Cilene (lúa): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 3: Liña 3:
Cilene ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]] a unha distancia media de 23,396 millóns de kms, tarda 731,099 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 140°<!--- 140.149 ---> con respecto á [[eclíptica]] (140°<!--- 139.543 ---> respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha [[excentricidade orbital]] de 0,4116. Esta lúa pertence ó [[grupo de satélites Pasífae]], un grupo de [[satélite natural|lúas]] retrógradas irregulares que orbitan ó redor de [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]] a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.

Recibiu oficialmente o seu nome en marzo do ano 2005, [[Cilene (mitoloxía)|Cilene]] na [[mitoloxía grega]] era unha [[Naíade]] (ninfa da auga) ou unha [[Oréade]] (ninfa das montañas) que estaba asociada ó [[Monte Cilene]], [[Grecia]].<ref>[http://cfa-www.harvard.edu/iauc/08500/08502.html IAUC 8502: ''Satellites of Jupiter''] Marzo do 2005 (bautizando a lúa)</ref> Era tamén filla de [[Zeus]].

== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 18 de abril de 2016 ás 22:11

Cilene (ou en grego Κυλλήνη), tamén coñecida coma Xúpiter XLVIII, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003, e recibiu a designación temporal S/2003 J 13.[1][2]

Cilene ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,396 millóns de kms, tarda 731,099 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 140° con respecto á eclíptica (140° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,4116. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasífae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.

Recibiu oficialmente o seu nome en marzo do ano 2005, Cilene na mitoloxía grega era unha Naíade (ninfa da auga) ou unha Oréade (ninfa das montañas) que estaba asociada ó Monte Cilene, Grecia.[3] Era tamén filla de Zeus.

Notas

  1. IAUC 8116: Satellites of Jupiter and Saturn abril do 2003 (descubrimento)
  2. MPEC 2003-G09: S/2003 J 13 abril do 2003 (descubrimento e efemérides)
  3. IAUC 8502: Satellites of Jupiter Marzo do 2005 (bautizando a lúa)

Véxase tamén

Outros artigos