentos anotados, incluíndo 4 de 8 triplas.

O 26 de xuño de 2012, Budinger foi traspasado aos Minnesota Timberwolves xunto ós dereitos do aleiro Lior Eliyahu a cambio da 18ª elección do Draft da NBA de 2012.[1]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas