Igrexa de San Martiño de Rebordelo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m →‎Arquitectura: Arranxos varios using AWB
Liña 16: Liña 16:
A tipoloxía decorativa fai pensar que se trata dunha obra de principios do [[século XIII]], xunto cos restos do [[carneiro místico]] que é moi similar ao da [[igrexa de Santa María de Sacos]].
A tipoloxía decorativa fai pensar que se trata dunha obra de principios do [[século XIII]], xunto cos restos do [[carneiro místico]] que é moi similar ao da [[igrexa de Santa María de Sacos]].

En outubro de [[2010]] un raio provocou o desprendemento de varias das pedras da cúpula do campanario<ref>[http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/66335.html "Un raio esnaquiza o campanario da igrexa de Reboredo, en Cotobade"], artigo no ''[[Diario de Pontevedra]]'', 31 de outubro de 2010.</ref>.

== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 18 de abril de 2016 ás 20:25

Coordenadas: 42°27′57″N 08°29′23″O / 42.46583, -8.48972

A igrexa de San Martiño de Rebordelo é a igrexa parroquial de Rebordelo, parroquia do concello pontevedrés de Cotobade.

Arquitectura

A igrexa actual é de feitura moderna agás a ábsida da construción románica primitiva, que na actualidade se atopa pegada ao muro oriental do templo e utilízase como sancristía.

Esta ábsida románica non presenta cara ao exterior contrafortes nin conserva a cornixa. O muro testeiro ábrese unha saeteira e no muro piñón conserva unha representación escultórica dun enorme lagarto e sobre el unha cruz moderna.

Ábrese o muro setentrional cunha moderna porta alintelada.

No interior ábrese por medio dun arco trunfal lixeiramente apuntado e que se apoia sobre un par de columnas (das que só se conserva a meridional). Só conserva un capitel que presenta decoración vexetal e ábaco con bolas na nacela.

A tipoloxía decorativa fai pensar que se trata dunha obra de principios do século XIII, xunto cos restos do carneiro místico que é moi similar ao da igrexa de Santa María de Sacos.

En outubro de 2010 un raio provocou o desprendemento de varias das pedras da cúpula do campanario[1].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos