Escorpións: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: br:Krug
YonaBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: cdo:Kiék
Liña 127: Liña 127:
[[br:Krug]]
[[br:Krug]]
[[ca:Escorpí]]
[[ca:Escorpí]]
[[cdo:Kiék]]
[[cs:Štíři]]
[[cs:Štíři]]
[[da:Skorpion]]
[[da:Skorpion]]

Revisión como estaba o 8 de xuño de 2007 ás 02:08

Escorpións
Clasificación Científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Sub-Filo: Chelicerata
Clase: Arachnida
Orde: Scorpiones
Familias
Bothriuridae
Buthidae
Caraboctonidae
Chactidae
Chaerilidae
Euscorpiidae
Iuridae
Liochelidae
Microcharmidae
Pseudochactidae
Scorpionidae
Superstitioniidae
Urodacidae
Vaejovidae

O escorpión ou alacrán é un animal invertebrado artrópodo (con patas formadas por varios segmentos) que pertence á orde Scorpiones estando encuadrado na clase dos aracnídeos .

Etimoloxía e orixes

O nome escorpión deriva do latín scorpio/scorpionis. Existen rexistros científicos da existencia dos escorpións hai máis de 400 millóns de anos. Segundo pesquisas, foron eles os primeiros artrópodos a conquistar o ambiente terrestre. Nesta adaptación, foilles moi útil a carapaza de quitina que compón o seu exoesqueleto e que evita a evaporazón excesiva.

Actualmente xa están catalogadas preto de 1600 especies e subespecies distribuídas en 116 xéneros diferentes en todo o mundo.

Ciclo Vital

Os escorpións son animais invertebrados terrestres que preferen lugares secos ou húmidos e poden ser atopados en desertos, sabanas, cerrados, florestas temperadas e tropicais, en hábitats que poden ser debaixo de follas, de pedras, madeiras, fendas de rocha, debaixo ou dentro de tixolos, baixo entullos de calquer natureza ou mesmo baixo cascas soltas de árbores, no baixo ou en grandes alturas destas. Algunhas especies poden ser atopadas en covas humanas, dormentes de ferrocarrís, ao longo das praias, na zona entre mareas ou en cavernas.

Existen escorpións en todos os continentes, excepto na Antártida. Atopamos especies nos Alpes suízos e Europa en xeral, no México, Estados Unidos e Canadá, na América do Sur en xeral, entre lixo e entullos das pequenas e grandes cidades, no Amazonas, na Oceanía, no norte do Mediterráneo, no Oriente Medio, na India, no norte e sur da África e Asia. A súas cores varían do amarelo palla ao negro total, pasando por tons intermedios, como o amarelo-avermellado, vermello-amarronzado, marron e tons de verde ou mesmo de azul.

Son animais carnívoros e teñen xeralmente hábitos nocturnos e crepusculares, cando cazan e se reproducen. A súa alimentación é baseada en insectos invertebrados tais como como grilos, baratas, moscas e moscardóns, e tamén doutro aracnídeo, a araña. Unha curiosidade a destacar aquí é o feito de, en tempos de escasez completa de alimento, practican o canibalismo para sobrevivir, ou sexa, devoran os seus semellantes. Os escorpións conseguen comer cantidades inmensas de alimento, mais só precisan inxerir un 10% da comida de que necesitan, podendo pasar ata un ano sen comer e consumindo pouquísima auga, case nada durante a súa vida enteira.

Escorpión Negro (Androctonus crasicauda)

Os predadores naturais do escorpión son os macacos, arañas, sapos, lagartos, curuxas, gabiáns, galiñas, algunhas formigas e os proprios escorpións.

Reprodución

A reprodución da grande maioría da especie é monoica, ou sexa, non exixe a presenza de machos e femias, senón que alguns escorpións son partenoxenéticos, isto é, reproducense sen a necesidade da presenza do macho. Como en outras especies, hai unha danza nupcial que antecede o acasalamento. O macho limpa o chan cos peites e deposita aí unha cápsula contendo espermatozoides (espermatóforo). Deseguida, arrasta a fémea para cima dos espermatóforos co fín de que os reciba.

Os escorpións son vivíparos, ou sexa, non poñen ovos. Poden xerar de 6 a 90 crías e a incubación demora de dous meses e medio a tres. As crías nacen completamente brancas e por medio de parto, a través dunha fenda xenital. Fican pegados ao dorso materno de 10 a 14 días ata completarse a primeira muda (canto máis xoven o esporpión, máis mudas el fará) ata que consigan obter o seu proprio alimento soiños. Alcanzan a idade adulta con cerca dun ano de vida.

