Ástures: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios using AWB
Liña 16: Liña 16:


{{ORDENAR:Astures}}
{{ORDENAR:Astures}}

[[Categoría:Civilizacións]]
[[Categoría:Civilizacións]]
[[Categoría:Pobos indoeuropeos]]
[[Categoría:Pobos indoeuropeos]]

Revisión como estaba o 18 de abril de 2016 ás 21:47

Conventus Asturum.

Os Ástures[1] eran un pobo antigo que habitaba o norte da Península Ibérica. A súa filiación lingüística permanece aínda descoñecida, aínda que se verifique a presenza de termos relacionados co grupo céltico indoeuropeo.

Historia

Época pre-romana

O territorio dos Ástures comprendía aproximadamente as actuais provincias de León, Zamora, a maior parte de Asturias, así como parte dos territorios das actuais provincias galegas de Lugo e Ourense. Considérase que a orixe e formación desta cultura estivo radicada, entre outros aspectos, na mestura dun pobo autóctono -de orixe descoñecida- coa chegada dun grupo poboacional da zona centro-europea. Non obstante, a etnicidade deste grupo de comunidades permanece dubidosa, sendo que a maioría dos investigadores contemporáneos tenden a considerar que a denominación "Ástures" se tratase soamente dun convencionalismo empregado polos romanos á súa chegada ao noroeste peninsular, durante o século I a.C.

Será, por tanto, máis preciso cinguirse o estudo a grupos de comunidades locais, organizados ao longo de vales e unidades territoriais menores, conforme se confirman nas singularidades presentes nas decoración cerámicas da Idade do Ferro, que denotan particularidades comarcais.

Época romana

Coa súa integración do Imperio romano, o termo "ástur" pasou a definir aos habitantes da provincia de Asturias, e máis tarde dentro da provincia da Gallaecia, aos habitantes do Convento xurídico asturicense. Xa na Idade Media acabaría por definir unicamente ás comunidades que vivían entre a Cordilleira Cantábrica e o mar Cantábrico, tendo por límite occidental o río Navia e oriental o Deva, se ben o termo ástur tamén acabaría integrando a toda Cantabria, chamada durante séculos "Asturias de Santillana".[2]

Notas

  1. "RAG". Consultado o 10 de xullo de 2013. 
  2. Los astures (en castelán)