Cambios

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios using AWB
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:As Foucellas Mesía.jpg|250px|miniatura|As Foucellas, Mesía.]]
Nacido no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], do que tomou o alcume, na parroquia de [[Cabrui, Mesía|Cabrui]], [[Mesía]]. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, e tamén traballou nunha leitería<ref>http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular</ref>. Máis tarde trasladouse a [[León, España|León]] para traballar nas minas de carbón de Fabero, [[Ponferrada]].
 
Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, [[Manuel Calvelo]], quen xunto coa súa muller [[Isabel Ríos]], dirixían a célula comunista de [[Curtis]], chamada ''Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis'', coa que simpatizaba Foucellas.
 
Posteriormente afiliado á [[CNT]], ao estalar a [[Guerra Civil]] enrolouse nunha columna que se dirixía á [[A Coruña|Coruña]], para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en [[Fisteus, Curtis|Fisteus]] e noutra de dinamita na [[estación de Teixeiro]] e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de [[difteria]] e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.
 
Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola [[Garda Civil]], púxose á fronte, sobre o ano [[1941]], dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de [[Sobrado dos Monxes]] e [[Arzúa]], formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. Coa súa propia arma, é ferido en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o [[Deportivo de La Coruña|Deportivo]] vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do [[Exército Guerrilleiro de Galicia]]. En [[1947]] parte para Pontevedra, onde é o principal combatente da V Agrupación. En outubro de [[1949]] escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a [[Riqueche]], xefe do destacamento ''Cortizas''.
{{Guerrilleiros antifranquistas galegos}}
 
{{ORDENAR:Andrade Garcia, Benigno}}
<!--Categorías ocultas-->
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Andrade Garcia, Benigno}}
[[Categoría:Personalidades do anarquismo de Galicia]]
[[Categoría:Século XX de Galicia]]
381.287

edicións

Menú de navegación