Andrea Pirlo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎Notas: Arranxos varios using AWB
Liña 75: Liña 75:
{{Listaref}}
{{Listaref}}


{{ORDENAR:Pirlo, Andrea}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


{{ORDENAR:Pirlo, Andrea}}
[[Categoría:Nados en 1979]]
[[Categoría:Nados en 1979]]
[[Categoría:Nados na provincia de Brescia]]
[[Categoría:Nados na provincia de Brescia]]

Revisión como estaba o 18 de abril de 2016 ás 21:24

Modelo:InfFut2 Andrea Pirlo, nado o 19 de maio de 1979 en Flero (Brescia), é un futbolista italiano, de etnia xitana sinti[1]. Xoga de Centrocampista e seu actual equipo é o Juventus FC da Serie A de Italia.

Traxectoria

Pirlo debutou profesionalmente no Brescia Calcio no ano 1994, disputando a Serie A da liga italiana. Pero o equipo descendeu á Serie B e na tempada 1996-97 logrou ascender de novo. Ao ano seguinte non conseguiu a permanencia, polo que o xogador fichou polo Inter de Milán.

No FC Internazionale non se estableceu nunca como xogador titular, e despois dunha tempada no club foi cedido á Reggina Calcio, onde realizou unha boa campaña. A tempada 2000–01 regresou ó Inter, pero ante a falta de minutos marchou cedido no mercado de inverno ao Brescia, novamente.

No verán de 2001 fichou polo AC Milan, onde foi proclamado como un dos mellores centrocampistas do fútbol italiano e do mundo. Co AC Milan gañou a Liga de Campións en 2003 e 2007, así como a Supercopa de Europa e a Copa Mundial de Clubes da FIFA. A nivel nacional tamén gañou todos os trofeos, a Liga e a Supercopa na tempada 2003/04, e a Copa un ano antes. Debido á corrente xenófoba en Italia, o campión foi vítima de insultos e ameazas graves pola súa condición étnica, xunto a outros futbolistas de orixe xitana como Zlatan Ibrahimović ou Siniša Mihajlović.

O 25 de maio de 2011, anunciouse o seu fichaxe pola Juventus FC por tres anos.[2]

Selección nacional

Foi internacional coa Selección de fútbol de Italia en 63 ocasions e marcou 8 goles. Debutou no ano 2002 ante Azerbaixán, a pesar de que xa xogara nas categorías inferiores, formando parte do equipo que gañou a Eurocopa sub-21 no ano 2000 e tamén do que gañou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004. Coa selección absoluta participou na Eurocopa 2004 e coa que xogou e gañou a Copa Mundial de Fútbol de 2006, marcando un gol á selección nacional de Ghana no partido inaugural de Italia e o pase a o gol a Fabio Grosso na semifinal contra Alemaña (2:0).

Na Eurocopa de 2008 marcou un gol de penalti, que serviu para poñer o seu equipo adiante, na victoria de Italia 2-0, no partido definitivo da fase de grupos contra a Francia, logrando así avanzar a Cuartos de Final.

Notas