Características físicas

O corpo dos escorpións é dividido en prosomo (cefalotórax), mesosomo e metasomo.

  • O prosomo é a rexión anterior, onden se atopan os ollos, quelíceras, pedipalpos terminados en quelas (pinzas) e pernas e os pentes.
  • O mesosomo é a rexión larga do corpo, onde se atopan as aberturas dos pulmóns e opérculo xenital.
  • O metasomo é vulgarmente coñecido como cauda ou rabo, alí se atopan unha estrutura cilíndrica cun espiño na ponta, chamada telson (o ferrón), dúas glándulas de veneno e o ano.
Das 1600 especies de escorpión, apenas 25 causan graves accidentes ao home

Veneno e toxidade

O ferrón do escorpión (chamado de telson), alén de servir para agarrar a presa, defenderse, e no apareamento, inocula na presa un veneno. Este veneno contén unha serie de substancias cuxa composición química non está ben definida, porén contén neurotoxinas, histaminas, seratonina, encimas, inhibidores de encimas, e outras. Parece, segundo os investigadores, que as neurotoxinas actúan sobre as células nervosas da presa, cunha certa especificidade, dependo do tipo de animal.

É interesante saber que a toxicidade do veneno dun escorpión pode ser comparada co tamaño dos seus pedipalpos (o equivalente ao brazo humano do escorpión); canto máis robustos os pedipalpos, menos o escorpión utilizase do veneno para con súas presas e canto menores eles foren, máis o veneno do escorpión pode ser letal.

O veneno de escorpións do tipo T. Serrulatus, que parece ser o veneno máis tóxico de todos os escorpións, actúa sobre o sistema nervoso periférico dos humanos, causando dor, pontadas, aumentando a pulsación cardíaca e diminuindo a temperatura corporal. Estes síntomas, debido ao seu peso corporal, son máis acentuados en nenos, e debido ás condicións físicas, aos enfermos. Todos os escorpións son venenosos, porén non mortais. A súa picada asemellase en grau de toxidade ao da picada dunha abella.

O tratamento consiste na aplicación local da picada dun anestésico (lidocaina a 2%) e soro antiescorpionico (obtido de escorpións vivos). O tratamento debe ser hospitalario, de preferencia coa presentación do escorpión para facilitar o diagnóstico e o tratamento.

Previndo Accidentes

Os escorpións só atacan o ser humano cando se senten acuados e en circunstancia de defensa. Antes que un accidente con escorpións ocorra, debense tomar algunhas medidas básicas a evitar o mesmo. Vexa a seguir:

  • Sacuda e examine calzados e roupas antes de usar;
  • Manteña limpos os locais próximos a residencias evitando acúmulo de lixo, entullos e materiais de construción;
  • Manteña o hábitat familiar libre de baratas, que son recoñecidas como un dos principais alimentos dos escorpións nos centros urbanos.
  • Non coloque mans e pés dentro de buracos, montes de pedras ou leñas;
  • Use sempre calzados e guantes nas atividades rurais ou de xardinaxe;
  • Use telas e vedantes en portas e ventás;
  • Crie aves domésticas en zonas rurais, que actúan como predadores naturais;
  • En áreas sabidamente escorpionicas, manteña as camas a unha distancia mínima de 10 cm das paredes.

E se houber un accidente?

Se aínda así un accidente con escorpións ocorrese, primeiro debese evitar o pánico, lavar o local con auga e xabón, aplicar compresas de auga morna e procurar un médico.

O ser humano, despois de ser picado, pode ter hipotermia ou hipertermia, sudorese profunda, visión embazada, náuseas, vomitos, dor abdominal, diarrea, arritmias cardíacas, choque, taquipinea, edema pulmonar agudo, axitación, somnolencia, confusións mental e tremores, alén de inchazo e vermellez no local da picada.

Salientese que a toxidade do veneno depende de diversos factores, tais como a especie do escorpión (de 1600 especies catalogadas apenas 25 son venenosas ao home); a cantidade de veneno inxectada; o tamaño e o estado físico da vítima.

Atención especial para nenoss e enfermos: mentres que as crianzas teñen máis posibilidades de envenenamento porque posuen menor masa corporal, os enfermos tamén caen nesta situación xa polo estado natural da vellez. Xa se constataron casos de persoas alérxicas ao veneno do escorpión, nestes casos o veneno actúa moi axiña, podendo levar a vítima á morte en pouco tempo.

É recomendábel a captura do escorpión para que sexa identificado máis rapidamente cal o antídoto a ser aplicado.

Ligazóns Externas