Estado de Campeche: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m clean up, removed: {{Xeografía en progreso}} using AWB
m →‎Notas: Arranxos varios using AWB
Liña 59: Liña 59:


{{EstadosdeMéxico}}
{{EstadosdeMéxico}}

[[Categoría:Estados de México|C]]


{{Xeografía en progreso}}
{{Xeografía en progreso}}

[[Categoría:Estados de México|C]]

Revisión como estaba o 18 de abril de 2016 ás 20:35

Modelo:Primeira entidade subestatal Campeche é un dos 31 estados mexicanos. Atópase no sueste da Federación, no oeste da Península de Iucatán. Limita cos estados de Iucatán polo nordeste, Quintana Roo polo leste, Tabasco polo suroeste, e máis con Guatemala polo sur e Belize polo sueste. Polo oeste ten o golfo de México. A súa área é de 57.924 km²,[1] e a súa poboación de 822.441 habitantes (2010).[2] A capital do estado é a cidade de San Francisco de Campeche, sendo tamén a máis grande.

Desde o punto de vista físico, Campeche atópase nunha posición de transición entre a selva tropical do Petén guatemalteco e a selva baixa caducifolia do extremo norte da península de Iucatán.

Toponimia

Existen diversas teorías acerca da orixe da palabra Campeche, por exemplo que podería vir do maia can pech, "serpente e carracha".[3]

Outros indican que Campeche deriva das palabras kin que significa "sol" e pech, como xa se indicou, "carracha". Algúns supoñen que a este nome (kin pech) se lle pode agregar o prefixo ah que quere dicir "lugar" e en conxunto significaría "lugar do señor sol carracha".[3]

Notas

  1. Cuentame INEGI (ed.). "Resumen". Consultado o 23 de agosto de 2012. 
  2. Instituto Nacional de Estadística y Geografía, ed. (2010). "Principales resultados por localidad 2010 (ITER) - Campeche" (XLS). Consultado o 23 de agosto de 2012. 
  3. 3,0 3,1 Barrera Vázquez, Alfredo; et ál. (1980). Cordemex, ed. Diccionario Maya - Español - Maya.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coautores= (Axuda)

Modelo:EstadosdeMéxico


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.